Skip to Content

Estalmat no Telexornal

Vinte e cinco adolescentes con interese polas matemáticas inician o proxecto Estalmat.

Escolas culturais e deportivas

O Concello de Mugardos convoca as Escolas Culturais e Deportivas para o curso 2012-2013.

Información e inscricións: Departamento de Cultura e Deporte - Oficina municipal de Información Xuvenil

Horario: De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Contacto: 981 470 338; ext. 3

Prazo de matricula: Do 12 de setembro ao 10 de outubro, ambos inclusive.

Resultado da enquisa sobre o día festivo do centro

Ver enquisa

A decisión definitiva será tomada no vindeiro claustro.

IX Ciberencontro - Kernel 2012

Kernel 2012 é un evento lúdico tecnolóxico que se celebra en Mugardos dende o ano 2004.Organizado pola Asociación Comunidade O Zulo e Concello de Mugardos pretende ser un punto de encontro para xente de tódalas idades e vilas e gusto os días 21,22 e 23 de setembro de 2012 na Casa da Cultura de Mugardos.

Máis información e inscrición.

XXXI Maratón Popular San Xoán de Piñeiro

Data: Sábado, 8 de setembro de 2012.
Hora: a partir das 18:00 h.
Lugar: Local social – A Teupoeira – San Xoán de Piñeiro (Mugardos).
Distancia: de 250 a 10.300 m
Organiza: S.C.R.D. San Xoán de Piñeiro.
Inscrición:  Ata unha hora antes da proba no local social ou ben chamando ao teléfono 981 460 552 (de 18,00 a 22,00) ou mandando un correo a scrdsanxoan@telefonica.net.

Cómpre indicar os siguientes datos: Nome e apelidos, data de nacemento, lugar de residencia, club (se pertence a algún) e número de ficha da federación (no caso de estar federado).

Ver categorías e premios.

Premio "Obradoiro de vídeo"

Premio "Obradoiro de vídeo"
   Deputación da Coruña

 Entrevista aos autores
May Paguntalán e Emilio M. Varela (1º BAC)
Radio Fene

Premio "Obradoiro de vídeo"

1º Premio
Obradoiro de Vídeo

Deputación da Coruña

   O vídeo titulado "Rebato", realizado por alumnos do noso centro, resultou gañador do concurso organizado pola Deputación da Coruña e a produtora cinematográfica IB Cinema. O traballo foi promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística dentro do Obradoiro de edición de vídeo impartido no instituto o 24 e 25 de abril polo director de cine Xosé Zapata. 
   O acto de entrega do premio celebrarase no teatro Jofre o vindeiro sábado, 21 de xullo, ás 19:30 horas.

  

Fase final do II Concurso Incubadora de Sondaxes en Valladolid

Os días 4 e 5 de xullo desprazouse a Valladolid a expedición do IES Mugados formada polos alumnos de 3º ESO  Blanca Frenández, Verónica González, Pablo Pérez, Sergio Vila e a titora do traballo gañador en Galicia do II Concurso Incubadora de Sondaxes na categoría de ESO, Covadonga Rodríguez-Moldes.

Tratábase de expoñer o traballo: "Un dilema para o consumidor: Cal é o mellor tamaño para mercar ameixas?" que  con outros cinco traballos doutras comunidades optarían ao premio que outorgaba a Sociedade Española de Estatística. A exposición de Blanca e Verónica foi moi boa e o traballo foi extraordinariamente recibido por todos os asistentes. Todo parecía indicar que podería ser o traballo gañador na categoría de ESO. Pero non foi así. O premio otorgouse ao equipo catalán polo traballo "Salida a la luz". 

En bacharelato, o traballo gañador foi o que presentraballo polo equipo de IES Fernando Wirtz de A Coruña liderado polo profesor Enrique Pujales. O excelente traballo titulábase "Existe o cine de autor?".

A expedición do IES Mugardos mostrouse algo decepcionada polo fallo do xurado pero moi feliz pola experiencia vivida.

Estas son tres imaxes,
na primeira Blanca e
Verónica expoñen o
traballo, na segunda
o grupo camiña ao
lado da catedral de
Valladolid e na terceira
os dous equipos
galegos diante
da Facultade de
Ciencias de Valladolid.

 

 

"El deshollinador"

Distribuir contido


by Dr. Radut