Skip to Content

Comezo do CLUB DE LECTURA

Este martes deron comezo as actividades do Club de Lectura. A biblioteca acolleu, antes do comezo das sesións docente da tarde, a reunión dos membros máis novos do club. Un ano máis ponse en marcha esta canteira de lectores impulsada pola biblioteca escolar e a profesora Begoña Allegue.

Inventario do laboratorio de ciencias naturais

O alumnado de 4.º ESO-B, coa profesora Ana Palmero, leva unhas semanas acomentendo a tarefa de inventariar todo o material dispoñible no laboratorio de ciencias naturais. 

Lección inaugural (Bach.): Simón García

O músico Simón García, compositor e intérprete, impartiu este luns a lección inaugural para o alumnado de bacharelato e 4.º ESO. Ao longo da súa exposición e o debate cos estudantes achegou de forma directa e accesible a complexidade da linguaxe musical e a beleza do seu instrumento: o baixo.

Ademais co relato da súa traxectoria profesional plantexou a necesidade de integrase nun mundo globalizado e competitivo a persar das dificultades. A mellor recomendación é loitar por estar preparado para non perder as oportunidades que nos interesen. 

Agradecemos a Simón, como exalumno do centro, este reencontro tan especial co instituto.

Lección inaugural (ESO): Monitoras do Centro do Caldoval

As monitoras do Centro de Interpretación do Xacemento do CaldovalVero e Sara, impartiron este luns a lección inaugural para o alumnado da ESO. Transmitiron a importancia do coñecemento da cultura latina en contacto cos pobos castrexos para comprendermos as nosas orixes. Achegaron tamén as características especiais dos restos conservados en Mugardos centrados no mundo das termas e os deportes.

Por último, formularon aos estudantes o misterio da estrutura cónica única en Mugardos e da que non se coñecen noticias da súa existencia noutras partes da romania. Queda no aire a pregunta: cal era a súa utilidade? Formula a túa hipótese.

 

Horarios CURSO 2019-2020 (provisionais)

  ESO     Bacharelato  

FPB

  1.º ESO A     1.º BAC A   FPB 1
  1.º ESO B     1.º BAC B   FPB 2
  2.º ESO A     2.º BAC A    
  2.º ESO B     2.º BAC B  
 

3.º ESO A

       
  4.º ESO A        
  4.º ESO B        

Listaxe provisional Fondo Libros (3.º e 4.º ESO)

Publicadas as listaxes provisionais do FONDO SOLIDARIO de libros de texto:

Os interesados poderán consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) accedendo á aplicación ‘Fondolibros’ no menú ‘Cidadán’:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Reclamacións contra as listaxes provisionais: 2 días.

Distribuir contido


by Dr. Radut