Skip to Content

Homenaxe a Amada García

A Asociación Memoria Histórica Democrática organiza este venres unha homenaxe á figura da mugardesa Amada García en lembraza de todas as mulleres represaliadas durante a Guerra Civil. O acto terá lugar no Castelo de San Filipe, o 27 de xaneiro, ás 17:00 horas.

Máis información

Curso de mediación

Esta semana comeza o curso "Xestión e mediación de conflitos, dende a perspectiva de xénero". Desenvolverase en seis sesións, ao longo dos próximos venres, no Centro Cívico Municipal. 

DATAS: Venres, 20 e 27 de xaneiro
         Venres, 3, 10, 17 e 24 de febreiro

HORARIO: 16:30-18:30 horas

LUGAR: Centro Cívico Municipal de Mugardos.

Máis información, no Departamento de Orientación.

XXIV OPEN MATEMÁTICO

Xa comezou unha nova edición do Torneo aberto de resolución de problemas, coñecido popularmente como OPEN MATEMÁTICO. Este curso está dedicado aos labirintos.

As copias dos catro primeiros problemas, xa están dispoñibles no centro. Se tes dúbidas, pregunta no Departamento de Matemáticas. O prazo de entrega para esta primeira xornada remata o  23 de xaneiro. Lembra que tamén hai premio para a "beleza" na resolución dos problemas.

Animamos a toda a comunidade educatica a participar.

 Bases-24-Open

Fotos do Festival de Nadal "Cantigueando"

 

  

+ Fotos 

 

Currículo 4º ESO

4º ESO 

No impreso da matrícula deben facerse constar as seguintes opcións: 

***Cultura Clásica e Taller de Inciciativas Empresariais, só cando xa se cursou en 3º ESO  

MATERIAS Horas
semanais
  • Matemáticas A
  • Matemáticas B 
 3
Lingua Galega e Lit.  3
Lingua Castelá e Lit.  3
Inglés  3
Ciencias Sociais  3
Educación Física  2
OPTATIVAS
  • Tecnoloxías
  • Latín 
 3
  • Física e Química
  • Música
 3
  • Bioloxía
  • Educación Plástica 
2
  • 2ª Lingua - Francés
  • Informática
  • Cultura Clásica 
  • Taller de Inic. Emprendedoras 
2
Relixión Católica ou
Alternativa á relixión
2
Titoría 1
 

Biblioboletín de Nadal: "Abrapalabra" (nº2)

Trigonometría en vivo

   A clase de matemáticas de 1º BAC B o xoves 1 de decembro foi unha clase distinta. Houbo cálculos trigonométricos en vivo. Cos fráxiles medidores de ángulos creados para a ocasión e loitando contra o vento, ao final os papaces e rapazas  foron capaces de calcular a pendente da Rúa Alta no seu tramo final, a altura da Igrexa de San Xulián e mesmo canto mide a Cruz coa que culmina a igrexa. Os traballos teñen moita calidade, aquí podedes ver un que se entregou en formato dixital.  Agora teñen outro reto a elixir: a distancia entre Punta Ratón e o Muelle, canto mide a palmera de Mugardos ou en Ares a distancia entre Rampares e o porto. Seguro que fan moi bos traballos.

CANTIGUEANDO POLO NADAL

 

CANTIGUEANDO POLO NADAL. CONCURSO DE CANCIÓNS POPULARES E PANXOLIÑAS

Animádevos a participar!

 

Bases do concurso:

Participarase por grupos. Cada aula debe escoller unha canción popular ou unha panxoliña en galego. Se non coñecedes ningunha, no arquivo que se achega podedes ver unha pequena selección de cancións. As panxoliñas podedes buscalas en internet nos seguintes enlaces: http://www.mundogaliza.com/todomusica/index.php/2008/10/23/panxolinas-en-youtube/ e http://vello.vieiros.com/nadal2001/panxolinhas.html 

Debe participar toda a clase.

A elección da canción ou panxoliña, unha vez realizada na clase,  comunicarase ó Equipo de Dinamización Lingüística, a través do delegado, nunha reunión que terá lugar o venres 9 de decembro durante o primeiro recreo no salón de actos.

Cada canción das propostas leva un enlace para poder escoitalas, por se non coñecedes a música, pero poden interpretarse dese xeito ou facer unha versión, por exemplo rapeada.

O concurso terá lugar no salón de actos, o día 21 de decembro ó final da mañá.

A aula que non participe deberá asistir á clase da materia correspondente.

Equipo de Dinamización Lingüística

Versión cañera da Revolución Industrial

Lynyrd Skynyrd, Herdeiros, CCR, Rage against the machine entre outros explicando o nacemento e evolución da máquina de vapor. Moi motivador,  nótase que o pasaron ben e non se esqueceron de empregar contidos de nivel. é sinalable o uso de texto, música, retratos,video, presentacións individuais e en parella semi-dialogadas.

 

É un pouco difícil, pese á preocupación didáctica (explicación da máquina en si) e algunha toma non é falsa (creo eu)

3'14"

Distribuir contido


by Dr. Radut