Skip to Content

O galego darache de comer

A cafetería promociona o uso do galego.
Fala con Sindo.
Gaña o teu pincho.

Métete no xardín

Participa no concurso de pistas.
Todos os días unha pregunta.

APÚNTATE NA BIBLIOTECA. 

Maio no xardín do instituto
 

 Maio na biblioteca

Campus Científicos de Verán

Para o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato. Se buscas un verán alternativo, se desexas contactar co labor investigador, se queres convivir con estudantes de todo o territorio español nun ambiente universitario, ata o 16 de maio podes solicitar a inscrición nalgún dos Campus Científicos de Verán. Existen ata 1800 prazas para algún dos proxectos deseñados en varias universidades españolas. Os máis cercanos son o Campus Vida da Univ. de Santiago de Compostela e o Campus do Mar da Univ. de Vigo.

Consulta os requisitos académicos e condicións xerais na páxina http://www.campuscientificos.es/ ou directamente na convocatoria oficial do BOE

Punto de recollida de alimentos non perecedeiros

Durante este mes de maio permanecerá instalado no corredor do instituto un punto de recollida de alimentos non perecedeiros para colaborar coa campaña de Cáritas. Todas as doazóns serán destinadas ás familias en emerxencia social do concello de Mugardos.

Agradecemento polo resultado do III Rastro Solidario

O IES de Mugardos quere facer público o seu agradecento a todas as persoas que dun ou doutro xeito colaboraron no III Rastro Solidario.  Ás familias que doaron materiais, ao alumnado que atendeu o comercio, ao profesorado e persoal non docente e, en xeral a todos os veciños de Mugardos que se sumaron á iniciativa coas súas visitas, doazóns, compras e palabras de ánimo, moitas grazas! En especial, agradecemos ao Concello a cesión desinterada do local da Palmeira onde esperamos repetir a experiencia o vindeiro ano. 

Sen a participación de todos non sería posible acadar o éxito que tivo a edición deste ano que supón a súa consolidación na programación do centro grazas ao impulso e boa organización de Leticia. Consideramos plenamente cumpridos os obxectivos educativos e satisfeitos polo resultado económico. Nos catro días que estivo aberto o rastro, triplicouse a cantidade do ano pasado. Recadáronse 1092 euros que xa foron enviados integramente á construción da escola en Oldonyo Sambu (Tanzania). 

gif generatorFotos na Galería

Campioas nacionais de bateis

Foto: Diario de FerrolO equipo xuvenil feminino de Ares que vén de gañar Campionato de España de bateis celebrado esta fin de semana en Moaña. A tripulación, entre a que figuran as alumnas do instituto Nicole Maroño e Sheila Fernández, pechan deste xeito unha excelente tempada chea de éxitos. Parabéns!!!

FOTO: Diario de Ferrol

TRES SESIÓNS DO PROGRAMA DE MELLORA

Estas foron as tres últimas sesións do Programa de Mellora:

Este muerto está muy vivo” a cargo de Rafael Lago, profesor de Latín e Begoña Allegue, profesora de Grego quenes achegaron aos rapaces moitas aventuras dos héroes mitolóxicos da cultura clásica. Os alumnos descubriron con sorpresa a orixe de moitos nomes que están presentes no seu arredor.

 

  "Qué comemos 2” impartida por Edmundo López, profesor de Bioloxía e Ofelia Lubián profesora de Filosofía. Unha sesión no laboratorio de Bioloxía que tiña como obxectivo descubrir aditivos en alimentos.

 

"Lectura expresiva", a sesión ideal a celebrar o día do libro. Mª Amada Pernas, profesora de Lingua Castelá, e Begoña Allegue, profesora de Grego e excelente lectora de textos prepararon unha sesión na que mostraron como coa voz e coa axuda de xestos pode transmitirse toda a expresividade dun texto, on so o contido senón tamén as emocións e intencións.

Distribuir contido


by Dr. Radut