![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Taboleiro
Simulacro de incendio
Enviado por admin o Dom, 28/04/2013 - 12:3610:10 horas do xoves, 25 de abril: Explosión na sala de caldeiras e un operario ferido.ALARMA DE INCENDIO. Evacuación total ao punto de encontro na cancha de balonceso.A través do 112 mobilízanse os efectivos da Policía Local, Protección Civil, Gabinete psicolóxico do Concello de Mugardos, dúas dotacións de bombeiros e 061.
Durante as vindeiras semanas analizaremos os datos recollidos co SIMULACRO e aprenderemos dos erros e acertos.
Estudo de idiomas
Enviado por admin o Xov, 04/04/2013 - 22:41A charla do programa "A Ponte entre a Universidade e o Ensino Medio" da USC deixouno esta semana unha valiosa información sobre o estudo de idiomas. Recollemos aquí a presentación empregada para transmitir a necesidade e valor de acrediatar o coñecemento de linguas no panorama universitario europeo.
Preme sobre a imaxe
Programa de Mellora para o Éxito Escolar (fotos xaneiro-marzo)
Enviado por admin o Sáb, 23/03/2013 - 12:52Concursos do Concello de Mugardos
Enviado por admin o Xov, 14/03/2013 - 21:14
XI CONCURSO DE RELATO CURTO EN GALEGOBases XI Certame de relato curto en galego Concello de Mugardos.pdf
XVI CONCURSO DE CARTEIS. LEMA: XXIII FESTA DO POLBOBases Concurso de carteis Festa do Polbo.pdf
Campus científicos de verán, 2013
Enviado por admin o Xov, 14/03/2013 - 21:00Trátase dunha oferta de 1.808 prazas para estudandes de 4º ESO E 1º BAC que poderán participar en proxectos científicos nun dos 16 Campus de Excelencia, entre os días 30 de xuño e 27 de xullo de 2013. Ata finais deste mes está aberto o prazo de inscrición. Consulta os requisitos académicos e probas en http://www.campuscientificos.es/
Entrada do portaavións "Príncipe de Asturias" na ría de Ferrol
Enviado por admin o Sáb, 09/02/2013 - 17:49Derradeira singradura do portaavións Principe de Asturias.
Gravación e fotos desde o patio e ventás do instituto.
8 de febreiro de 2013
VI Certame de Poesía "Concello de Mugardos"
Enviado por admin o Mar, 29/01/2013 - 14:12

- ata 12 anos
- de 13 a 17 anos
- iguais ou maiores de 18 anos.
- Tema: Libre.
- Lingua: Galego
- Forma e extensión: DIN A4 por unha cara (extensión máxima por poesía), mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 14 e encabezados polo título.
- As poesías terán que ser orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro tipo de concurso.
- Achegaranse dúas copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que conterá fotocopia do documento de identidade e unha cuartilla co nome, apelidos, idade, enderezo completo e teléfono do/a autor/a.
- O prazo de entrega das poesías será todo o mes de febreiro.
- por valor de 100 €, para a categoría de iguais ou maiores de 18 anos.
- por valor de 60 €, para a categoría de 13 a 17 anos, ambos inclusive.
- por valor de 40 €, para a categoría de ata 12 anos, inclusive.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior
Enviado por orientacion o Mér, 23/01/2013 - 16:17Resolución 10 de xaneiro de 2013 pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2013.
No Departamento de Orientación poderás consultar calquera dúbida con respecto á realización das probas.
Programa de Mellora para o Éxito Escolar
Enviado por admin o Dom, 20/01/2013 - 21:37Velaquí os dezanove alumnos/as que este curso estrearon a "sudadeira" do Programa de Mellora para o Éxito Escolar. Seguirán luns a luns un intenso e atractivo calendario de actividades no que están implicados unha ducia de profesores do centro. Entre os seus obxectivos: "Acrecentar e consolidar o afán de curiosidade e o coñecemento e posta en práctica de distintos métodos, técnicas e procedementos de traballo intelectuais".
