Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Ampliación da oferta educativa: CICLO DE FP BÁSICA

O Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe a ORDE do 14 de xuño de 2017 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2017/18 na que se recolle a ampliación da oferta educativa do IES de Mugardos coa autorización para impartir un ciclo formatito de Formación Profesional Básica de "Agroxardinaría e composicións florais" en réxime de estudos presenciais.

Desde a dirección do centro queremos manifestar o noso recoñecemento á Consellería de Educación pola aprobación desta demanda do noso Consello Escolar. Asemade, de xeito especial, agradecemos o apoio constante e colaboración imprescindible do Concello de Mugardos e Grupos Municipais para a tramitación e consecución deste proxecto.

Agroxardinaría e composicións florais

Que se aprende a facer?
Elaborar composicións con flores e plantas e realizar operacións auxiliares en cultivos, en produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría, colaborando na preparación do terreo e na implantación e o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?
Traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas en empresas dedicadas á ornamentación floral e/ou decoración de espazos e eventos. Tamén desenvolven a súa actividade profesional na área de produción e/ou na área de ambiente en grandes, medianas e pequenas empresas, tanto públicas como privadas, dedicadas ao cultivo agrícola, á produción de plantas e á instalación e o mantemento de xardíns e zonas verdes.

Están, ademais, capacitadas para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente.

Que ocupacións desempeñan?
Peón agrícola; peón agropecuario; peón en horticultura; peón en fruticultura; peón en cultivos herbáceos; peón en cultivos de flor cortada; peón de xardinaría; peón de viveiro; peón de centros de xardinaría; peón de campos deportivos; peón de floraría; auxiliar de floraría; auxiliar de almacén de flores.

 

Máis información

AdxuntoTamaño
FPBásica.pdf401.84 KB