FAMILIAS - ANPA O Castro
|
>> GUÍAS DE ORIENTACIÓN (despregable)
Presentacións para o curso 2023-2024
|
|
|
|
|
|
Vídeos do curso 2020-2021
VIAXES DE ESTUDOS E FIN DE CURSO
Enviado por admin o Lun, 15/04/2024 - 11:50Spring Week - Inmersión lingüística
14 - 20 de abril
Inglés
O alumnado de 4º de ESO participa no programa de inmersión lingüística "Spring Week" que se está a levar a cabo en Mondariz. Acompaña o titor Andrés Ferreira.
Spring WeeK trátase dunha experiencia lingüística que ten lugar nesta ocasión na localidade de Mondariz. Están desenvolver actividades relacionadas coas enerxías renovables, acción polo clima e sustentabilidade, empregando o inglés como lingua vehicular. Ao final da semana terán que presentar e expoñer en grupos os seus proxectos.
Asemade mellorarán as súas habilidades de traballo en equipo, comunicación na lingua inglesa, e socialización, xa que conviven con nenos e nenas doutros centros educativos de Galicia. Ademais no tempo libre realizan actividades de lecer.
Viaxe de estudos a Bruxelas e cidades belgas
11 - 15 de abril
2LE - Francés
Alumnado de francés acompañados da profesora Ana Sánchez
|
Matemáticas na raia en 3.°ESO
Enviado por admin o Sáb, 13/04/2024 - 20:06Na tarde do xoves, 11 de abril, o alumnado de 3º ESO participou no concurso de resolución de problemas Matemáticas na raia.
Matemáticas na Raia é un concurso de resolución de problemas por equipos que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM).
Paz en Palestina
Enviado por admin o Ven, 12/04/2024 - 19:24No mediodía deste venres, 12 de abril, secundamos o chamamento á solidariedade co pobo palestino. Coa lectura do manifesto, reclamamos o alto o fogo na faixa de Gaza e mais a apertura de entradas para o reparto de axudas humanitarias. PAZ.
#oensinogalegoconpalestina
2º Jornadas Deportivas Fútbol Femenino
Enviado por pcanteroc o Xov, 21/03/2024 - 15:18Maravillosa jornada de fútbol femenino la vivida el miércoles 20 de marzo. Otra vez más, nuestras jugadoras se pusieron la ropa deportiva y acudieron al 2º evento de fútbol femenino de la temporada. En este caso, debido al aumento exponencial en la participación (otros 2 nuevos centros se apuntaron) tuvimos que realizar el torneo en 2 sedes diferentes al no caber todas en el mismo pabellón. Las infantiles, formadas por 2 equipos de hasta 13 jugadoras cada uno, se desplazaron al pabellón de Monfero, mientras que las jugadoras cadetes, formadas por 8 jugadoras, acudieron al pabellón de Irixoa.
El ambiente durante toda la mañana fue inmejorable. Comenzamos animando a nuestras compañeras desde la grada y al final casi acabamos dentro del campo haciendo que los 2 equipos fuesen una gran familia.
En la modalidad infantil alcanzamos el podium con ambos equipos, pudiéndose decir que todas formaron parte del único equipo invicto del campeonato, ya que, estuvieran en la pista jugando o en la banda animando el corazón que le pusieron fue insuperable.
En la modalidad cadete, a pesar de ser las más pequeñas del evento, al ser todas de 3º ESO, y empezar tropezando, conseguimos levantarnos y ganar los últimos partidos del torneo, dejando un ejemplo de superación y unidad excelente.
Próximo objetivo: 3º Torneo de Fútbol Sala Femenino en junio intentando alcanzar el máximo porcentaje de participación de alumnas del IES Mugardos (actualmente cerca del 90% en 1º ESO, 80% 2º ESO y 60% 3º ESO)
Comezo da convocatoria de bolsas MEC 2024-25
Enviado por admin o Lun, 18/03/2024 - 23:13
PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?
