![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Taboleiro
CONCURSO DE CABAZAS
Enviado por iseoane o Sáb, 20/10/2012 - 19:15
|
|
CONCURSO DE CABAZAS
Organizan: Biblioteca e Equipo de Dinamización Lingüística. |
|
O GALEGO, LINGUA MINORITARIA?
Enviado por iseoane o Mar, 09/10/2012 - 12:51Mirade o seguinte vídeo, seguro que vos sorprende.
Escolas culturais e deportivas
Enviado por admin o Ven, 14/09/2012 - 10:41O Concello de Mugardos convoca as Escolas Culturais e Deportivas para o curso 2012-2013.
Información e inscricións: Departamento de Cultura e Deporte - Oficina municipal de Información Xuvenil
Horario: De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
Contacto: 981 470 338; ext. 3
Prazo de matricula: Do 12 de setembro ao 10 de outubro, ambos inclusive.
Resultado da enquisa sobre o día festivo do centro
Enviado por admin o Mér, 12/09/2012 - 23:30A decisión definitiva será tomada no vindeiro claustro.
IX Ciberencontro - Kernel 2012
Enviado por admin o Mér, 05/09/2012 - 18:23O Kernel 2012 é un evento lúdico tecnolóxico que se celebra en Mugardos dende o ano 2004.Organizado pola Asociación Comunidade O Zulo e Concello de Mugardos pretende ser un punto de encontro para xente de tódalas idades e vilas e gusto os días 21,22 e 23 de setembro de 2012 na Casa da Cultura de Mugardos.
Máis información e inscrición.
XXXI Maratón Popular San Xoán de Piñeiro
Enviado por admin o Ven, 24/08/2012 - 17:34Data: Sábado, 8 de setembro de 2012.
Hora: a partir das 18:00 h.
Lugar: Local social – A Teupoeira – San Xoán de Piñeiro (Mugardos).
Distancia: de 250 a 10.300 m
Organiza: S.C.R.D. San Xoán de Piñeiro.
Inscrición: Ata unha hora antes da proba no local social ou ben chamando ao teléfono 981 460 552 (de 18,00 a 22,00) ou mandando un correo a scrdsanxoan@telefonica.net.
Cómpre indicar os siguientes datos: Nome e apelidos, data de nacemento, lugar de residencia, club (se pertence a algún) e número de ficha da federación (no caso de estar federado).
AS NOSAS PALABRAS COBRAN VIDA
Enviado por iseoane o Xov, 21/06/2012 - 23:19Os alumnos de 1º ESO, vestidos de palabra, baixaron á vila de Mugardos a recompilar novas compañeiras a cambio de flores e pegatinas. Asemade repartiron no comercio mugardés un tríptico realizado pola Coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüística co obxectivo de fomentar o uso do galego neste sector.
Grazas a todos os mugardeses que colaborastes na actividade agasallando a cada cativo con unha ou varias palabras.
Equipo de Dinamización Lingüística e Biblioteca.
Entrega dos diplomas e premios do Open Matemático
Enviado por Mayobre o Mér, 23/05/2012 - 17:35A semana pasada foron entregados na biblioteca os diplomas e premios do Opén Matemático que nesta edición estivo dedicado aos labirintos. No noso centro, como ben sendo habitual, acadou unha ampla representación pola que nos sentimos satisfeitos e queremos transmitir o agradecemento a todos e cada un dos participantes. En canto ás clasificacións, salientamos o magnífico resultado de Alejandra Díaz (1º BAC) e máis Miguel Pereira (1º ESO). Ata a vindeira edición.
O galego darache de comer
Enviado por admin o Mér, 23/05/2012 - 17:09![]() |
![]() |
A cafetería promociona o uso do galego.
Fala con Sindo.
Gaña o teu pincho.
Métete no xardín
Enviado por admin o Lun, 14/05/2012 - 23:55Participa no concurso de pistas.
Todos os días unha pregunta.
APÚNTATE NA BIBLIOTECA.
