![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Horarios, profesorado, programacións_______________[Despregable]
1.º ESO |
||||
Horarios | Profesores/as |
Materias | Libros dixitais | Documentos |
1.ºESO-A |
Titora RAQUEL SIERRA |
Tecnoloxía e dixitalización |
|
|
1.ºESO-B |
Titor |
Matemáticas - 1.º ESO B |
||
Serafín Álvarez |
Lingua galega e literatura | |||
Miguel Gil |
Xeografía e historia | |||
Laura Viñas |
Inglés (1ª lingua estranxeira) | |||
Miguel Poncela | Lingua castelá e literatura |
|||
Andres Pérez Rouco |
Matemáticas 1º. ESO A |
|||
Fabio G. Eiras |
Matemáticas 1º. ESO B |
|||
Marta González |
Educación plástica, visual e audiovisual | |||
Ana Palmero | Bioloxía e xeoloxía | |||
Pedro Cantero | Promoción de estilos de vida saudables | |||
Ánxela Cabanas | Francés | |||
Micaela Rei | Portugués | |||
Manuel Vales |
Relixión Católica |
|||
Rita Fernández
|
Reforzo exentos 2LE |
1.º ESO
Reunión das familias cos titores/as (Martes, 23 de outubro)
Enviado por admin o Mér, 17/10/2018 - 13:13Lección inaugural (ESO): música para comezar o curso
Enviado por admin o Mar, 18/09/2018 - 21:15![]() |
Laura Morgade inaugurou o curso escolar 2018-2019 para o alumnado da ESO. A súa lección inaugural tratou sobre a linguaxe universal da música. Salientou a importancia de incorporar a música ás nosas vidas e os beneficios que iso conleva. A exposición foi acompañada de interpretacións ao piano de pasaxes ilustrativas de Beethoven, Debussy e Chopin. Agradecemos á creadora da Escola de Música Laura Morgade de Ares o seu esforzo e preparación deste encontro incial de curso co noso alumnado. |
Horarios (Curso 2018-2019)
Enviado por admin o Lun, 17/09/2018 - 19:51Entrega do equipamento E-dixgal (1.º e 2º. ESO)
Enviado por admin o Sáb, 23/06/2018 - 12:14Información sobre a xestión do equipamento E-dixgal
ALUMNADO SEN OBRIGA DE ENTREGA
- Alumnado de 1.º ESO que aproba todo en xuño e promociona o vindeiro curso para 2.º ESO. Neste caso poderán dispoñer do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material limpo e en perfectas condicións.
As familias que o desexen tamén poden depositar o equipo no centro ata o comezo do curso 2018-2019, pero deberán asinar o documento de devolución (ANEXO) - Alumnado de 1.º e 2.º ESO con materias pendentes para a convocatoria de setembro.
ALUMNADO CON OBRIGA DE ENTREGA EN XUÑO
- Alumnado que non vaia cursar estudos no centro o vindeiro curso e non teña que examinarse en setembro.O
- Alumnado de 2.º ESO que aproba todas as materias E-Dixgal.
Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro durante a semana do 25 ao 30 de xuño e asinar o documento de entrega:
ANEXO: Devolución material E-Dixgal
ALUMNADO CON OBRIGA DE ENTREGA EN SETEMBRO
- Alumnado que pasa para 3.º ESO e acode á convocatoria de setembro.
Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro antes do 7 de setembro e asinar o documento de entrega.
VII Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Xov, 21/06/2018 - 22:39
Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.
No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.
Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.
![]() |
![]() |
![]() |
Parabéns a todos/as os participantes!!!
Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.
Fondo solidario e axudas para material
Enviado por admin o Lun, 04/06/2018 - 19:33- Impresos: Anexo I e II
Edusolidariedade á mugardesa (25 de maio, 2018)
Enviado por admin o Sáb, 26/05/2018 - 10:59Ata a chuvia respectou na mañá de onte a xornada de convivencia e solidariedade do alumnado e profesorado do CEIP Unión Mugardesa, CPR Loyola e IES de Mugardos. Convivencia porque reuniu nunha mesma actividade a preto de 500 escolares, de 3 a 18 anos, de infantil a bacharelato. Solidaria porque entre todos recadamos 1.683,30 euros que a ONG "Nico contra el cáncer infantil" destinará directamente á investigación e mellora dos tratamentos.
A principal actividade consistiu na realización das carreiras, desde os cen metros ata os 1.900 metros. En todas elas os participantes amosaron un grande espírito deportivo e participativo. Grnades doses de esforzo, sorrisos e aplausos para demostrarnos que somos unha comunidade educativa viva e vibrante. Xuntos somos mellores.
Ademais dos centros educativos, na organización participou o Concello de Mugardos e contou coa axuda de varias empresas patrocinadoras e a colaboración do animador Dani Ríos . Agradecemos especialmente a participación das ANPAS, o servizo municipal de deportes, monitores de xogos populares e club Móvete de danza.
Agora, coas pilas cargadas, imos polo fin deste curso 2017-2019. Vémonos o 21 de xuño nunha nova edición dos premios Estudo e Deporte.
TES TALENTO. Festival das Letras Galegas, 2018
Enviado por admin o Dom, 20/05/2018 - 19:25
O alumnado amosou o seus talentos no festival que se organizou para conmemorar o Día das Letras Galegas. Sobre o escenario do salón de actos desfilaron ata quince actuacións de música, danza e monólogos. O xurado elixiu seis finalistas que foron sometidas á votación do público. No védeo podes comprabar o grande talento despregado por todos os participantes. Máis infomación en Lecturamos, blogue da Biblioteca escolar.
Deportes náuticos en Ares
Enviado por admin o Xov, 10/05/2018 - 22:20Un ano máis o alumnado de 1.º e 2.º ESO tivo a oportunidade de gozar dunha mañá dedicada á práctica de deportes náuticos: batel, veleiro, kayak e padelsurf. A actividade inclúese dentro do programa Deporte Escolar, organizado polos servizos deportivos dos concellos de Ares e Mugardos e as instalacións do Clúb Náutico de Ares.
Festa dos Maios, 2018
Enviado por admin o Ven, 04/05/2018 - 21:57O alumnado de 1.º ESO participou esta mañá na recuperación da Festa dos Maios, impulsada pola asociación cultural Apelón Educación, cos centros educativos do concello. Velaquí o noso maio e as coplas lidas esta mañá no Cantón de Cora.
Encontro con maiores
Enviado por admin o Xov, 03/05/2018 - 22:46Esta mañá o alumnado de 1.º ESO participou na biblioteca dun encontro con Concha Cortizas e Loli Vázquez que lles falaron das súas vivencias e experiencias no Mugardos de cando eran nenas. A escola, a formas de diversión, os transportes, os traballos... O noso sincero agradecemento por este achegamento e gran vontade de comunicación coas novas xeracións.
Iniciación ao remo (1.º e 2.º ESO)
Enviado por admin o Dom, 29/04/2018 - 14:17Ao longo das dúas últimas semanas o alumnado de 1.º e 2º. ESO tivo a oportunidade de achegarse nas clases de Educación Física ao remo. Grazas á colaboración do Club do Mar de Mugardos, tivemos varias sesións de remoergómetro no pavillón e logo, en varias quendas, a saída ao mar que para moitos era a primeira vez.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
