|
RUTA CICLOTURISTA (4.º ESO)

O pasado venres 26 de marzo, o grupo de 4º ESO B realizou unha ruta en bicicleta pola contorna, coa idea de percorrer as paraxes máis vistosas que temos a carón de nós. O percorrido polo Faro, o Castelo da Palma, O Mirador da Bailadora e Roibeiras deulles aos rapaces participantes a oportunidade de poñer a proba tanto as súas habilidades coma a súa resistencia, xa que houbo para todos.
Tivemos a grande sorte de vernos acompañados dunhas boas raiolas de sol e da tranquilidade da mañá. A natureza consigue moitas veces o que os docentes non acadamos entre catro paredes, que é devolverlles a tranquilidade! Voltamos felices.
|
|
XUBILACIÓN GABRIELA

Grazas, Gabriela, por todos estes anos de boa e xenerosa dedicación ao ensino. No IES de Mugardos deixas unha fonda pegada de admiración e afecto.
VER MÁIS: Reproducimos o emotivo poema escrito por Yoel e o vídeo do alumnado de 4.º ESO lembrando cando a profesora Gabriela lles levaba candies.
Saúde e xúbilo, teacher!!!
|