Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Actividade "Chicas nuevas 24 horas"

 O alumnado de 1.º bacharelato e 4.º ESO participaron esta semana na actividade "Chicas nuevas 24 horas". Trátase dun proxecto baseado no documental da realizadora Mabel Lozano que denuncia o rendible "negocio" xerado pola compra e venda de mulleres para a súa explotación sexual.

Ao longo de tres sesións guiadas pola especialista Carlota Díaz, cada grupo realizou en primeiro lugar unha visita guiada da exposición fotográfica disposta no corredor do centro. De seguido, procédese á proxección autorizada do documental e remata cun obradoiro de traballo en grupo e reflexións. 

A actividade, impulsada pola Secretaría Xeral da Igualdade, está encamiñada cara á concienciación por parte especial da mocidade para a desaparición da demanda de servizos sexuais.