![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios, profesorado, programacións_______________[Despregable]
2.º ESO |
||||
Horarios | Profesores/as |
Programacións | Traballo a distancia | Documentos |
2.ºESO |
Titora MARÍA FERNÁNDEZ |
Física e Química |
|
|
Eva de la Torre | Lingua galega e literatura | |||
Montse Arza | Lingua e literatura castelá | |||
Andrés Pérez Rouco Fabio González Eiras |
Matemáticas | |||
Miguel Gil |
Xeografía e Historia | |||
Amelia Huzum | Inglés (1ª lingua estranxeira) | |||
José Barcia | Tecnoloxía | |||
Paula Breijo | Francés (2ª lingua estranxeira) | |||
Olga Cabalar | Investigación e tratamento da información | |||
Ánxela Cabanas | Valores éticos |
|||
Manuel Vales |
Relixión Católica |
|||
Rita Fernández | Reforzo exentos 2LE |
2.º ESO
Peche da cafetaría
Enviado por admin o Mar, 10/12/2019 - 18:20
AVISOSentimos ter que informar
|
Contra a violencia de xénero (25N)
Enviado por admin o Dom, 08/12/2019 - 20:52O pasado venres recuperamos no salón de actos as actividades do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, adiadas por mor do calendario de exames. O acto conseitiu dna realización de varias lecturas, proxección de vídeos e, sobre todo, a audición dos raps presentados ao concurso. Axiña saberemos o veredicto do xurado e compartiremos as creacións.
Final e entrega dos premios do XXII Campionato de Polinomios (venres, 22 de novembro)
Enviado por admin o Mér, 20/11/2019 - 20:52Rap, educando en valores
Enviado por admin o Xov, 07/11/2019 - 21:33
|
![]() |
O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) impartiu este xoves un obradoiro de música e cultura rap para o alumnado da ESO. Ao longo da charla rompeu varios "mitos" arredor deste estilo musical e exemplificouno coas súas intervencións e mais a participación do alumnado. O lema da actividadade foi a eduacación en valores.
Diego Calatayud é licenciado en Filoloxía con máis de dez anos de experiencia no mundo do rap e tamén na ensinanza académica.
Autorización programas REFORZA-T (1.º, 2.º ESO, FPB) e PREMAT (3.º e 4.º ESO)
Enviado por admin o Mér, 30/10/2019 - 19:23Lección inaugural (ESO): Monitoras do Centro do Caldoval
Enviado por admin o Mér, 18/09/2019 - 20:28As monitoras do Centro de Interpretación do Xacemento do Caldoval, Vero e Sara, impartiron este luns a lección inaugural para o alumnado da ESO. Transmitiron a importancia do coñecemento da cultura latina en contacto cos pobos castrexos para comprendermos as nosas orixes. Achegaron tamén as características especiais dos restos conservados en Mugardos centrados no mundo das termas e os deportes.
Por último, formularon aos estudantes o misterio da estrutura cónica única en Mugardos e da que non se coñecen noticias da súa existencia noutras partes da romania. Queda no aire a pregunta: cal era a súa utilidade? Formula a túa hipótese.
VIII PREMIO ESTUDO E DEPORTE
Enviado por admin o Sáb, 29/06/2019 - 11:00
GALA DE ENtREGA DOS PREMIOS E MENCIÓNS
Venres, 21 de xuño
MIGUEL SEOANE, da Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza
MIKEL PASABANT, deportista galego de alto nivel (vela)
Festa de despedida do CLUB DE CIENCIA
Enviado por admin o Mér, 19/06/2019 - 19:56Esta tarde reuniuse por última vez o CLUB DE CIENCIAS para mostrarlles aos pais e nais que quixeron acompañarnos o programa de actividades deste curso: xadrez, circuítos eléctricos, xeometría, laborario de química... Todos xuntos -alumnado, profesorado e familias- para desfrutar aprendendo. E isto pode sersó o comezo dun club que dará moitos froitos. Voltaremos o próximo curso.
Moitas grazas á profesora Thais, coordinadora do club, e todos os docentes implicados.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A ribeira, da Bestarruza ao cabo Leiras, limpa como un coral
Enviado por admin o Sáb, 15/06/2019 - 11:34O venres pola mañá uns 300 escolares dos catro centros educativos do concello participaron na primeira xornada de limpeza da ribeira de Mugardos e da praia da Bestarruza.
Ao noso alumnado de 1.º e 2.º ESO e mais FPB tocoulles a limpeza do treito costeiro do cabo Leiras. A axuda dos membros da confradía fixo moi levadeiro o traballo. Porén, o máis salientable foi a toma de conciencia do grave problema mediambiental que temos tan próximo e a necesidade de tomar medidas colectivas e individuais para frealo.
Agradecemos a todas as ANPAS, organizadores e colaboradores este gran esforzo mobilizador da sociedade para a educación e o ben común.
Charla sobre a limpeza do litoral
Enviado por admin o Dom, 09/06/2019 - 18:36
|
![]() |
O alumnado de 1.º e 2.º ESO recibiu este venres unha charla preparatoria para afrontar a limpeza da ribeira de Mugardos que terá lugar o 14 de xuño. A información xeral centrouse nos efectos da actividade humana nos océanos e ecosistemas mariños.
Actividades matemáticas
Enviado por admin o Sáb, 27/04/2019 - 21:03Como en anos anteriores o noso instituto participou na fase local da Olimpíada matemática dirixida ao alumnado de 2º. ESO. O nosos/as representantes realizaron o pasado 25 de abril as probas no IES de Canido de Ferrol.
Ademais, o pasado venres o noso centro acolleu a fase local das probas do Rebumbio matemático dirixido ao alumnado de 6º de primaria. Os representantes de dez colexios da comarca ocuparon a aula de tecnoloxía. Parabéns a todos os participantes.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
