Skip to Content

ENTREGA DOS PREMIOS ESTUDO E DEPORTE: 21 DE XUÑO





 

Libros de texto e material. Curso 2018-2019

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2018-2019
1.º ESO

 Programa E-DIXGAL. Libros dixitais

Non é necesario adquirir un caderno para cada materia.
O uso de cadernos e a recomendación de contar cun arquivador
ou clasificador de aros será comunicado a comezo do curso.

2.º ESO
3.º ESO

 

 

4.º ESO
 
1.º BAC
2.º BAC

Matrícula 2018-2019

Procedemento de matrícula para o curso 2018-2019

Matrícula período ordinario:

  • PRAZO: do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • LUGAR: Secretaria do IES de Mugardos.
  • HORARIO: de 10:00 a 14:00 horas.

Datas preferentes e documentación:

NIVEL

DATAS PREFERENTES

DOCUMENTACIÓN

 

 

 

 

1.º ESO

 

 Luns,

2 de xullo

 

______________

 

 

Sobre

de matrícula

 

·     Impreso de matrícula.

·     Fotocopia do DNI ou do Libro de Familia.

·     Dúas fotografías tamaño carné co nome e apelidos escritos por detrás.

·     Certificado de empadroamento (só se é usuario do transporte escolar)

·     Certificación académica (se non procede do CEIP Unión Mugardesa ou do CEIP Santiago Apóstolo).

·     Informe médico (só alumnado de primeira matrícula no centro).

 

 

 

2.º ESO

 

 Martes,

3 de xullo

 

______________

 

Sobre

de matrícula

 

·     Impreso de matrícula.

·    Dúas fotografías tamaño carné co nome e apelidos escritos por detrás.

 

O alumnado que se matricule neste centro por primeira vez deberá achegar ademais:

-     Fotocopia do DNI.

-     Certificado de empadroamento (só se é usuario do transporte escolar)

-    Informe médico.

 

 

3.º ESO

 

 

 Martes,

3 de xullo

______________

 

 

Sobre

de matrícula

 

·     Impreso de matrícula.

·     Dúas fotografías tamaño carné co nome e apelidos escritos por detrás.

·     Copia do pagamento do Seguro Escolar (1,12 euros na conta do Banco Pastor número 0072 – 0120 – 92 - 0000100956

O alumnado que se matricule neste centro por primeira vez deberá achegar ademais:

-     Fotocopia do DNI.

-      Certificado de empadroamento (só se é usuario do transporte escolar)

-     Informe médico.

 

 

4.º ESO

 

 

Mércores,

4 de xullo

 

__________

 

Sobre

de matrícula

 

·     Impreso de matrícula.

·     Dúas fotografías tamaño carné co nome e apelidos escritos por detrás.

·     Copia do pagamento do Seguro Escolar (1,12 euros na conta do Banco Pastor número 0072 – 0120 – 92 - 0000100956

O alumnado que se matricule neste centro por primeira vez deberá achegar ademais:

-          Fotocopia do DNI..

-          Certificado de empadroamento (só se é usuario do transporte escolar)

-          Informe médico.

 

NIVEL

DATAS PREFERENTES

DOCUMENTACIÓN

 

 

 

 

 

1.º BAC

 

    Xoves,

5 de xullo

_______

 

Sobre de matrícula

·     Impreso de matrícula.

·     Fotocopia doDNI.

·     Dúas fotografías tamaño carné co nome e apelidos escritos por detrás.

·     Copia do pagamento do Seguro Escolar (1,12 euros na conta do Banco Pastor número 0072 – 0120 – 92 -0000100956

·     Certificado de empadroamento (só se é usuario do transporte escolar)

·     Certificación académica (se  procede doutrocentro).

·     Informe médico (só alumnado de primeira matrícula no centro).

 

 

2.º BAC

 

 

     Venres

6 de xullo

 

________

 

Sobre de matrícula

·     Impreso de matrícula.

·     Dúas fotografías tamaño carné co nome e  apelidos escritos por detrás.

·     Copia do pagamento do Seguro Escolar (1,12 euros na conta do Banco Pastor número 0072 – 0120 – 92 -0000100956

O alumnado que se matricule neste centro por primeira vez deberá achegar ademais:

-          Certificación académica

-          Fotocopia doDNI.

-          Informe médico.

Despedida do presidente da ANPA

No último Consello Escolar demos unha agarimosa despedida a Luis Manuel Brage Varela. Tras doce anos á fronte das Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as , primeiro no colexio de Franza e os últimos sete cursos na ANPA do instituto, demostrou que se pode pode servir ao ensino público desde todos os sectores, e o da representación das familias é dos imprescindibles. Salientamos del o grande espírito de colaboración, crítica construtiva e boas doses de sentido de humor. Grazas, Manolo!!!

Entrega do equipamento E-dixgal (1.º e 2º. ESO)

Información sobre a xestión do equipamento E-dixgal

ALUMNADO SEN OBRIGA DE ENTREGA

  • Alumnado de 1.º ESO que aproba todo en xuño e promociona o vindeiro curso para 2.º ESO. Neste caso poderán dispoñer do equipo durante o período estival, facéndose cargo de todos os elementos e incorporándose ao próximo curso co material limpo e en perfectas condicións.
    As familias que o desexen tamén poden depositar o equipo no centro ata o comezo do curso 2018-2019, pero deberán asinar o documento de devolución (ANEXO)
  • Alumnado de 1.º e 2.º ESO con materias pendentes para a convocatoria de setembro.

 

ALUMNADO CON OBRIGA DE ENTREGA EN XUÑO

  • Alumnado que non vaia cursar estudos no centro o vindeiro curso e non teña que examinarse en setembro.O
  • Alumnado de 2.º ESO que aproba todas as materias E-Dixgal.

Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro durante a semana do 25 ao 30 de xuño e asinar o documento de entrega:
    ANEXO: Devolución material E-Dixgal

 

 ALUMNADO CON OBRIGA DE ENTREGA EN SETEMBRO

  • Alumnado que pasa para 3.º ESO e acode á convocatoria de setembro.

Deberán entregar o equipo (limpo e co seu correspondente maletín, cargador e punteiro) no centro antes do 7 de setembro e asinar o documento de entrega.

 

VII Premio Estudo e Deporte

 

 Neste grupo de caras sorrintes e contaxiosa alegría queremos representar o mellor do curso 2017-2018 que hoxe despedimos, como desde hai xa sete edicións, coa entrega dos Premios Estudo e Deporte. Son unha magnífica representación de todos os niveis educativos do instituto e dos 36 clubs deportivos ou asociacións nos que o noso alumnado practica algún tipo de actividade física. De todos eles estamos moi orgullosos e recoñecemos o seu esforzo e talento.

No acto acompañáronos, por unha banda os representantes o equipo feminino de balonceso Star Center Uni Ferrol: a capitá do equipo, Patricia Cabrera, e o entrenador da magnífica temporada pasada, Lino López. Coas súas palabras e bágoas de emoción, Patri pedíalle ás rapazas que loitaran pola igualdade no deporte e aos rapaces que as apoiasen! Toda unha lección dos sentimentos e valores do deporte.

Tamén contamos coa presenza de Maca Cabaleiro, toda unha pioneira na promoción do deporte feminino e primeira muller que saíu de España para xogar ao balonceso. Contounos os inicios do baloncesto feminino na comarca en Mugardos e as dificultades que deberon superar.

    .    

 

Parabéns a todos/as os participantes!!!

Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.

Edusolidariedade á mugardesa (25 de maio, 2018)

Ata a chuvia respectou na mañá de onte a xornada de convivencia e solidariedade do alumnado e profesorado do CEIP Unión Mugardesa, CPR Loyola e IES de Mugardos. Convivencia porque reuniu nunha mesma actividade a preto de 500 escolares, de 3 a 18 anos, de infantil a bacharelato. Solidaria porque entre todos recadamos 1.683,30 euros que a ONG "Nico contra el cáncer infantil" destinará directamente á investigación e mellora dos tratamentos.

A principal actividade consistiu na realización das carreiras, desde os cen metros ata os 1.900 metros. En todas elas os participantes amosaron un grande espírito deportivo e participativo. Grnades doses de esforzo, sorrisos e aplausos para demostrarnos que somos unha comunidade educativa viva e vibrante. Xuntos somos mellores.

Ademais dos centros educativos, na organización participou o Concello de Mugardos e contou coa axuda de varias empresas patrocinadoras e a colaboración do animador Dani Ríos . Agradecemos especialmente a participación das ANPAS, o servizo municipal de deportes, monitores de xogos populares e club Móvete de danza.

Agora, coas pilas cargadas, imos polo fin deste curso 2017-2019. Vémonos o 21 de xuño nunha nova edición dos premios Estudo e Deporte.

 

TES TALENTO. Festival das Letras Galegas, 2018

 

O alumnado amosou o seus talentos no festival que se organizou para conmemorar o Día das Letras Galegas. Sobre o escenario do salón de actos desfilaron ata quince actuacións de música, danza e monólogos. O xurado elixiu seis finalistas que foron sometidas á votación do público.  No védeo podes comprabar o grande talento despregado por todos os participantes. Máis infomación en Lecturamos, blogue da Biblioteca escolar.

 

Listaxe definitiva de admitidos. Curso 2018-2019

Non se inclúen as reservas de praza admitidas e as permanencias.

Distribuir contido


by Dr. Radut