COVID 19 

   › Plan de adaptación

   › Plan de continxencia

   › Documentos                          

        PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
EDIXGAL MOODLE ABALAR  
          
REDES   VIDEOCONFERENCIA
     
Falemos

 

Corpo:

Corpo:

INFORMACIÓN (despregable)

 

 

 

 

 

 
         
                 
 

 

 

 

 

 

 
 
         

ACTUALIDADE

 

RUTA CICLOTURISTA
(4.º ESO)

O pasado venres 26 de marzo, o grupo de 4º ESO B realizou unha ruta en bicicleta pola contorna, coa
idea de percorrer as paraxes máis vistosas que temos a carón de nós. O percorrido polo Faro, o Castelo
da Palma, O Mirador da Bailadora e Roibeiras deulles aos rapaces participantes a oportunidade de poñer
a proba tanto as súas habilidades coma a súa resistencia, xa que houbo para todos.

Tivemos a grande sorte de vernos acompañados dunhas boas raiolas de sol e da tranquilidade da mañá.
A natureza consigue moitas veces o que os docentes non acadamos entre catro paredes, que é devolverlles
a tranquilidade! Voltamos felices.

  

XUBILACIÓN GABRIELA

Grazas, Gabriela, por todos estes anos de boa e xenerosa
dedicación ao ensino. No IES de Mugardos deixas unha
fonda pegada de admiración e afecto.

VER MÁIS: Reproducimos o emotivo poema escrito 
por Yoel e o vídeo do alumnado de 4.º ESO lembrando
cando a profesora Gabriela lles levaba candies

Saúde e xúbilo, teacher!!!

Responder ó comentario

Estrea das curtametraxes de Vidas Mariñeiras

 

Este xoves estrearonse no teatro Jofre de Ferrol as cinco curtametraxes gravadas ao abeiro do proxecto Vidas Mariñeiras organizado pola entidade Galp Golfo Ártabro Norte. Entre os traballos audiovisuais figura "Genoveva é nome de barco" gravado polo alumnado de 4.º ESO B e o profesor Miguel Gil, coa dirección da profesional Cristina de la Torre.

Os propios alumnos dos centros realizaron a presentación das súas curtametraxes. Os nosos representantes foron Adrián Vilar e Paola Alonso. A familia de Paola é precisamente a grande protagonista de "Genoveva é nome de barco".

 

Responder

Distribuir

Distribuir contido