Skip to Content

Fin de curso 2012-2013. Actos do 25.º aniversario

A conmemoración do 25.º aniversario do instituto culminou este venres, 21 de xuño, coa organización dun intenso Acto Cultural e a celebración ao día seguinte, dun xantar de convivencia. 

Imaxes na Galería

ACTO CULTURAL

A primeira parte estivo protagonizada pola interpretación musical e a proxección de diferentes traballos audiovisuais realizados polo alumnado. Comezamos cun repaso ás actividades do Equipo de Dinamización Lingüística. Puidemos desfrutar das voces de Iria (4.º ESO), Javier (3.º ESO) e o coro de alumnas de francés (4.º ESO); a lectura dun relato de Pablo Rañales (2.º ESO) e o o pase dos catro vídeos producidos por 1.º Bacharelato na materia de música para o Proxecto Salvavidas sobre doazón de órganos. Tamén asistios á estrea da curtametraxe gravada por 1.º ESO para a Rede Galega de Centros Solidarios. 

2.º PREMIO "ESTUDO E DEPORTE"

Á entrega dos premios e mencións honoríficas asistiu o Xefe territorial de Deportes, Roberto García, e varios representantes dos clubs e asociacións deportivas da comarca. Deste xeito, o Premio Estudo e Deporte entra nunha fase de consolidación para os vindeiros anos.

ACTO INSTITUCIONAL

Coa intervención de todos os representantes da comunidade educativa e autoridades municipais de Ares e Mugardos pechamos o acto cultural. Pasaron polo estrado: Luis Manuel Brage, presidente da ANPA "O Castro"; Javier Maceiras, representate do alumnado no Consello Escolar e Iria Rodríguez, ex alumna e actual encargada da Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa; Juan Carneiro, profesor de Xeografía e Historia; M.ª Josefa Martínez, administrativa do centro; Covadonga Rodríguez-Moldes, directora do IES Mugardos; Julio Iglesias, alcalde de Ares; Manuel Fariña, ex-alcalde de Mugardos; Xosé F. Barcia, alcalde de Mugardos; Indalecio Cabana, Inspector Xefe en representación da Consellería de Educación.

XANTAR 25 ANIVERSARIO

O sábado, 22 de xuño, celebrouse o xantar de convivencia organizado pola ANPA e a dirección do centro e ao que asisiron máis dun centenar de persoas.

Imaxes na Galería

Educación Secundaria de Adultos (ESA)

Do 1 ao 15 de xuño estará aberto o prazo de solicitude de admisión para cursar a Ensinanza Secundaria para persoas adultas (ESA). Deberán entregar na secretaría do centro, en horario de mañá (9:00-14:00 horas) e martes tamén pola tarde (16:20-18:00 horas) o impreso oficial de solicitude acompañado dunha fotocopia do DNI e o Libro de Escolaridade ou historial académico de ensinazas cursadas.

Para máis información sobre os módulos e réxime de estudos, preme na imaxe ou descarga o triptico nos documentos adxuntos.

 

 

Premios Novos Talentos de Relato Curto

+ Imaxes na Galería

O alumnado de 2.º ESO participou con éxito nos concursos literarios convocados por Coca-Cola en galego e en castelán. En ambas as linguas resultamos ben clasificados. En castelán, dous alumnos do centro figuraron entre premiados da zona de Ferrol. 

  • 53.º  Premio Nuevos Talentos de Relato Corto

Pablo J. Rañales (1.º- Ferrol) e Alberto Pérez (6.º-Ferrol)

  • 5.º Premio Novos Talentos de Relato Curto

Pablo J. Rañales (1º-Ferrol)

Rota ciclista escolar

Un ano máis, este venres realizouse a Rota Ciclista Escolar promovida polo Concello. Tres horas de percorrido polos camiños de Mugardos. Aquí está unha boa parte dos nosos representantes no quilómetro cero.

Actividades dos Clubs de Lectura

A semana pasada, os Clubs de Lectura da ESO realizaron dúas actividades. 

O luns, no Club de Lectura de 1.º e 2.º ESO, descubrimos que desde Ares estanse a deseñar moitas das portadas actuais dos libros da colección Fóra de Xogo (editorial Xerais). Ou traballos gráficos para grupos de rock en Noruega e Inglaterra. Todo da man e sensibilidade artística de Antonio SeijasContounos algúns segredos do seu traballo como a importancia da comprensión lectora para poder ilustrar; e deixounos algunhas dedicatorias baseadas na novela Cartas de Inverno que el adaptou magnificamente en banda deseñada. Grazas, Antonio.

O martes, xunto cun grupo do IES Fraga do Eume (Pontedeume), o Club de Lectura de 3.º e 4º ESO visitou o Museo Provincial de Lugo onde realizou unha interesante actividade de busca de información polas salas do museo. Logo realizamos compras na Libraría Trama.

Fotos na Galería

Entrega dos premios do Campionato de Polinomios e outros

Coa colaboración da ANPA, o departamento de Matemáticas entregou a semana pasada todos os premios dos concursos  que promocionan. A cantidade de diplomas testemuñan o éxito de participación que acadou nesta edición o Concurso de Polinomios ou o Open matemático. 

Imaxes na Galería

Distribuir contido


by Dr. Radut