Skip to Content

REUNIÓN COS TITORES: MARTES, 22 DE OUTUBRO

     





 

Visita de Xosé Manuel Ribeira: O comezo das cousas

Está mañá estivo connosco o arteiro e xogueteiro Xosé Manuel Ribeira, creador do obradoiro e museo "O comezo das cousas" que se pode visitar na vila das Pontes. Na aula de Tecnoloxía ensinounos o funcionamento dos motores stirling e outras das súas "argalladas" sempre partindo dalgún enxeño tecnolóxico ou principio científico. Deseguro que os membros do Club de Ciencias disfrutaron co entusiasmo e paixón deste home. Estamos todos invitados a visitar o seu curioso obradoiro ou acceder á páxina d´O comezo das cousas.

 

   

 Motor Stirling

 

Candidatura do alumnado

Candidaturas das familias

Candidatura do profesorado

Welcome, Jenai

Entrevista coa auxiliar de conversa, Jenai Campbell, que este curso presta os seus servizos de xeito compartido entre o CEIP Unión Mugardesa e o instituto. 

AVISO: Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 9 de novembro

   

  Estimadas familias:

A partir das 12:00 horas de mañá venres, día 9, hai declarada na costa noroeste da Coruña unha alerta de nivel LARANXA por refachos de vento. Pregamos que informen aos seus fillos e fillas da existencia da alerta e lles pidan que permanezan no exterior o menor tempo posible. Así mesmo, deben tomar precaucións no momento de abandonar o centro ao final da xornada.

No centro educativo tamén adoptaremos medidas para minimizar o risco. En canto ás actividades no exterior, non temos ningunha viaxe ou saída programada para o día de mañá.

 

 

 

 

Eleccións ao Consello Escolar (segunda circular)

O censo electoral dos diferentes sectores da comunidade educativa están expostos no taboleiro de entrada do instituto. O prazo de reclamacións e subsanacións de erros abrangue ata o 12 de novembro.

Samaín, 2018

 

Distribuir contido


by Dr. Radut