![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios, profesorado, programacións_______________[Despregable]
1.º ESO |
||||
Horarios | Profesores/as |
Materias | Libros dixitais | Documentos |
1.ºESO-A |
Titora RAQUEL SIERRA |
Tecnoloxía e dixitalización |
|
|
1.ºESO-B |
Titor |
Matemáticas - 1.º ESO B |
||
Serafín Álvarez |
Lingua galega e literatura | |||
Miguel Gil |
Xeografía e historia | |||
Laura Viñas |
Inglés (1ª lingua estranxeira) | |||
Miguel Poncela | Lingua castelá e literatura |
|||
Andres Pérez Rouco |
Matemáticas 1º. ESO A |
|||
Fabio G. Eiras |
Matemáticas 1º. ESO B |
|||
Marta González |
Educación plástica, visual e audiovisual | |||
Ana Palmero | Bioloxía e xeoloxía | |||
Pedro Cantero | Promoción de estilos de vida saudables | |||
Ánxela Cabanas | Francés | |||
Micaela Rei | Portugués | |||
Manuel Vales |
Relixión Católica |
|||
Rita Fernández
|
Reforzo exentos 2LE |
1.º ESO
Exposición: Holocausto (Mathausen, regreso ao campo da morte)
Enviado por admin o Sáb, 17/02/2018 - 13:04Ata este venres estivo no corredor de entrada do intituto a exposición sobre o holocausto (Mathausen). Para seguir ampliando a información dos paneis, podedes visitar:
- El convoy de los 927: https://www.youtube.com/watch?v=0dqMix6nEos
- Mauthausen, el deber de recordar: https://www.youtube.com/watch?v=PkUuoCiU0LU&t=1s
- Saturnino Navazo, fútbol en el infierno, 27': https://www.youtube.com/watch?v=wMWkUim3TsM
Roda cubana de baile
Enviado por admin o Ven, 09/02/2018 - 22:21Este xoves todos os grupos de Educación Física bailaron unha roda cubana dirixida por Jesús Marcos Doval, do club de baile Móvete. Salientamos o magnífico ambiente acadado e a interacción moi positiva entre diferentes cursos e cos docentes que tamén participaron na actividade.
Fase final do campionato de fútbol
Enviado por admin o Mar, 23/01/2018 - 21:31Esta semana entramos na recta final da Liga de fútbol que se vén desenvolvendo ao longo dos recreos. O departamento de Educación Física felicita aos participantes de todas as categorías e tamén aos espectadores pola súa actitude.
Exhibición de tenis
Enviado por admin o Dom, 24/12/2017 - 13:25Unha numerosa reseprentación de tenistas do Club de Tenis de Redes, encabezada por César Vilasánchez, ofreceu este xoves unha exhibición ao alumnado de 1.º ESO. Foi unha magnífica ocasión para coñecer un pouquiño mellor este deporte e as posibilidades de practicalo nas instalacións máis próximas.
Ademais, aproveitamos a ocasión para entregar ao alumnado a doazón de bólas usadas e gastadas no club de Redes e que serán reutilizadas nas aulas para reducir o ruído das patas de cadeiras e pupitres.
César Vilasánchez entregando o material gastado nas canchas de tenis para a súa reutilización nas aulas.
Moitas grazas.
Final e entrega de premios do XX Campionato de Polinomios
Enviado por admin o Dom, 03/12/2017 - 19:21Logo de máis dun mes de partidas diarias nos recreos, este venres chegamos á final do XX Camipionato de Polinomios. Na entrega de premios participou un ano máis a directiva da ANPA O Castro. Os finalistas foron o equipo ALPHA formando por Lidia Domínguez e Carolina Fernández e o equipo RAÍZ DE -X, que se proclamou gañador, integrado por Nicolás Nieto e Jhonatan Rodríguez. Parabéns a todos os participantes e ao departamento de Matemáticas pola impecable organización e desenvolvemento desta actividade.
Contras as violencias machistas
Enviado por admin o Sáb, 25/11/2017 - 12:28
Na véspera do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato asistiu a unha charla coas integrantes do Patronato Concepción Arenal. O acto estivo integrado na campaña En negro, contra as violencias.
Tamén se proxectou o video coordinado polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue sobre os estereotipos machistas na publicidade. Observade con atención como se trataba á muller hai tan só unhas décadas e como o alumnado da ESO e Bac. lle deron a volta.
Magosto e xincana deportiva
Enviado por admin o Sáb, 11/11/2017 - 11:54Este venres celebramos o magosto coas castañas ofrecidas, como en anos anteriores, pola ANPA " O Castro". A continuación, o alumnado de 1.º e 2.º ESO participou na tradiconal xincana deportiva organizada polos compañeiros de 1.º bacharelato dentro da materia de Educación Física.
Campionato de fútbol sala
Enviado por admin o Mér, 08/11/2017 - 20:04Esta semana comezou o campionato de fútbol no pavillón. Nos recreos dos martes e xoves xogarase o torneo feminino e os luns, mércores e venres, o masculino. Bos partidos e grande afección.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- seguinte ›
- última »
