Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Morsas, noites brancas e non regalar nunca flores en números pares

O martes tivemos unha segunda visita para coñecer testemuños de primeira man doutros rincóns do Planeta Azul. Hoxe, Natalia fíxonos o favor de falarnos da súa Rusia natal. Expliucounos a súa extensión, falou do frío de Verkhoyansk (con fotos da colada, das casas conxeladas, de coches enterrados e detalles escalofriantes como quentar o depósito de gasolina do coche con lume) coa imposibilidade de parar moito o coche. Escoitamos que son as morsas (bañistas na auga xeada), aprendemos rudimentos de cirílico e os seus "false friends", descubrimos os problemas rusos coa calefacción, a importancia de levar zapatillas cando te invitan a unha casa, de levar ramos con flores impares ás mulleres e pares ós cemiterios, do Ermitage, das noites brancas e o seu encanto (cun vídeo co día en plena noite), vimos tres billetes de rublos, etc. O 3º bilingüe portouse moi ben, estivo moi interesado e tomou moitas notas.

create an animated gif