Para alumnos/a que no curso 24/25 estean matriculados/as en:
COMO SOLICITALA?.
1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
2. REXÍSTRATE.
3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.
4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:
Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
|
Cinema con perspectiva
Enviado por admin o Dom, 25/02/2024 - 13:48Dentro do programa "Cinema con perspectiva", o alumando de 1.º e 2º. ESO asistiu as últimas horas deste venres á proxección de cinco curtametraxes. A base común de todas elas foi fomentar a reflexión sobre o papel da muller na sociedade. a violencia de xénero e as desigualdades. O debate e posta en común das reflexións foi levada a cabo por María.
Entrevista con Patricia Casal sobre o Castelo da Palma
Enviado por admin o Dom, 25/02/2024 - 02:00
|
Escoita Radio na Biblio Antía Martínez, Eneas Pérez e Íker Fernández (4.º ESO) |
Saída ao CITEEC e ao CIFP Someso
Enviado por fgeiras o Lun, 19/02/2024 - 21:49No día de hoxe, o alumnado de 3ºESO e do Club de Ciencias, na compaña dos profes Miguel Poncela e Fabio González, gozou dunha dobre visita na cidade da Coruña.
Dunha banda, guiadas polos investigadores Gonzalo García-Alén, Luís Pena e Luís Cea, percorremos as instalacións do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil) da UDC, onde puidemos comprobar como se está a modelar con tecnoloxía punta as inundacións e enchentes nos cursos fluviais e nas vilas galegas. Tamén nos mostraron modelos a escala para calibrar o comportamento de presas e outras infraestruturas hidráulicas. Amais, aproveitamos a visita para coñecer a Escola Técnica Superior de Enxeñeiras de Camiños, Canles e Portos, da propia UDC, onde xogamos con estruturas de diferentes tipoloxías.
Doutra banda, o profesor do Departamento de Edificación do CIFP Someso, Juan Bello, amosounos a súa popular "vieira", un edificio senlleiro proxectado seguindo os principios de bioconstrución. Tamén puidemos pasear pola mostra de fornos e cociñas solares, emprazándonos a un futuro obradoiro para aprender máis sobre deste método de cociña sustentable e respectuosa co medio ambiente.
Día Mundial da Radio
Enviado por olga.mcabalar o Mar, 13/02/2024 - 12:56O alumnado de Oratoria de 3º ESO participou na celebración do Día Mundial da Radio, convocada pola plataforma Ponte...nas Ondas! cun podcast sobre o Entroido en Galicia.
O día 13 de febreiro de 2024 coincide neste ano co martes de Entroido, e sendo ésta unha das manifestacións do Patrimonio Cultural Galego-Portugués é unha boa ocasión para encher as ondas de programas co entroido como tema principal.
Festival de entroido
Enviado por olga.mcabalar o Mar, 13/02/2024 - 12:51O 9 de febreiro celebramos unha festa de entroido da man de Martín, Enar, Mario e Laura. Nela participaron todos os cursos da ESO e parte do profesorado. Os gañadores do concurso de disfraces e comparsas foron os alumnos/as de 4º da ESO. Podedes ver as actuacións neste vídeo.
Actividade dos Clubs de lectura na biblioteca
Enviado por montse.arza o Sáb, 10/02/2024 - 12:50
No novo club de lectura de 1° e 2° estamos lendo Territorio descoñecido de Luis Leante, premio Edebé.
No club de lectura de 3° comenzamos a ler O tesouro de Artabria de Juanjo Lada.
Iniciación segura á pegada dixital e as redes sociais
Enviado por admin o Mér, 07/02/2024 - 23:13
Baixo o título de Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais, o alumnado de 2.º ESO asistiu hoxe no Salón de Actos a unha charla enmarcada dentro do programa da Consellería de Educación e mais a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Con esta actividade preténdese reforzar a competencia básica dos estudantes en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais; explícar os conceptos de identidade e pegada dixital, e afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre a rapazada. Tamén se ofrecen ferramentas e se explican recursos aos que poder acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.
CHARLA USC E ABAU
Enviado por orientacion o Xov, 25/01/2024 - 23:17O mércores 24, o alumnado de 2º Bacharelato puido participar no programa A Ponte da USC para poder coñecer a nova etapa universitaria, a oferta da USC e como se desenvolverán as probas da ABAU. Acompañounos Celso, profesor universitario na Facultade de Matemáticas e colaborador do programa. Moitas grazas Celso pola túa explicación!.
Aviso: Lembrade que na aula virtual atoparedes nuns días as presentacións
Conferencia sobre neurociencia de Javier Cudeiro e visita ao MUNCYT
Enviado por ofelia786 o Lun, 22/01/2024 - 14:50O martes 16-1-24 fomos de visita ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía en Coruña tres profesoras dos departamentos de Bioloxía e Filosofía cun grupo de 50 alumnos de Bacharelato de varias optativas. Alí esperábanos o Dr. Javier Cudeiro Mazaira, catedrático de Fisioloxía da UDC e director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia, para darnos unha charla sobre o funcionamento do cerebro. A conferencia foi moi interesante e amena. Puidemos ver en imaxes como lle afecta ao cerebro a privación de estímulos, o estrés, as drogas, a falta de soño... Tamén nos explicou, entre outras cousas, os factores que inflúen na atención, na memoria -como a curva do esquecemento de Ebbinghaus- e os cambios que se producen durante a adolescencia.
Ao acabar a conferencia fomos visitar a exposición temporal Os Labirintos do Cerebro, inspirada na metáfora dos labirintos, que sempre funcionaron como modelos para a investigación e comprensión do funcionamento do noso cerebro.
Por último, a directora do Museo ofreceunos unha visita guiada en dous grupos ao resto de salas do Museo, como a dos inventores españois, na que puidemos ver, entre outras cousas, a maqueta do submarino de Isaac Peral ou a primeira Enciclopedia Mecánica de Ángela Ruiz Robles, antiga mestra en Ferrol.
APRENDIZAXE SERVICIO: FP COLABORA COA AECC EN NADAL
Enviado por orientacion o Sáb, 23/12/2023 - 12:23
Moi felices de que moitos fogares de Mugardos teñan centros florais, arboliños e coroas feitos polo alumnado dos Ciclos Básico e Medio do IES Mugardos. Pero aínda máis felices de contribuír á unha boa causa. A doazón das composicións florais á AECC, e a súa venta no mercado deste xoves, permitiu que se recaudaran 774 euros.
Aprendizaxe e servizo á comunidade. Proxectos de profes moi especiais. Non hai mellor maneira de celebrar o Nadal!.
Contrato Programa Convive.
ACTIVIDADE INTERXENERACIONAL:CALQUERA TEMPO PASADO FOI MELLOR? COMO ERA A VIDA DAS MULLERES HAI DÉCADAS
Enviado por orientacion o Mér, 20/12/2023 - 01:22
Hoxe e onte, Gabriela, Loli, Herminia, Jacinto e Juan, da Asociación Apelón, chegáronse ao centro para falar de igualdade, e descubrirnos se é certo o dito de que todo tempo pasado foi mellor.
En principio descubrimos que ir á escola era unha experiencia realmente diferente a que é hoxe. Antes, chegar á escola era todo un reto, camiñar 2 kms por lameiros ou ir en barco e non ter como voltar eran realidades frecuentes. A calefacción era un luxo e un privilexio que se gozaba pouco ou nada. As aulas estaban formadas por rapazada de diferentes idades que aprendían xuntos. Nenos e nenas estaban separados, ou ben había escolas de nenos e nenas, ou había aulas de nenos e nenas. Faciase realidade o dito de "a letra con sangue entra", que permitía que as regras de madeira aterrizaran nas mans ou nos cús dos rapaces e rapazas.
Hoxe educamos en igualdade pero antes as aulas educaban para facer sentir a diferencia entre xéneros. As nenas estudaban para as actividades domésticas, e os nenos estudaban para ser profesionais remunerados. Ás rapazas na escola tiñan "materias" de costura, do fogar. Os rapaces, non.
Fóra das aulas non adoitaba haber pandillas mixtas, e en todo caso, se ían xuntos rapaces e rapazas, o que era inadmisible é que un rapaz e unha rapaza estiveran xuntos a soas. Non había redes sociais telemáticas, pero si redes sociais presenciais que se encargaban de facer chegar a información e xulgar á rapaza. A mala reputación sempre era para elas.
As mulleres nos 60 e 70, cando a dictadura, non podían facer unha chea de cousas ou alomenos sen que un home dera o visto bo: contratar a luz, ter unha nómina, saír coas amigas. Non había divorcio, a lei non recoñecería este dereito ata a década dos oitenta. Cando casabas, casabas ata que a morte separaba, polo que se a vida non era boa co teu home, a vida convertiase nunha mala experiencia sen data de caducidade. Non era so que non houbese opción ao divorcio, é que non ter un traballo remunerado, e uns estudos que facilitaran o emprego, impedían ás mulleres saír desta situación.
Cousa curiosa foi que nas décadas anteriores, na época da República, as mulleres gozaban de maiores libertades. Unha muller podía entrar nun bar sen ser xulgada, podía divorciarse. Vai ser que na nosa historia recente houbo tempos pasados mellores que os que viñeron despois.
Aprendimos que antes as mulleres eran as que vestían de luto, medio luto e alivio. E mesmo se vestían en promesa a un santo durante un ano coa mesma roupa. Ensinar o corpo...pouco o nada, o tempo dos biquinis chegaría máis tarde. Do corpo, da nosa bioloxía non se ensinaba nadiña, non se falaba da regra (á que se nomeaba en clave porque era tabú) nin do sexo, aprendíase coa experiencia propia e a dos demáis.
Os nosos maiores, recoñecen que ser neno naquel entón era unha experiencia moi diferente á de hoxe. Os nenos e nenas traballaban moito. As condicións de vida eran duras, non había nin as comodidades de hoxe nin os servizos de protección ás persoas vulnerables. Loli nos contaba como con sete anos quedou soiña na casa cando detiveron á familia coa que convivía. Imaxinade a situación!
As mulleres tiñan máis fillos que hoxe en día, non era raro ter 18 criaturas. Sobrevivir e manterse era compricado, e ás veces incluso comer da estercoleira era a opción de encher algo o estómago. Ter moitos fillos implicaba moito traballo para as mulleres, este traballo xunto co traballo na casa, no campo, na granxa, deixaba sen horas de descanso ás mulleres. Eles logo do traballo tiñan o seu tempo, elas sempre traballaban, cansadas e casadas, pola mañá, pola tarde, pola noite.
Jacinto e Juan nos recordan como houbo que loitar polos dereitos que desfrutamos hoxe. Dereito ao divorcio, dereito ao aborto, dereito a manifestarse, dereito á igualdade. Lles debemos moito aos/ás nosos/as maiores. Nada do que temos hoxe foi gratis. Defenderon as nosas libertades e os nosos dereitos. Que grandes!
Canto aprendimos hoxe, cantas cousas vellas que resultaron tan novas, que sorpresa descubrir como era a vida das mulleres, dos nenos, dos homes, hai varias décadas. Que sorte poder escoitar a historia recente contada polas nosas maiores. Grazas Apelón, sodes un tesouro ben grande!
CONFERENCIA NA UDC PARA O ALUMNADO DE CIENCIAS DE 2ºBAC
Enviado por guillin o Lun, 11/12/2023 - 18:10Esta mañá puidemos levar ao alumnado que cursa Física ou Química de 2ºBAC á Facultade de ciencias da Universidade de A Coruña. A idea era asistir a unha conferencia de Javier García Martínez. Seguramente non o coñezades, pero resulta que é o primeiro hispano falante (xa non só español) que preside a institución máis importante de Química no mundo, a IUPAC (International and Unique, advancing Pure and Applied Chemistry).
