Skip to Content

Ciencia na rúa

O pasado sábado o alumnado do club de ciencia de 3.º e 4.º ESO participou no XXIII Día da Ciencia na Rúa que se vén celebrando anualmente no parque de Santa Margarida na cidade da Coruña. Presentaron varios experimentos e actividades acompañados da profesora Carmen Bernabéu e Diego Calvo. Parabéns a todos!

Maios, 2019

O alumnado de 1.º ESO participou esta mañá na recuperación da Festa dos Maios, impulsada pola asociación cultural Apelón Educación, cos centros educativos do concello. Velaquí o noso maio e as coplas lidas esta mañá no Cantón de Cora. 

Suprime o control: encontro coas familias

O IES de Mugardos vén participando ao longo deste curso no programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero "Suprime o Control".   O obxectivo do programa é ofrecerlle ao alumnado de 3º e 4º da ESO, ás súas familias, e ao profesorado, ferramentas coas que traballar pola construción de identidades igualitarias, facendo unha especial crítica ás violencias machistas na adolescencia e á súa reprodución por medio das redes sociais, os productos audiovisuais, etc.

Dentro deste programa convídase ás familias a unha charla sobre a violencia de xénero e novas tecnoloxías, na que participará o propio persoal educador do programa e a unidade especializada da Garda Civil experta na impartición de actividades educativas sobre prevención da violencia contra as mulleres e novas tecnoloxías.

A finalidade de dita charla é sensibilizar ás familias sobre a dimensión que ten o fenómeno da violencia de xénero en adolescentes e visibilizar as súas consecuencias, así como aportar coñecementos e pautas que contribúan a prestar unha maior atención a esta problemática. Así mesmo, falarase sobre o Programa Socioeducativo que se está impartindo no centro e dos resultados e experiencias obtidas ata o momento.

DATA: Mércores, 8 de maio

HORA: 18:30 horas

LUGAR: Salón de Actos do instituto

DESTINATARIOS: Familiares do alumnado

 

 

Actividades matemáticas

Como en anos anteriores o noso instituto participou na fase local da Olimpíada matemática dirixida ao alumnado de 2º. ESO. O nosos/as representantes realizaron o pasado 25 de abril as probas no IES de Canido de Ferrol.

Ademais, o pasado venres o noso centro acolleu a fase local das probas do Rebumbio matemático dirixido ao alumnado de 6º de primaria. Os representantes de dez colexios da comarca ocuparon a aula de tecnoloxía. Parabéns a todos os participantes.

  

 

Agroxardinaría e composicións florais nas Xornadas de Orientación de Ferrol


Esta mañá celebrouse no Auditorio de Ferrol a Xornada de Orientación Educativa e alí estivo tamén o noso alumnado e profesores do ciclo de FP Básica. Aproveitaron a oportunidade de estar xunta no maior escaparate da oferta educativa da comarca para estrear o hotel de insectos e ensinarlles a todos os visitantes a técnica do kokedama... e, como non, promocionar Agroxardinaria e composicións florais.

Excursión fin de curso a Barcelona (4.º ESO)

Os alumnos e alumnas de 4.º ESO, acompañados das profesoras Naiara e Thais, andan esta semana por Barcelona a desfrutar da excursión de fin de curso. Boa viaxe.

 

Exposición Eu son imprescindible

Ao longo destas semanas está connosco a exposición Eu son imprescindible, elaborada polo CEIP Unión Mugardesa. A través de fotografías achegadas polas familias do alumnado do colexio e citas de variadas figuras feministas, os paneis transmiten con forza que os coidados domésticos e "o agarimo non ten que ver con pertencer a un outro sexo. Os homes tamén son quen de amosar actitudes que tradionalmente sempre foron vencelladas á muller".

Distribuir contido


by Dr. Radut