Skip to Content

Nota informativa

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

NOTA INFORMATIVA:

- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Artigo 13.d da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

 



page | by Dr. Radut