Un auténtico privilexio ao que acudíamos coa mosca detrás da orella por se a cousa acabase no típico "peñazo" de conferencia na que se emprega unha linguaxe fóra de lugar que descoloca ao alumnado e lle fai perder o interese...e non sei se é porque Javier preside unha organización na que a linguaxe é o eixo arredor do cal xira todo, ou se é polas súas habilidades innatas...pero temos que dicir que foi unha marabilla. Poucas veces se di tanto e tan ben. Grazas Javier por comunicar, por provocar a reflexión, por convidar ao diálogo, por amosar un punto de vista moi práctico e real do mundo da química, do pasado, do presente e do futuro. Se a isto lle engadimos que por encima é unha persoa moi humilde e próxima, pois qué máis se pode pedir. Ata nos asinou unha táboa periódica personalizada para o instituto...
O dito, un privilexio asistir esta mañá a un evento tan significativo. De paso o alumnado coñeceu un pouco as intalacións dunha facultade que para algún/algunha ata pode converterse na súa propia os próximos 4 anos ;-)
Aquí vos deixo un recordo visual...
Finalistas do tórneo de bádminton
Enviado por pcanteroc o Xov, 07/12/2023 - 12:47O martes disputouse no pavillón a final do primeiro torneo de bádminton deste curso. Os flamantes finalistas foron Iago (3.º ESO) e Gabriel (4. º ESO), que resultou gañador. Exerceu de árbitro Diego (2.º ESO).
Parabéns a todos os participantes no torneo. O departamento de Educación Física prevé un segundo torneo para o vindeiro ano.
Entrevista a Mabel Lozano
Enviado por admin o Sáb, 25/11/2023 - 23:41
Entrevista con
|
|
Reunión do Club de ciencias (21 de novembro)
Enviado por admin o Mér, 22/11/2023 - 23:09Este martes comezaron as actividades do Club de ciencia. Por unha banda, no laboratorio de química a elaboración de biodiésel no que participaron sobre todo alumnado de 4.º ESO dirixidos polo profesor Guillín. Por outra banda, o obradoiro de papiroflexia guiado por Laura Viñas e Ana Polo que contou con moita presenza de alumando de 2.º ESO.
Somos un pobo de artistas
Enviado por Serafín o Mar, 31/10/2023 - 00:12
Somos un pobo de artistas
|
Participación nas olimpiadas da FP: GaliciaSkills 2023
Enviado por mario.soto o Sáb, 28/10/2023 - 15:11
Medalla de prata
Floraría
Andrea Ríos
7º Campionato Galego de Formación Profesional
Recinto Feira Internacional Abanca de Silleda
Días 25, 26 e 27 de outubro de 2023
Participación do IES de Mugardos
COMPETICIÓN | ALUMNADO | TITORES |
Floraría | Andrea Ríos | Pedro Torres |
Xardinaría paisaxística |
Francisco Varela |
Mario Soto |
25 de outubro
Divulgación da problemática das especies de flora exótica invasora
Enviado por anapalmero o Lun, 23/10/2023 - 19:54Poda en altura
Enviado por mario.soto o Ven, 20/10/2023 - 12:03O alumnado de FP Dual "Xardinaría e floraría" asistiu esta semana a un pequeno curso de prepación para a poda en altura. As clases foron impartidas por un especialista no pavillón do instituto.
Participación no concurso "Ciberseguridade no cole!"
Enviado por davidbouza o Mér, 18/10/2023 - 18:40
O alumnado de 1.º e 2º ESO participou esta mañá no concurso Ciberseguridade no cole! A través da aplicación Kahoot, o xogo de preguntas sobre coñecementos de informática, seguridade nas redes de datos e no uso da internet.
