![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Taboleiro
Espazo Xuvenil Aberto de Mugardos
Enviado por admin o Mér, 27/11/2013 - 17:10O "Espazo Xuvenil Aberto" é un local que o Concello de Mugardos inaugurou o pasado 26 de outubro. Está ubicado na Casa da Cultura, e está concebido para as idades comprendidas entre 11 e 17 anos. O seu horario de apertura é de 17:00 ás 21:00 horas os sábados e domngos. É un servizo totalmente gratuíto que require unicamente a presentación dunha autorización asinada polos pais na oficina do OMIX do Concello.
Máis información e solicitude nos documentos adxuntos.
Magosto, 2013
Enviado por admin o Mar, 19/11/2013 - 21:32O pasado venres celebramos o tradicional magosto coas seguintes actividades:
- Baiuca 4º ESO: Venda de produtos pro excursión de fin de curso.
- Reparto de castañas ofrecidas pola ANPA
- Xincana
- Papiroflexia e reciclaxe (3.º ESO)
Charla "Un non rotundo ao sedentarismo"
Enviado por admin o Lun, 11/11/2013 - 21:59O presidente da Real Academia de Medicina de Galicia, doutor José Carro, e o especialista en nutición e técnicas de adestramento físico Santiago Carro impartiron esta mañá unha charla sobre a importancia de loitarmos contra o sedentarismo e asemade mantermos hábitos saudables na preparación e consumo dos alimentos. Foron dúas horas cheas de mensaxes prácticas coa posibilidade de intervencións do alumnado para resolver dúbidas con estes expertos que souberon responder ás expectativas do alumnado da ESO.
Ligazóns:
- Real Academia de Medicia e Cirurxía de Galicia
- Guru-zone (blog sobre as últimas tendencias de alimentación e técnicas de adestramento.
Exhibición de tiro con arco
Enviado por admin o Xov, 07/11/2013 - 21:26As dianas e arcos da asociación Ares Arco cambiaron esta mañá o campo de tiro de Santa Catalina polo pavillón do instituto. Foi unha clase de Educación Física diferente. Todo o alumnado tivo a oportunidade de facer puntería e coñecer na práctica este fermoso deporte.
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRTE NO CANGURO MATEMÁTICO 2014
Enviado por Covadonga o Sáb, 02/11/2013 - 12:09Durante o mes de novembro está aberto o prazo de inscrición no Canguro Matemático 2014. Esta é unha proba na que cada participante ten que tratar de resolver 30 cuestións lóxico-matemáticas en formato tipo test e na que participaron o ano pasado nada máis e nada menos que 6000000 de estudantes en todo o mundo, si si, seis millóns!!. O IES Mugardos é pioneiro en Galicia neste concurso que, sobre todo, serve para que cada participante teña referencias do seu nivel a través da análise estatística dos resultados que proporciona a organización.
Como novidade, podes practicar no Xogo do Canguro na páxina oficial do concurso: www.canguromat.org.es
Anímate a participar !!!
Errose
Enviado por admin o Sáb, 26/10/2013 - 13:42Co gallo da xubilación de Errose Landa, o alumnado amosou nun acto de despedida vibrante de emocións o seu grande afecto e respecto por unha das figuras docentes máis valorandas do instituto.
Grazas, mestra, por todo o traballo e bo facer que deixa no IES de Mugardos unha fonda pegada.
Incidencia da folga (24 de outubro)
Enviado por admin o Xov, 24/10/2013 - 16:30A xornada de folga contra a LOMCE tivo un seguimento no IES de Mugardos no día de hoxe do 96% do alumnado e o 60% do profesorado.
Ligazóns:
- Comunicado da Consellería de Educación.
- Nota de prensa do Ministerio de Educación (12:00 horas)
Prensa:
Circular sobre a folga do 22, 23 e 24 de outubro
Enviado por admin o Dom, 20/10/2013 - 12:09Ver o documento adxunto.
Presentación das materias da ESO
Enviado por admin o Mar, 15/10/2013 - 00:17Contidos e criterios de cualificación
1.º ESO --- 2.º ESO
As materias que faltan iranse achegando nos próximos días
Presentación das materias de Bacharelato
Enviado por admin o Mar, 15/10/2013 - 00:06Contidos e criterios de cualificación
1.º BAC --- 2.º BAC
As materias que faltan iranse achegando nos próximos días
Fin de curso 2012-2013. Actos do 25.º aniversario
Enviado por admin o Dom, 23/06/2013 - 17:11A conmemoración do 25.º aniversario do instituto culminou este venres, 21 de xuño, coa organización dun intenso Acto Cultural e a celebración ao día seguinte, dun xantar de convivencia.
