![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Taboleiro
Informacións sobre o comezo do curso
Enviado por admin o Xov, 27/08/2015 - 19:14ENTREGA DE NOTAS |
Venres, 4 de setembro |
11:00 horas |
RECLAMACIÓNS 2.º Bacharelato (+info) |
4 (e 7) de setembro |
Mañás, 9:00-14:00 horas |
MATRÍCULA |
7 de setembro |
Mañás, 9:00-14:00 horas |
MATRÍCULA DE ADULTOS (ESA) |
Do 1 ao 10 de setembro |
Mañás, 9:00-14:00 horas |
PREMATRÍCULA PAU (2.º BAC) |
7 e 8 de setembro |
Mañás, 9:00-14:00 horas |
COMEZO DAS CLASES (ESO-BAC) Presentación do curso ás familias |
Martes
|
12:15 - 14:20 horas
|
COMEZO DAS CLASES - Adultos (ESA) | Sen determinar | |
Novidades |
||
SOBRE DE MATRÍCULA
|
Axudas, fondo solidario, Lista de libros de texto Listaxe provisional de admitidos |
|
Banco de Libros - ANPA
Enviado por admin o Dom, 14/06/2015 - 20:27
FONDO LIBROS - - - -
|
Relación de libros de texto
|
|
IV Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 11/06/2015 - 18:29
GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS
Salón de Actos do IES de Mugardos19 de xuño de 2015
(12:30 horas)
A voz de Ferrolterra
Enviado por admin o Sáb, 09/05/2015 - 23:31Orgullosos de Javier Maceiras (1.º BAC.) pola súa gran actuación e levar o nome do instituto ata o primeiro posto na edición deste ano do Canta Ferrol. Parabéns tamén a Iria Regueiro que actuou como artista invitada.
Circular sobre a folga estudantil (24 de marzo)
Enviado por admin o Ven, 20/03/2015 - 19:28Preme na imaxe ou abre o arquivo adxunto.
NOTA IMPORTANTE: Os exames fixados para o martes, 24 de marzo, adiáronse maioritariamente para o luns anterior e uns poucos para o mércores e xoves.
Eclipse parcial de sol do 20 de marzo
Enviado por admin o Mér, 18/03/2015 - 00:12Durante a vindeira mañá do venres 20 de marzo, poderemos observar unha eclipse parcial de Sol. Os datos básicos para os concellos de Mugardos e Ares son os seguintes:
- Comezo: 9:06 horas
- Máximo: 10:09 horas
- Remate: 11:18 horas
- Duración: 2 horas e 12 minutos
- Magnitude: 0,80
- Escurecemento: 76%
Ese día non haberá clase ao ter a consideración de festivo na comunidade autónoma de Galicia. Recomendamos aproveitar a xornada para profundizar en todos os conceptos científicos e valoracións que suscita este fenómeno. Sen esquecernos de tomar todas as medidas de precacución necesarias, máis se temos menores ao noso cargo. Como en calquera día, non pode observarse o Sol directamente: nin con aparellos, nin filtros nin a simple vista.
Máis información:
- Instituto Geográfico Nacional
- Gciencia
Charla con Loli Vázquez
Enviado por admin o Xov, 05/02/2015 - 20:14A biblioteca foi escenario hoxe dunha emotiva lección de historia a cargo de Loli Vázquez. Diante dun atento auditorio de alumnos e alumnas de 4.º ESO e bacharelato, a coñecida mugardesa foi dando testemuño da memoria persoal, familiar e colectiva de Mugardos durante a posguerra e a loita contra a represión franquista.
Proximamente, publicaremos a gravación da charla dentro da serie de entrevistas "Tempos de lembranza", comezadas o curso pasado.
Unha vez máis, Loli, moitas grazas.
Actividades de Educación Física no mes de xaneiro
Enviado por admin o Mér, 21/01/2015 - 23:46
|
|
ORIENTACIÓN |
TORNEO DE FÚTBOL SALA
|
XXVII Open Matemático
Enviado por Covadonga o Xov, 08/01/2015 - 23:24
|
A primeira xornada do OPEN MATEMÁTICO está en marcha.
Este ano centralizaremos na biblioteca o lugar de recollida e entrega de problemas e no taboleiro pegado á aula 4 poñeremos os problemas, as solucións e as clasificacións.
A exposición coas follas matemáticas irase colocando ao longo da primeira rampa de subida e cando remate o OPEN haberá actividades sobre a exposición para que se lean os interesantes paneis. Esperamos que todos vos animedes a participar. Data tope de entrega da primeira xornada: luns 19 de xaneiro.
|
Final do Campionato de Polinomios
Enviado por admin o Mar, 16/12/2014 - 23:29Logo de varias semanas de partidas durante case todos os recreos, o venres pasado celebrouse a esperada final do Campionato de Polinomios. O equipo TRAPECIO, formado por Martín Pérez (2.º Bac. e Martín Martán (1.º ESO), demostrou ser o mellor equipo dos 50 equipos participantes. O segundo clasificado foi o equipo Ǝ (existe) composto por Miguel Á Fernández (2.º Bac.) e Julián Fernández (1.º ESO). Tamén quedou en lugar destacado os equipo ÁLXEBRA de Almudena Vila (1.º Bac.) e Ariadna Regueiro (1.º ESO); PRISMA Bran Rodríguez (2.º Bac) e Jorge Morado (1.º ESO); BOLZANO de Verónica Gonzáles (2.º Bac.) e Uxía Fernández (1.º ESO); e ALFA de Carmen Samartín (2.º Bac.) e Icía Díaz (1.º ESO).
A directiva da ANPA entregou os trofeos e diplomas.
![]() |
![]() |
||
![]() |
![]() |
Ademais da gran participación con máis de cen alumnos implicados, o gran traballo de organización do departamento de Matemáticas, e a colaboración económica da ANPA, o mellor do campionato foi a convivencia entre o alumnado de distintos cursos e niveis. Parabéns a todos.
Eleccións ao Consello Escolar, 2014
Enviado por admin o Ven, 28/11/2014 - 20:15Estes son os resultados das eleccións ao Consello Escolar celebradas este venres, 28 de novembro.
PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS | ||||
Candidatas electas | Isabel Margaretto Rodríguez | |||
Estela Pérez Filgueiras | ||||
Suplentes | Domingo Rubianes Souto | |||
José María Rumbo Prieto | ||||
Teresa de Jesús Rumbo Prieto |
ALUMNADO | ||||
Candidatos electos | Pablo Javier Rañales Pérez | |||
Carlos Bello Pita | ||||
Suplentes | Sara Romero | |||
Cristian Sánchez Rocha | ||||
Sara Salido Hermosilla |
PROFESORADO | ||||
Candidatos electos | Begoña Allegue Rodríguez | |||
José Luís Mayobre Antón | ||||
Francisco Canoura Quintana | ||||
Suplente | Telmo de Paz de Luis |
Poderanse presentar reclamacións por un prazo de quince días perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Votación dos alumnos
Votación das nais
Votación dos profesores
CAMPIONATO DE POLINOMIOS. COMEZAN OS 16-AVOS DE FINAL
Enviado por Covadonga o Mér, 19/11/2014 - 22:50Resumos das programacións. Presentación das materias, ámbitos e módulos
Enviado por admin o Xov, 23/10/2014 - 20:30
Contidos, criterios de avaliación e sistema de cualificación |
||||||
ESO | BACHARELATO | ADULTOS | ||||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