Maio no xardín do instituto
Maio na biblioteca
Campus Científicos de Verán
Enviado por admin o Lun, 07/05/2012 - 23:54Para o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato. Se buscas un verán alternativo, se desexas contactar co labor investigador, se queres convivir con estudantes de todo o territorio español nun ambiente universitario, ata o 16 de maio podes solicitar a inscrición nalgún dos Campus Científicos de Verán. Existen ata 1800 prazas para algún dos proxectos deseñados en varias universidades españolas. Os máis cercanos son o Campus Vida da Univ. de Santiago de Compostela e o Campus do Mar da Univ. de Vigo.
Consulta os requisitos académicos e condicións xerais na páxina http://www.campuscientificos.es/ ou directamente na convocatoria oficial do BOE.
Punto de recollida de alimentos non perecedeiros
Enviado por admin o Dom, 06/05/2012 - 23:10Durante este mes de maio permanecerá instalado no corredor do instituto un punto de recollida de alimentos non perecedeiros para colaborar coa campaña de Cáritas. Todas as doazóns serán destinadas ás familias en emerxencia social do concello de Mugardos.
Agradecemento polo resultado do III Rastro Solidario
Enviado por admin o Mar, 01/05/2012 - 22:21O IES de Mugardos quere facer público o seu agradecento a todas as persoas que dun ou doutro xeito colaboraron no III Rastro Solidario. Ás familias que doaron materiais, ao alumnado que atendeu o comercio, ao profesorado e persoal non docente e, en xeral a todos os veciños de Mugardos que se sumaron á iniciativa coas súas visitas, doazóns, compras e palabras de ánimo, moitas grazas! En especial, agradecemos ao Concello a cesión desinterada do local da Palmeira onde esperamos repetir a experiencia o vindeiro ano.
Sen a participación de todos non sería posible acadar o éxito que tivo a edición deste ano que supón a súa consolidación na programación do centro grazas ao impulso e boa organización de Leticia. Consideramos plenamente cumpridos os obxectivos educativos e satisfeitos polo resultado económico. Nos catro días que estivo aberto o rastro, triplicouse a cantidade do ano pasado. Recadáronse 1092 euros que xa foron enviados integramente á construción da escola en Oldonyo Sambu (Tanzania).
O Club do Mar busca nome para a nova traíña
Enviado por admin o Dom, 25/03/2012 - 12:21O Club do Mar de Mugardos convoca o seguinte concurso para atopar un nome co que bautizar a nova traíña.
![]() |
BASES |
Exposición sobre os irmáns Suárez Picallo
Enviado por admin o Xov, 22/03/2012 - 00:53Ata o día 11 de abril, no local de mariores de Mugardos, pode visitarse esta exposición dedicada á figura destacada do galeguismo Ramón Suárez Picallo, deputado nas Cortes da República, impulsor do Estatuto de Autonomía, xornalista e reputado orador xunto co seu irmán Antón, represaliado e asasinado en 1936.
(Máis información; http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/)
NA PROCURA DO RECTÁNGULO MÁIS FERMOSO
Enviado por Covadonga o Mar, 20/03/2012 - 15:18Existen rectángulos famosos, moi famosos. Algún deles é considerado o mellor proporcionado e, polo tanto, o máis fermoso, por artistas e sabios dende a antigüidade. Están presentes ao noso arredor pero ás veces non reparamos neles.
Un proxecto de investigación que levan a cabo catro rapaces de 2º de ESO pretende coñecer cal é o rectángulo que resulta ser o elixido entre a poboación de Mugardos pola súa beleza.
Pedimos que vos unades a esta investigación facéndonos chegar a vosa preferencia, para iso dicídenos cal é o elixido por vós e ademais engadide o voso sexo e a primeira cifra da vosa idade.
GRAZAS. Ah!, non importa se non sodes de Mugardos.
EXPOSICIÓN DE JOB SÁNCHEZ EN FERROL
Enviado por Covadonga o Mar, 20/03/2012 - 15:09No IES Mugardos estudou o bacharelato un artista, JOB SÁNCHEZ. Agora pódese ver unha exposición súa na Galería Sargadelos, de Ferrol, e as críticas son estupendas como se pode ver no documento adxunto. A xenerosidade de Job permítenos gozar no noso centro con unha das súas obras que nola deixou para o proxecto Isto faino un neno (Como entender a arte contemporánea) de hai xa tres cursos. Noraboa, Job!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
