Skip to Content

In memoriam Alberto Cintio

   Este martes recibimos a triste nova do falecemento de don Alberto Cintio. Grazas á sabedoría e xenerosidade deste sacerdote italiano, matemático e grande experto en astronomía, debemos o reloxio de sol da fachada oriental do noso instituto e, asemade, outros nas igrexas de Mugardos e Ares. 
   Na súa lembraza deixamos aquí as imaxes das varias visitas con que nos honrou. Padre Cintio, requiescat in pace. 

Preme na imaxe para avanzar

O Club do Mar busca nome para a nova traíña

O Club do Mar de Mugardos convoca o seguinte concurso para atopar un nome co que bautizar a nova traíña.


  BASES
  • Buscamos un nome que sexa apropiado ó deporte do remo, ó mar, a Mugardos, a Galiza,......
  • A imaxinación debes poñela ti e facer a túa proposta.
  • Poderá participar calquera persoa, sen límite de idade. Só poderase facer unha proposto por persoa.
  • Prazo e lugar de presentación: Do 19 ó 30 de marzo ambos incluídos; no Club do Mar de Mugardos, ou ben enviando un correo electrónico ó enderezo clubdomarmugardos@hotmail.com nesas datas. É necesario incluír o nome e apelidos do aut@r así como un teléfono de contacto.  ( Os envíos presentados fóra de prazo quedarán automaticamente excluídos do concurso).
  • Premio: Un equipo reprodutor de DVD portátil con pantalla xiratoria.
  • No caso que resulte gañadora unha proposta con varios autores, sortearase o premio entre todos eles.
  • Membros do xurado e fallo dos concursos: O xurado estará composto polo Presidente do Club do Mar, dous Directivos da Sociedade, o adestrador da traíña e un remeiro.
  • O gañador do concurso darase a coñecer publicamente o  31 de marzo e recibirá o seu premio nun evento celebrado posteriormente no que se presentará oficialmente a traíña e a tripulación da mesma.
  • A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.
  • http://www.clubdomarmugardos.com/

     


    Exposición sobre os irmáns Suárez Picallo

    Ata o día 11 de abril, no local de mariores de Mugardos, pode visitarse esta exposición dedicada á figura destacada do galeguismo Ramón Suárez Picallo, deputado nas Cortes da República, impulsor do Estatuto de Autonomía, xornalista e reputado orador xunto co seu irmán Antón,  represaliado e asasinado en 1936. 
    (Máis información; http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/)

    NA PROCURA DO RECTÁNGULO MÁIS FERMOSO

    Existen rectángulos famosos, moi famosos. Algún deles é considerado o mellor proporcionado e, polo tanto, o máis fermoso, por artistas e sabios dende a antigüidade. Están presentes ao noso arredor pero ás veces non reparamos neles.

    Un proxecto de investigación que levan a cabo catro rapaces de 2º de ESO pretende coñecer cal é o rectángulo que resulta ser o elixido entre a poboación de Mugardos pola súa beleza. 

    Pedimos que vos unades a esta investigación facéndonos chegar a vosa preferencia, para iso dicídenos cal é o elixido por vós e ademais engadide o voso sexo e a primeira cifra da vosa idade.

    GRAZAS. Ah!, non importa se non sodes de Mugardos.

    EXPOSICIÓN DE JOB SÁNCHEZ EN FERROL

    No IES Mugardos estudou o bacharelato un artista, JOB SÁNCHEZ.  Agora pódese ver unha exposición súa na Galería Sargadelos, de Ferrol, e as críticas son estupendas como se pode ver no documento adxunto. A xenerosidade de Job permítenos gozar no noso centro con unha das súas obras que nola deixou para o proxecto Isto faino un neno (Como entender a arte contemporánea) de hai xa tres cursos. Noraboa, Job!!

    Programa de Mellora: Obradoiro de Física

    Enorme aceptación tivo a actividade desta semana: Obradoiro de Física levado a cabo por  Carmen Bernabeu, Pilar Lorenzo e Teresa Rodríguez, as tres profesoras de Física e Química do IES Mugardos. Presión, densidade, magnetismo. Sen dúbida unha magnífica sesión.

    gif animation maker

    Entrega do premio do I Concurso de Banda Deseñada

       No segundo recreo de hoxe, 12 de marzo, entregouse o premio do I Concurso de Banda Deseñada convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e mais a Biblioteca. O galardón recaeu no traballo Antía e o gato máxico, presentado baixo o psedónimo de Violeta. Unha vez aberto o sobre resultou ser da autoría de Natalia Fernández, alumna de 2º BAC.

       O xurado valorou positivamente a correcto manexo dos recursos narrativos propios do cómic (planos, globos, metáforas visuais, onomatopeas) así coma a execución do debuxo e precisión dos detalles. 

    Preme na ilustración
    para ler o cómic

    Distribuir contido


    by Dr. Radut