Nesta teraceira edición doconcurso inscribíronse unhas 200 aulas de primaria e secundaria (dos 10 aos 14 anos) correspondentes a uns cen centros educativos de toda Galicia.
TIK TOK TRATA con MABEL LOZANO
Enviado por orientacion o Xov, 12/10/2023 - 13:21Unha cousa quedounos clara esta semana na campaña de TIK TOK Trata de Mabel Lozano: a trata non é un problema, é un delito. Un delito que se exerce contras as mulleres en situación de alta vulnerabilidade.
A prostitución é un negocio lucrativo que non se aloxa unicamente en burdeles como hai décadas, hoxe en día instálase en pisos máis difíciles de controlar e, sobre todo, nas redes sociais.
Ningunha muller quere ser prostituída (si, prostituída, non prostituta, a linguaxe sempre é importante). Todas as persoas queremos ser felices. Ise é o noso motor principal. Cada quen procura a felicidade ao seu xeito. Pero incluso as mulleres que escollen nun primeiro momento ser prostituídas, o fan porque teñen unha necesidade urxente e de tipo económico que as empurra a isto. Poden elexir entrar, si, pero non elixen o cárcere de explotación no que se convirte a súa vida e que as destrúe chegando, con moita frecuencia, ao suicidio.
As mulleres prostituídas son silenciadas, non teñen nome, o mundo as xulga sen coñecer o maltrato ao que están expostas. Os seus verdugos son simplemente proxenetas para o resto do mundo, non delicuentes, e consiguen que outras persoas sexan cooperantes necesarios nunha cadea de maltrato.
As violacións, as palizas, o maltrato psicolóxico que as anula, as xornadas agotadoras que so deixan tempo para o descanso mínimo, a situación de soidade e reixeitamento da sociedade, as ameazas a familiares, as débedas, e mesmo o asasinato, fan que as mulleres prostituídas non denuncien nunca. Aprenden a non defenderse, a calar, a non contar. Impactante, non? Urxe cambiar a mirada, urxe actuar. Se somos cómplices de algo que sexa da xustiza social, se somos cómplices de alguén que sexa das mulleres vítimas da trata.
Mabel deunos a coñecer varios documentais entre os que se encontraba o seu premiado documental Biografía do cadáver dunha muller, para contarnos todo esto. Alertou ás rapazas das estratexias moi estudadas dos proxenetas nas redes, dos boots que case seguro recibides unha gran parte, do risco de responder. Lembrade, buscarán namorarvos, prestarvos a atención que igual non tendes, facervos sentir especiais. Fixo conscientes a rapazas e tamén a rapaces de como se move este mundo tan oscuro e cheo de maltrato ás mulleres.
Falamos de Onlyfans, plataforma moi coñecida polos adolescentes e tamén por adultos. Onlyfans é a antesala perfecta da prostitución para normalizar e propiciar a mercadoría dos corpos entre a xente máis nova. Estades máis expostos que xeracións anteriores pero como ben dixeron os compañeiros e compañeiras cando presentaron a Mabel:
Sodes a xeración que pode cambialo todo.
Sodes a xeración que pode parar a trata e a prostitución.
Sodes a xeración que pode romper o teito de cristal.
Sodes a xeración que pode recoñecer o camiño percorrido.
Sodes a xeración que pode acompañar ás mulleres vulnerables, olvidadas.
Sodes a xeración que pode actuar de forma responsable e construír un mundo mellor, respectuoso, xusto, equitativo.
Sodes a xeneración de rapaces e rapazas pola igualdade!!.
Rematamos a sesión cunha pequena entrevista na biblio co equipo da radio que se estreará polo 25 N, e cun agasallo floral do alumnado de FP que moito gustou a Mabel. E rematamos tamén cunha promesa, Mabel volverá a Mugardos porque quedou prendada da xente e o pobo.
Ata a seguinte Mabel, grazas por todo o que nos ensinaches. Moita sorte nos próximos Goya para os que volves a estar nominada!