![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Taboleiro
Abrapalabra (N.º 7)
Enviado por admin o Mér, 15/10/2014 - 16:20Consulta todas as lecturas avaliables dos departamentos de lingua para o curso 2014-2015
MATRÍCULA CURSO 2014-2015
Enviado por admin o Mér, 25/06/2014 - 21:20
PRAZO DE MATRÍCULA DATAS PREFERENTES 1.º ESO__________Martes, 1 de xullo |
"To Galicia With Love" by Shawna Berk
Enviado por admin o Dom, 01/06/2014 - 18:53Este é o fermoso texto de despedida que nos deixou Shawna logo de sete meses como auxiliar de convesa entre nós.
Grazas, Shawna, polo teu traballo e todos os sorrisos.
Festival das Letras Galegas
Enviado por admin o Lun, 26/05/2014 - 23:55Gravacións:
- "Negra sombra" por Noelia Calvo ao saxo.
- "La bella Lola" por María, Nuria, Adriana, Raquel, Lupa, Sergio, Jorge, Juan e Pablo (Grupo de Frautas de 3.º ESO).
- "Romeo e Xulieta" BS por Javier Maceiras e Iria Regueiro.
- "O derradeiro mohicano" BS por María, Nuria, Adriana, Raquel, Lupa, Sergio, Jorge, Juan e Pablo (Grupo de Frautas de 3.º ESO).
- "And I'm telling you..." por Javier Maceiras
Ligazón ao álbum sonoro
Festival das Letras
Visita do club de lectura a Pontevedra (27 de marzo)
Enviado por admin o Sáb, 29/03/2014 - 22:56O club de lectura "A boca do lobo" realizou este xoves, 27 de marzo, a súa visita anual a unha localidade galega para mercar libros. Nesta ocasión a elixida foi a boa vila de Pontevedra cadrando coa celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Alí recibiunos a mascota Orbil e percorremos as instalacións. Logo tivemos a oportunidade de realizar o roteiro guiado pola cidade vella e co noso guía Roberto descubrir as pegadas do burgo medieval. Despois das compra na Libraría Paz e Cronopios e do xantar, aínda tivemos tempo para ver varias salas do Museo Provincial.
Folga do 26 e 27 de marzo
Enviado por admin o Xov, 27/03/2014 - 21:33Seguimento da folga no IES de Mugardos:
98% en Bacharelato; 100% en 4.º ESO e 78% en 3.º ESO.
Festival de Comparsas
Enviado por admin o Lun, 03/03/2014 - 14:31PREMIO ao mellor conxunto de disfrace e espectáculo:
O Circo de 4.º ESO
PREMIO á mellor letra e interpretación:
"Mamma mía, cando acabará esta crise" de 1.º ESO
Viaxe a Santiago de Compostela
Enviado por admin o Xov, 13/02/2014 - 00:08Este martes os grupos de 4.º, 3.º e 2º ESO realizaron unha viaxe a Santiago de Compostela. A maioría asistiu á reprensentación da obra teatral "La casa de Bernarda Alba". Os de 2º realizaron unha visita ao Museo do Pobo Galego onde desenvolveron unha actividade de busca de información titulada "O quebracabezas".
Comeza o III Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 06/02/2014 - 23:54Coa convocatoria do comité organizador botou a andar este martes a terceira edición dos premios Estudo e Deporte. Á reunión asistiron, ademais dos membros do instituto, os representantes dos concellos de Mugardos e Ares e dos principais clubs deportivos patrocinadores: Club de Remo e Galicia de Mugardos.
Abordouse principalmente a actualización das bases como os puntos relativos ao baremo que traerá este ano importantes novidades que se darán a coñecer no seu momento. Ademais revisáronse as listaxes de participantes coa feliz constatación do aumento de alumnado do instituto que está a realizar actividades deportivas. A previsión é que este ano superemos os cen inscritos no premio. Desde aquí felicitamos a todas as familias que animan e fan posible manter este tecido de deporte en idade escolar.
Rematamos recomendando a lectura do artigo "¿Qué gana tu hijo cuando cuando lo castigas sin entrenar?" de Kike Fernández.
Foto: Carla V. R. (4.º ESO)
Charla da Policía Local sobre seguridade vial
Enviado por admin o Dom, 26/01/2014 - 14:42O Xefe da Policía Local de Mugardos, Juan Carlos García, impartiu esta semana varias charlas sobre seguridade vial para o alumnado de 3.º ESO e 1.º BAC. Un dos asuntos principais foi o uso do cinto de seguridade con proxección de videos e explicación do seu correcto funcionamento.
Participa no Open Matemático
Enviado por admin o Mér, 15/01/2014 - 13:34Xa arrincou o Torneo Aberto de Resolución de Problemas, máis coñecido coma Open matemático. Colle no centro ou solicitalle ao teu profesor de matemáticas as follas de problemas. Atoparás máis información na Aula Virtual. Non perdas as interesantes separatas deste ano dedicadas á óptica.
Comezo das actividades dos contratos-programa
Enviado por admin o Lun, 13/01/2014 - 22:45A tarde do luns 13 de xaneiro, de 16:20 a 18:15 comezaron as actividades do Programa de Mellora e mais do PROA. En total, reuníronse esta tarde uns 35 alumnos e alumnas e cinco profesores, que logo da animada entrega das sudadeiras entregáronse ás tarefas programadas para a sesión.
Os inscritos no Programa de Mellora para o Éxito Escolar puideron entrar na 4º dimensión coa construción dun hipercubo, seguindo as indicacións das profesoras de matemáticas Covadonga e Verónica.
Cesta de Nadal: 5033
Enviado por admin o Lun, 13/01/2014 - 22:30
5033 Este foi número premiado coa cesta de Nadal pro-excursión fin de curso de 4º ESO consonte o sorteo do cupón da ONCE do 18 de decembro. O agraciado/a pode recoller a cesta no instituto, en horario de mañá. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
