![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
blogue deadmin
Entroido, 2019
Enviado por admin o Sáb, 02/03/2019 - 12:56
Gran xornada de entroido a vivida este venres no instituto que contou coa participación e bo comportamento de toda a comunidade. As familias do alumnado de 4.º ESO achegaron as larpeidas desta época que se venderon durante os recreos. Houbo cantidade e calidade nos disfraces, tamén do claustro docente. O departamento de Educación Física organizou unha divertida xincana de busca e orientación... e a cafetaría puxo a chocolatada final.
Viva o entroido.
Proceso de admisión para o curso 2019-2020
Enviado por admin o Ven, 01/03/2019 - 18:59
|
||
Sede electrónica:
Consellería de Educación |
|
A partir do 1 de marzo ábrese o período de solicitude de praza de novo alumnado. O prazo de entrega de solitudes abrangue ata o 20 de marzo. Logo do proceso de reserva e permanencia, o IES de Mugardos ofrece os seguinte postos escolares vacantes para o curso 2019-2020: - 1.º ESO: 31 (6 NNAE) - 1.º Bacharelato: 32 DOCUMENTACIÓN: DNI da alumna/o, libro de familia ou outro documento acreditativo da idade. BAREMACIÓN: Non se prevé necesaria. No caso de haber máis solicitudes que prazas, a documentación acreditativa dos criterios alegados para solicitar a praza entregarase do 1 ao 12 de abril. O centro non aplicará ningún criterio complementario para puntuación de acceso. CALENDARIO As listaxes provisionais de admitidos/non admitidos publicaranse antes do 25 de abril. As listaxes definitivas de admitidos/non admitidos publicaranse antes do 10 de maio. A matrícula dos alumnos/as admitidos terá lugar do 25 de xuño ao 10 de xullo para os aprobados na convocatoria ordinaria e no mes de setembro, do 1 ao 10, para os pendentes de exames de setembro. |
Circular informativa sobre a folga de mulleres do 8 de marzo
Enviado por admin o Xov, 28/02/2019 - 22:04Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019
Enviado por admin o Lun, 25/02/2019 - 21:43
|
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 1600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de Bacharelato como da ESO.
|
Reunión do club de lectura (4.º ESO)
Enviado por admin o Mar, 19/02/2019 - 18:19Este martes, como de costume entre o remate do xantar no instituto e o comezo das clases da tarde, tocou reunión do club de lectura na biblioteca. Nesta ocasión foi o club de lectura de 4.º ESO e a obra seleccionada, A metamorfose de F. Kafka. De seguro que coa profesora Begoña Allegue tiveron unha boa conversa arredor deste clásico da literatura universal.
Salón de Actos
Enviado por admin o Xov, 14/02/2019 - 22:13O salón de actos estivo esta semana moi concorrido con diferentes actividades. Entre elas salientamos as charlas do martes para 2.º ESO sobre condutas infractoras e a lei do menor; o mércores para 2.º bacharelato sobre a oferta da Universidade da Coruña; e o xoves, para 1.º ESO, sobre as consecuencias do consumo de alcohool en menores dentro do programa Apuntámonos a non beber.
Reunión das familias cos titores/as (Martes, 22 de xaneiro)
Enviado por admin o Mér, 16/01/2019 - 10:20Visita ao MC2
Enviado por admin o Sáb, 12/01/2019 - 12:32
O pasado martes, primeiro día de clase de volta das vacacións, o alumnado de 1.º e 3.º ESO realizou unha visita aos MC2: museos científicos coruñeses. Comezaron pola Casa das Ciencias cunha proxección no planetario. O segundo foi a Domus coa proxección de minidocumentais científicos e para rematar no acuario Finesterrae. Unha xornada intensa de curiosidade científica e compañerismo.
Sorteo da cesta de Nadal
Enviado por admin o Lun, 24/12/2018 - 15:47
Este é o número premiado no sorteo da ONCE do día 21 de decembro ao que corresponde a cesta de Nadal na rifa pro excursión fin de curso de 4.º ESO.
A agraciada Pilar Amenedo recolleu a cesta.
Participación en GaliciaSkills 2018
Enviado por admin o Ven, 30/11/2018 - 21:57Por primeira vez o IES de Mugardos partipou no GaliciaSkills, o V campionato galego da Formación Profesional celebrado esta semana en Silleda. O alumnado de FP Básica de Agroxardinaría e composicións florais encargouse da decoración do cocktail preparado polo IES Fragas do Eume trala entrega dos premios.
Parabéns ao alumnado e aos profesores Mario e Martín por estes dous días de intenso traballo e experiencias formativas na grande cita da Formación Profesional de Galicia.
Máis información en Á Mugardesa Arte Floral
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »
