Skip to Content

Concurso de repostería. Sobremesas de Entroido

BASES DO CONCURSO
Sobremesas de Entroido
 A participación ha de ser por clases. 
Elaboraranse sobremesas típicas de entroido. 
 Deben colocarse nun soporte (bandexa, cesta, caixa…), adornado con motivos propios destas festas.  
 Incluirase tamén a receita dunha das sobremesas a ordenador, redactada en galego e noutra linguas, a escoller: francés, inglés, italiano, catalán, éuscaro ou  portugués. E unha fotografía que recolla o momento da elaboración. Tanto a fotografía como a receita irán dentro dunha funda de plástico. 
 Hai que presentalas o venres 17 de febreiro no segundo recreo, nas mesas instaladas diante da cafetería. 
 Un xurado composto de alumnos e membros do Equipo de Dinamización Lingüística xulgaraas. 
 
—Valorarase a calidade das sobremesas, a presentación das receitas e a orixinalidade da decoración. 
 O premio consistirá nun vale para unha consumición gratuíta (bocata e bebida) para o grupo gañador, o venres 24 de marzo na cafetería do centro. —
Cada grupo poderá degustar as sobremesa que elaborou para o concurso na última hora de clase.

Día de San Valentín

Día de San Valentín 

Cartas de amor en galego

1.  Cada alumno só pode enviar unha carta.
2.  Debe ir en sobre pechado, indicando por fóra o destinatario.
3. Encargarase de recollelas o delegado de cada clase apuntando quen a envía e a quen vai dirixida. Logo introduciraas, o martes 14 de febreiro, na caixa de correoinstalada diante da cafetería. 
 4. Repartiranse despois do 2º recreo.
 Equipo de Dinamización Lingüística. 2012.

Vía Deportiva. Didáctica para pais

Educación en valores a través do baloncesto

Charla-coloquio dirigida a pais e técnicos impartida por FERNANDO ROMAY e JOSÉ MANUEL BEIRÁN

 

  • DÍA: Venres, 17 de febreiro
  • HORA: De 20:00 a 21:30 horas
  • LUGAR: Santiago de Compostela. No Hotel NH Obradoiro

Confirmación de asistencia en didacticaparapadres@feb.es

Máis información en
www.fundacion-feg.org 

5ª sesión do Programa de Mellora

   O pasado luns irromperon no Programa de Mellora as linguas nai do galego e do castelán: o latín e o grego. "A maioría das palabras que pronunciamos proceden do latín -todas as de esta frase, por exemplo-"  isto pode lerse no material de traballo preparado para a ocasión polos dous ponentes, Rafael Lago e Begoña Allegue, dous  entusiastas expertos nestas linguas... mortas? 

 "Sabemos latín y no lo sabemos. Jugando con las aladas palabras"

FOTOS

PCPI+ Ciclos Formativos

Presentación resumida da nova normativa dos PCPI e, a partir da páxina 14, información sobre os Ciclos Formativos de Formación Profesional.

DESCARGAR AQUÍ

Homenaxe a Amada García

A Asociación Memoria Histórica Democrática organiza este venres unha homenaxe á figura da mugardesa Amada García en lembraza de todas as mulleres represaliadas durante a Guerra Civil. O acto terá lugar no Castelo de San Filipe, o 27 de xaneiro, ás 17:00 horas.

Máis información

Curso de mediación

Esta semana comeza o curso "Xestión e mediación de conflitos, dende a perspectiva de xénero". Desenvolverase en seis sesións, ao longo dos próximos venres, no Centro Cívico Municipal. 

DATAS: Venres, 20 e 27 de xaneiro
         Venres, 3, 10, 17 e 24 de febreiro

HORARIO: 16:30-18:30 horas

LUGAR: Centro Cívico Municipal de Mugardos.

Máis información, no Departamento de Orientación.

XXIV OPEN MATEMÁTICO

Xa comezou unha nova edición do Torneo aberto de resolución de problemas, coñecido popularmente como OPEN MATEMÁTICO. Este curso está dedicado aos labirintos.

As copias dos catro primeiros problemas, xa están dispoñibles no centro. Se tes dúbidas, pregunta no Departamento de Matemáticas. O prazo de entrega para esta primeira xornada remata o  23 de xaneiro. Lembra que tamén hai premio para a "beleza" na resolución dos problemas.

Animamos a toda a comunidade educatica a participar.

 Bases-24-Open

Fotos do Festival de Nadal "Cantigueando"

 

  

+ Fotos 

 

Currículo 4º ESO

4º ESO 

No impreso da matrícula deben facerse constar as seguintes opcións: 

***Cultura Clásica e Taller de Inciciativas Empresariais, só cando xa se cursou en 3º ESO  

MATERIAS Horas
semanais
  • Matemáticas A
  • Matemáticas B 
 3
Lingua Galega e Lit.  3
Lingua Castelá e Lit.  3
Inglés  3
Ciencias Sociais  3
Educación Física  2
OPTATIVAS
  • Tecnoloxías
  • Latín 
 3
  • Física e Química
  • Música
 3
  • Bioloxía
  • Educación Plástica 
2
  • 2ª Lingua - Francés
  • Informática
  • Cultura Clásica 
  • Taller de Inic. Emprendedoras 
2
Relixión Católica ou
Alternativa á relixión
2
Titoría 1
 
Distribuir contido


by Dr. Radut