Lecturas da Pandoira (2.ª xeira)
Enviado por admin o Mér, 16/01/2013 - 21:14O blog da biblioteca e dos clubs de lectura comeza unha segunda etapa da man dos alumnos Pablo J. Rañales e Alberto Pérez (2.º ESO). Cun deseño máis dinámico e áxil, pretende convertese no voceiro dos Clubs de Lectura e de todos os membros da comunidade educativa que queiran achegar a súa colaboración. Entre todos iremos aumentando paseniñamente as reseñas dos libros recomendados, críticas, creacións, novas culturais, entrevistas...
No alto da Pandoira está ben documentada a existencia dun antigo castro. Desde este outeiro, os nosos devanceiros dominaban a ría e a terra. Nos alicerces do IES de Mugardos achábase o lugar cerimonial. Arredor do lume, en noites de forte vento nordés, contábanse as historias sagradas e cotiás. Máis de dous mil anos despois, seguímonos a reunir entre os libros desta biblioteca escolar.
Acollendo en galego
Enviado por admin o Lun, 31/12/2012 - 12:50
Montaxe realizada pola Secretaria Xeral de Política Lingüística.
Polo minuto 6' aparecen alumnos do noso instituto.
XV CAMPIONATO DE POLINOMIOS
Enviado por Covadonga o Lun, 24/12/2012 - 11:01Este curso recuperamos un clásico do IES Mugardos: O CAMPIONATO DE POLINOMIOS. No mes de xaneiro comezarán as partidas e de novo o alumnado do centro, agrupado en parellas, practicará e xogará coas matemáticas. Unha novidade desta edición é que o alumnado de 1º ESO emparellará obrigatoriamente co de 2º de bacharelato. O resto poden emparellarse como queiran. As parellas xa están formadas e agora so teñen que coñecerse mellor e practicar.
Esta vai ser unha edición especial debido a que estamos no XV aniversario e sería moi bonito organizar un campionato extraordinario cos gañadores da anteriores edicións.
Para que podades practicar Polín mostra a información necesaria nos documentos adxuntos.
¡Moita sorte!
Recollida de tapóns solidarios
Enviado por admin o Xov, 20/12/2012 - 23:01Desde AS.PA.NE.MI escríbennos para agradecer a colaboración da comunidade educativa coa CAMPAÑA DE TAPÓNS SOLIDARIA, para ALBA. Infórmanos, asemade, que están preto das 3 toneladas de tapóns e pronto esperan que veña un novo camión a recollelos. Nós seguiremos co exemplo de Sindo que desde a cafetería nos anima a seguir enchendo o caixón tapón a tapón.
Máis información:
Consello Escolar
Enviado por admin o Lun, 03/12/2012 - 23:00
CONSELLO ESCOLAR 12-13 |
|
Así queda o novo Consello Escolar após o proceso electoral.
Fotos da xornada de votación |
Festa do Outono (23 de novembro)
Enviado por admin o Dom, 25/11/2012 - 15:07![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Venda de produtos pro viaxe fin de curso (4.º ESO) A recadación aproximouse aos 200 euros!!! Grazas á ANPA |
Xincana e brilé |
Premios do "Concurso de cabazas, 2012"
Enviado por admin o Xov, 01/11/2012 - 14:23Os membros do xurado decidiron outorgar varios premios, pois dada a calidade dos traballos realizados era case imposible decidirse por un ou dous.
1.º PREMIO
Dous vales, un canxeable por un regalo sorpresa e un vale para a cafetería.
![]() |
A máis orixinal: A lúa AUTORES: Judith R. e Alberto P. (2.º ESO). |
![]() |
A máis divertida: Pachi, a máis melona AUTORA: Margarita F. (2º. ESO). |
![]() |
A máis creativa: Zapatillas AUTOR: Xurxo R. (2.º ESO). Tívose en conta tamén o esforzo de transporte e baleirado. |
2.º PREMIO
Un vale para a cafetería.
![]() |
A máis doce A bruxa da cara torta AUTOR: Christian R. (1.º ESO) |
![]() |
A máis comellona Espantasementes AUTOR: David V. (1.º ESO) |
![]() |
A da dentadura perfecta Devoradora AUTORA: Lidia G. (1.º ESO) |
Mazás galegas
Enviado por iseoane o Dom, 28/10/2012 - 13:54- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
