![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios, profesorado, programacións_______________[Despregable]
2.º ESO |
||||
Horarios | Profesores/as |
Programacións | Traballo a distancia | Documentos |
2.ºESO |
Titora MARÍA FERNÁNDEZ |
Física e Química |
|
|
Eva de la Torre | Lingua galega e literatura | |||
Montse Arza | Lingua e literatura castelá | |||
Andrés Pérez Rouco Fabio González Eiras |
Matemáticas | |||
Miguel Gil |
Xeografía e Historia | |||
Amelia Huzum | Inglés (1ª lingua estranxeira) | |||
José Barcia | Tecnoloxía | |||
Paula Breijo | Francés (2ª lingua estranxeira) | |||
Olga Cabalar | Investigación e tratamento da información | |||
Ánxela Cabanas | Valores éticos |
|||
Manuel Vales |
Relixión Católica |
|||
Rita Fernández | Reforzo exentos 2LE |
2.º ESO
Obradoiro de prevención de condutas adictivas (2.º ESO-B)
Enviado por admin o Lun, 14/12/2020 - 22:43Obradoiro de prevención de condutas adictivas
2.º ESO -B
11:35 - 13:35
Obradoiro de prevención de condutas adictivas (2.º ESO-A)
Enviado por admin o Lun, 14/12/2020 - 22:40Obradoiro de prevención de condutas adictivas
2.º ESO -A
18 de decembro
9:35 - 11:35
23/SET. Comezo das clases (1.º e 2.º ESO - 1.º Bacharelato)
Enviado por admin o Dom, 13/09/2020 - 10:58Comezo das clases
DÍA: Mércores, 23 de setembro
HORA: 12:30 horas
- 1.º e 2.º ESO
- 1.º Bacharelato
LAPISEIROS CONSTRUIDOS POLO ALUMNADO DE 2º ESO
Enviado por rsierra o Mér, 01/07/2020 - 14:44O principal obxectivo da materia de Tecnoloxía é que o alumnado sexa capaz de deseñar e construír prototipos que resolvan un determinado problema. Para o alumnado de 2º ESO foi o primeiro ano no que se enfrontaron a este reto, polo que se lles propuxo un proxecto sinxelo: o deseño e construción dun lapiseiro realizado con taboleiro de contrachapado, aínda que tamén podían empregar outros materiais, como cartón ou cartolina. A suspensión das clases presenciais provocou que algúns grupos de traballo non conseguisen rematar o proxecto, mais outros si que o lograron. Velaquí o resultado dalgún dos prototipos rematados.
E para o ano, esperemos poder seguir deseñando e construíndo proxectos un pouco máis complexos.
BO VERÁN!
Adaptación das programacións para o terceiro trimestre do curso 2019-2020
Enviado por admin o Mar, 12/05/2020 - 11:39
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020, nos centros da Comunidade Autónoma de Galicia. |
Pautas fin de curso
Enviado por pcantero o Mar, 05/05/2020 - 19:11PAUTAS PARA FINALIZAR O CURSO E PARA RECUPERAR AS MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
O alumnado que ten APTA (cualificación de 5 ou máis na 2ª avaliación) a materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode optar a subir nota presentando as tarefas propostas on-line na 3ª avaliación, tendo acceso á totalidade da cualificación de cada matéria.
O alumnado que ten INSUFICIENTE (cualificación de 4 ou menos na 2ª avaliación) na materia de EDUCACIÓN FÍSICA, PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES e/ou ACTIVIDADE FÍSICA E VIDA SAUDABLE pode aprobar o curso e optar á totalidade da cualificación de cada materia presentando os seguintes documentos nas aulas virtuais propostas (Edixgal no caso de 1º e 2º da ESO e Classroom no resto, agás aqueles alumnos/as que non teñen acceso a estes medios e aos cales se lles fará chegar pola vía acordada):
- Libreta da 2ª avaliación redactada polo propio alumno/a (alumnado de 1ºESO, 3ºESO e 4ºESO).
- Traballo da 1ª e 2ª avaliación correxidos no caso do alumnado de 1º Bacharelato, xunto coas actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación.
- Actividades de recuperación e reforzo propostas na 3ª avaliación, enviadas polos medios correspondentes, no caso do resto do alumnado.
Outra información de interés:
· Para todos os alumnos e alumnas que non teñen acceso aos medios dixitais citados, o centro educativo fará de intermediario para facerlles chegar as tarefas correspondentes.
· O alumnado que ten aprobada a 2ª avaliación ten aprobado o curso, ao tratarse de materias de avaliación continua. Aínda así, animámosvos a seguir traballando na vosa formación e mellora, xa que o curso que ven agradecerémolo todos e todas!
Actividades de Física e Química (2.º ESO) e Tecnoloxía (3.º ESO) de José Barcia
Enviado por josebd o Lun, 16/03/2020 - 18:56Para estos días de trabajo a distancia, iré publicando actividades y donde seguirlas para continuar con la actividad lectiva.
- 2º ESO Física e Química
Ya hay actividades disponibles por medio del EDIXGAL para esta semana (días 16 a 18).
Se entregarán para su revisión por medio del EDIXGAL.
Para otros cursos trataré de hacer funcionar un aula virtual moodle. Pero para ir avanzando algo, os dejo las tareas siguientes para esta semana:
- 3º de ESO no hay actividades para esta semana, pues las clases coincidían con dos días festivos
Sobre la entrega de las actividades para su revisión informaré más adelante, en función de los medios de los que pueda disponer.
Traballo do departamento de Música
Enviado por olga.mcabalar o Dom, 15/03/2020 - 21:46
Suspensión das clases - marzo, 2020 Os materias e traballos das seguintes materias
estarán dispoñibles no blog |
Comeza a segunda edición de PILABOT
Enviado por admin o Lun, 13/01/2020 - 20:35![]() |
|
Ao longo das próximas semanas, o noso instituto participará no concurso PILABOT patrocinado pola Consellería de Medio Ambiente. Pilabot é un concurso entre 150 centros educativos de educación primaria e secundaria de Galicia para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias. Considéranse pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, que se poida portar coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. En todo caso, a orixe dos residuos das pilas debe ser doméstico, procedente das familias do alumnado e do persoal do propio centro escolar. Para a recollida das pilas, cada alumno/a recibirá unha caixiña de cartón que se debe ir baleirando as veces que sexa necesario no bidón contedor que se atopa na entrada do instituto. O consurso comezou oficialmente o 13 de xaneiro e rematará o 31 de marzo. Pode consultar as bases do concurso na páxina www.pilabot.gal e tamén seguir as novidades nas redes sociais. |
Concurso de Viaxe
Enviado por admin o Sáb, 21/12/2019 - 13:01 A Biblioteca e o EDL convocaron o concurso dirixido a todo o alumnadoe enlazando co tema xeral proposto para traballar no centro, as viaxes, e contando coa colaboración de boa parte do claustro do centro, propoñemos unha viaxe polas viaxes do profesorado.
Este venres coñecemos as gañadoras. As alumnas que acadaron un maior número de acertos no concurso foron: Xoana Pérez (1º Bach A), e Lucía Seijo e Iago Vázquez (1º Bach B). Aínda que non só os maiores acadaron bos resultados. Queremos felicitar polo seu gran número de acertos a Clara Teijeiro López (2º ESO A).
![]() |
![]() |
![]() |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
