Skip to Content

blogue deadmin

Comeza a segunda edición de PILABOT

        

 Ao longo das próximas semanas, o noso instituto participará no concurso PILABOT patrocinado pola Consellería de Medio Ambiente. Pilabot é un concurso entre 150 centros educativos de educación primaria e secundaria de Galicia para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias.

Considéranse pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, que se poida portar coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. En todo caso, a orixe dos residuos das pilas debe ser doméstico, procedente das familias do alumnado e do persoal do propio centro escolar.

Para a recollida das pilas, cada alumno/a recibirá unha caixiña de cartón que se debe ir baleirando as veces que sexa necesario no bidón contedor que se atopa na entrada do instituto.

O consurso comezou oficialmente o 13 de xaneiro e rematará o 31 de marzo.

Pode consultar as bases do concurso na páxina www.pilabot.gal e tamén seguir as novidades nas redes sociais.

Cesta de Nadal

En nome dos agraciados da súa familia, Juan P. recolleu a cesta de Nadal da rifa pro excursión fin de curso de 4.º ESO. O número premiado foi o 6590.

Entrega da recollida de alimentos a Cáritas

Grazas á xenerosa colaboración da comunidade educativa, este ano realizamos dúas entregas de alimentos non perecedeiros a Cáritas Parroquial de Mugardos. Grazas

Programa de radio: a viaxe dos Reis Magos

Os alumnos de Investigación (2º ESO), Latín (4º ESO) e Grego (1º Bach) fixeron un traballo no que recolleron información sobre a viaxe dos reis magos (non só a que fixeron de vivos, senon tamén a que fixeron os seus restos despois de mortos). E xa que este ano estamos de viaxe tamén repasamos unha das rutas máis importantes que existiron: a ruta do incenso.
Aínda que non temos unha radio escolar no centro este grupo de alumnos de 2º ESO e 1º Bach prepararon unha sesión radiofónica na que repasaron os seus traballos sobre viaxes: alumnos de 2º ESO (Investigación) e 1º Bach (Grego) falaron sobre a viaxe dos reis magos e a ruta do incenso, e alumnos de 1º Bach (Música) descubríronnos a "Viaxe de inverno" de F. Schubert.
 Alumnado participante: 
Arai Roibal, Daniel Cartelle, Elia Durán, Lucia Mei Gallego, Yuxin Zheng, Sofía Cao  (1º Bach), Lorena Pereira, Lola Vigo, Gabriel Vila (2º ESO)
 

Filoxornal: o poder do mito

Baixo o lema O poder do mito a Olimpíada Filosófica de Galicia invítanos este ano a profundizar no sentido do mito e no papel que xoga na sociedade actual, inmersa nos desafíos da globalización.

Para conmemorarmos o Día da Filosofía, o alumnado de 2.º Bacharelato, profesorado e a dirección da profesora Ofelia Lubián editaron a revista que podemos ler na seguinte ligazón: Filoxornal.

 

Estrea das curtametraxes de Vidas Mariñeiras

 

Este xoves estrearonse no teatro Jofre de Ferrol as cinco curtametraxes gravadas ao abeiro do proxecto Vidas Mariñeiras organizado pola entidade Galp Golfo Ártabro Norte. Entre os traballos audiovisuais figura "Genoveva é nome de barco" gravado polo alumnado de 4.º ESO B e o profesor Miguel Gil, coa dirección da profesional Cristina de la Torre.

Os propios alumnos dos centros realizaron a presentación das súas curtametraxes. Os nosos representantes foron Adrián Vilar e Paola Alonso. A familia de Paola é precisamente a grande protagonista de "Genoveva é nome de barco".

 

Concurso de Viaxe

A Biblioteca e o EDL convocaron o concurso dirixido a todo o alumnadoe enlazando co tema xeral proposto para traballar no centro, as viaxes, e contando coa colaboración de boa parte do claustro do centro, propoñemos unha viaxe polas viaxes do profesorado.

Este venres coñecemos as gañadoras. As alumnas que acadaron un maior número de acertos no concurso foron: Xoana Pérez (1º Bach A), e Lucía Seijo e Iago Vázquez (1º Bach B). Aínda que non só os maiores acadaron bos resultados. Queremos felicitar polo seu gran número de acertos a Clara Teijeiro López (2º ESO A).

 

Recollida de tapóns

A presidenta de AS.PA.NE.MI, Montse Fraga, recolleu esta mañá os sacos de tapóns que ao longo do curso fomos recollendo na entrada do instituto. O alumando de 1.º ESO escoitou as palabras de agradecemento e invitación a continuarmos coa campaña. 

Como en ocasións anteriores a recadación irá destinada á campaña de Alba, la promesaDesde aquí enviámoslles un afectuoso saúdo a Alba e a súa familia... xunto con algúns quiliños de tapóns cos nosos mellores desexos.

Boas Festas

Distribuir contido


by Dr. Radut