Skip to Content

OLIMPIADA MATEMÁTICA DE BACHARELATO

Este venres, 18 de xaneiro, foi un día moi intenso con dúas sesións de tres horas ante seis complicados problemas da Olimpiada Matemática de Galicia. A xornada completouse coa visita á Facultade de Dereito da man do profesor de Dereito Civil, Julio Iglesias,  con xantar no comedor universitario da Facultade de Matemáticas. Tamén houbo visita ao casco histórico de Santiago e á Biblioteca da Facultade de Historia e rematou a xornada nunha emocionante entrega de premios na Facultade de Matemáticas onde tocou aplaudir aos tres premiados e dez mencións de honra que destacaron entre os 105 estudantes presentados a 55 Olimpiada Matemática.

Thais Barreiro, profesora de Matemáticas, Iago Aneiros, Lara Fonte e Iria Fernández, de 1º de bacharelato

 


Con Julio Iglesias, profesor de Dereito Civil, no seu despacho da Facultade de Dereito de Santiago

Visita ao MC2

 

O pasado martes, primeiro día de clase de volta das vacacións, o alumnado de 1.º e 3.º ESO realizou unha visita aos MC2: museos científicos coruñeses. Comezaron pola Casa das Ciencias cunha proxección no planetario. O segundo foi a Domus coa proxección de minidocumentais científicos e para rematar no acuario Finesterrae. Unha xornada intensa de curiosidade científica e compañerismo.

Sorteo da cesta de Nadal

   

Este é o número premiado no sorteo da ONCE do día 21 de decembro ao que corresponde a cesta de Nadal na rifa pro excursión fin de curso de 4.º ESO. 

A agraciada Pilar Amenedo recolleu a cesta.

 

Campaña de Nadal para o Banco de Alimentos (Cáritas Mugardos)

Un ano máis está en marcha a recollida de alimentos non perecedeiros con destino a Cáritas-Mugardos.
As achegas poden depositarse na mesa situada diante das oficinas do instituto antes do 21 de decembro.
Moitas grazas!

 

 

 

Participación en GaliciaSkills 2018

Por primeira vez o IES de Mugardos partipou no GaliciaSkills, o V campionato galego da Formación Profesional celebrado esta semana en Silleda. O alumnado de FP Básica de Agroxardinaría e composicións florais encargouse da decoración do cocktail preparado polo IES Fragas do Eume trala entrega dos premios. 

Parabéns ao alumnado e aos profesores Mario e Martín por estes dous días de intenso traballo e experiencias formativas na grande cita da Formación Profesional de Galicia.

Máis información en Á Mugardesa Arte Floral

Distribuir contido


by Dr. Radut