Skip to Content

Admisión de novo alumnado 2020/2021

O procedemento de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso (non afecta ao alumnado que permanece no centro ou xa realizara reserva de centros adscritos) ficou interrompido desde o 13 de marzo. Agora retómase cos seguintes prazos e condicións.

SOLICITUDES

Prazo: do 11 ao 18 de maio, ambos os luns incluídos.

Procedemento

Opción 1: A través da aplicación en internet admisiónalumnado.  A aplicación permite crear unha solicitude que se pode imprimir para presentar no centro ou, se dispoñen de certificado dixital, continuar a tramitación electrónica.

Opción 2: Nas oficinas do IES de Mugardos, de 10:00 a 13:00 horas.

Documentación

    • Formulario de solicitude (Anexo II-galego  Anexo II- castelán). Asinado polos dous proxenitores, de ser o caso.
    • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando no formulario denegue a consulta.
    • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a. Pode ser a copia do DNI; copia da folla do libro de Familia onde conste inscrito o/a alumno/a; calquera outro documento oficial que acredite a identidade. 
    • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa. Pode ser o certificado de matrícula expedido polo centro onde estea cursando estudos a/o interesada/o; Boletín de cualificacións (do ano académico no que a/o interesada/o este a cursar no momento de presentar a solicitude); Outro documento que xustifique os requisitos académico.
    • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
    • Xustificación de necesidades educativas especiais, se é o caso.

 

NOVOS PRAZOS

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020. 

 

 NOTA INFORMATIVA

O instituto abrirá as portas co persoal de administración e limpeza imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites prégase avisar por teléfono ou correo electrónico.



blog | by Dr. Radut