![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Buzón SQR
BUZÓN DE SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS (SQR)
PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO
O obxectivo da implantación deste buzón é establecer o proceso de xestión de suxestións, queixas e reclamacións (SQR) recibidas de calquera membro da comunidade educativa co fin de dar resposta ás mesmas e de dispoñer dos datos cos cales facer unha posterior análise que permita identificar e establecer accións de mellora do centro.
Poderán recibirse SQR de:
- Alumnos/as matriculados e as súas familias.
- Persoal docente e de administradores e servizos do centro.
- Empresas colaboradoras en FCT.
Existirá un formulario para as SQR e un buzón específico no que depositalas. O formulario pode atopalo neste documento e o buzón no cal depositalo está na planta baixa do instituto, ao carón da Secretaría.
A xestión do Buzón corresponderá ao Responsable de Calidade do centro, de habelo, e, no seu defecto, ao equipo directivo.
A xestión consistirá:
- Recoller as SQR con periodicidade semanal, rexistralas e realizar unha primeira análise.
- Determinar a persoa/grupo que realice a análise en detalle.
- Responder aos propoñentes das SQR unha vez que a persoa/grupo dispoña mediante informe o tratamento e a resposta a dar. Esta resposta deberá producirse no prazo de dez días contados a partir da data de recollida da SQR.
- Conservar os rexistros xerados.
- Emitir un informe-resumo anual das SQR recibidas que será presentado ao Claustro e Consello Escolar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
BuzonSQR.pdf | 677.7 KB |