ACTO CULTURAL
A primeira parte estivo protagonizada pola interpretación musical e a proxección de diferentes traballos audiovisuais realizados polo alumnado. Comezamos cun repaso ás actividades do Equipo de Dinamización Lingüística. Puidemos desfrutar das voces de Iria (4.º ESO), Javier (3.º ESO) e o coro de alumnas de francés (4.º ESO); a lectura dun relato de Pablo Rañales (2.º ESO) e o o pase dos catro vídeos producidos por 1.º Bacharelato na materia de música para o Proxecto Salvavidas sobre doazón de órganos. Tamén asistios á estrea da curtametraxe gravada por 1.º ESO para a Rede Galega de Centros Solidarios.
2.º PREMIO "ESTUDO E DEPORTE"
Á entrega dos premios e mencións honoríficas asistiu o Xefe territorial de Deportes, Roberto García, e varios representantes dos clubs e asociacións deportivas da comarca. Deste xeito, o Premio Estudo e Deporte entra nunha fase de consolidación para os vindeiros anos.
ACTO INSTITUCIONAL
Coa intervención de todos os representantes da comunidade educativa e autoridades municipais de Ares e Mugardos pechamos o acto cultural. Pasaron polo estrado: Luis Manuel Brage, presidente da ANPA "O Castro"; Javier Maceiras, representate do alumnado no Consello Escolar e Iria Rodríguez, ex alumna e actual encargada da Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa; Juan Carneiro, profesor de Xeografía e Historia; M.ª Josefa Martínez, administrativa do centro; Covadonga Rodríguez-Moldes, directora do IES Mugardos; Julio Iglesias, alcalde de Ares; Manuel Fariña, ex-alcalde de Mugardos; Xosé F. Barcia, alcalde de Mugardos; Indalecio Cabana, Inspector Xefe en representación da Consellería de Educación.
XANTAR 25 ANIVERSARIO
O sábado, 22 de xuño, celebrouse o xantar de convivencia organizado pola ANPA e a dirección do centro e ao que asisiron máis dun centenar de persoas.
Entrega dos premios do Campionato de Polinomios e outros
Enviado por admin o Mar, 28/05/2013 - 22:06Coa colaboración da ANPA, o departamento de Matemáticas entregou a semana pasada todos os premios dos concursos que promocionan. A cantidade de diplomas testemuñan o éxito de participación que acadou nesta edición o Concurso de Polinomios ou o Open matemático.
Nova sección bilingüe en Economía de 1º de BAC
Enviado por Mara o Mar, 14/05/2013 - 08:46Como xa sabedes o IES Mugardos iniciou hai catro cursos o proxecto de seccións bilingües en Inglés na educación secundaria obrigatoria. Comezou con Educación Física en 1º e 2º de ESO e continuou con Ciencias Sociais en 3º de ESO.
O Departamento de Economía quere dar continuidade a este proxecto iniciando unha nova sección bilingüe en Bacharelato, na materia de Economía de 1º.
Que vantaxes ten estudar Economía parcialmente en inglés? Como ben sabedes o Inglés é o idioma dos negocios e do mundo da empresa. Ademais, as entrevistas de traballo esixen cada vez máis o dominio do inglés como requisito imprescindible.
A programación non sufrirá apenas alteracións (trátase de estudar a Economía de 1º de Bacharelato) e non se penalizará ou baixará nota por non usar de modo correcto o idioma inglés. A única variación nos criterios de avaliación consistirá en beneficiar ao alumno/a que se esforce en utilizarlo.
Así, aprenderemos Economía e comezaremos a utiizar un vocabulario específico en inglés que vos pode resultar de moita axuda no voso futuro laboral. O estudo da Economía deste xeito engade un “plus” ofrecéndovos un valor engadido que vos situará nunha situación de vantaxe no difícil contorno que nos toca vivir.
Déixovos uhha presentación onde explico como imos organizar a sección bilingüe en Economía. (Ver documentos adxuntos)
Animádevos e aproveitade esta oportunidade.
Papiroflexia
Enviado por Covadonga o Mér, 08/05/2013 - 21:27O profesor de Bioloxía Edmundo López quere facer un regalo ao IES Mugardos no seu 25 aniversario: vai doar a súa impresionante colección de cunchas mariñas ao centro. Mundo, que é un dos profesores do Programa de Mellora, está a traballar coas alumnas de 3º de ESO: Sara, Inés, Marta, Carla, Almudena e Mercedes na clasificación das cunchas e elas xa se están a converter en expertas en malacoloxía.
Á vez que se fan os traballos de catalogación é necesario ir preparando as caixas nas que se mostrarán as cunchas. Despois de moito pensar acordamos que a mellor opción -e a máis barata- era a de construir caixas de papel utilizando a papiroflexia.
E foi así que pedimos axuda ás ematemáticas e expertas papirofléxicas Teresa Otero e Alicia Pedreira que respondendo á nosa chamada viñeron ao IES Mugardos para mostrarnos como construir as caixas e cales son os cálculos necesarios para adaptalas aos distintos tamaños das cunchas.
Foi unha tarde moi agradable na que ademáis de aprender a facer caixas de base cadrada practicamos moitas matemáticas. Grazas Alicia e Teresa!!
Moitos bicos!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
