![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
blogue deadmin
Horario de atención a pais e nais (curso 2020-2021)
Enviado por admin o Ven, 09/10/2020 - 12:43
|
SOLICITUDE DE CITAS Solicitude de cita para atención de pais, nais ou titores/as legais - TELÉFONO 881 938 200. - Correo electrónico dos docentes. - AbalarMóbiles (só se o docente aceptou esta posibilidade na aplicación). A reunión realizarase de xeito telefónico ou videoconferencia o día e hora sinalado. Só de xeito excepcional por causas xustificadas poderá ser presencial. Neste caso, asistirá un só proxenitor/a coas medidas de seguridade habituais (sen síntomas compatibles coa covid, máscara e hixiene de mans).
XUSTIFICACIÓN DAS FALTAS As faltas de asistencia do alumnado deberán ser documentadas polos pais, nais ou titores/as legais do mellor xeito que facilite a súa xustificación. Isto realízase principalmente mediante o impreso de xustificación que se entrega en consexaría ou na versión autoimprimible na web. Debese entregar ao profesor/a titor/a coa documentación pertinente. Os proxenitores tamén poden adiantar a solicitude de xustificación mediante a aplicación AbalarMóbiles. En última instancia é o profesor/a titor/a quen a acepta ou non.
As faltas motivadas pola situación de emerxencia sanitaria da covid, aceptaranse como xustificadas. Para o resto de consideracións sobre as faltas de carácter xustificables e protocolo de absentismo na ESO remitimos como
todos os anos ao anexo V das Normas de Organización e Funcionamento. Impreso de xustificación de faltas:
|
Obradoiro CóidoME, pola prevención e promoción da saúde mental
Enviado por admin o Xov, 08/10/2020 - 19:10Hoxe rematamos as sesións por vía telemática do obradoiro CóidoME, pola prevención e promoción da saúde mental. O alumnado de 1.º bacharelato recibiu formación teórica e exemplos prácticos sobre emocións, estrés, ansiedade, dependencias, tecnoloxías e lecer.
Este proxecto deseñado por novos profesionais da psicoloxía e pedagoxía recibiu un premio da Xunta de Galicia para xóvenes emprendedores. Grazas Rebeca e Diego pola iniciativa. Agora seguirémosvos na rede.
Contacontos: Virginia Imaz
Enviado por admin o Sáb, 03/10/2020 - 11:37Aproveitando o paso por Mugardos da recoñecida artista Virginia Imaz, pallasa profesional e fundadora da compañía Oihulari Klown, o alumnado de 1.º ESO puido gozar dunha sesión de contacontos moi especial. Desenvolveu narracións orais cunha linguaxe directa para facer pensar sobre a igualdade e a convivencia. Reflexión e humor para darlles a benvida a unha nova promoción que comeza este curso a súa andaina polo instituto.
A sesión, organizada polo departamento de Orientación, realizouse coas medidas de adaptación á situación covid.
Plan de adaptación á situación covid 19 no curso 2020-2021
Enviado por admin o Dom, 27/09/2020 - 22:42Comunicacións ás familias:
Carta informativa do primeiro caso positivo.
Comezo da actividade lectiva
Enviado por admin o Lun, 14/09/2020 - 19:02A incorporación ás aulas será gradual. Estas son as datas e horario de comezo das clases por niveis:
-
GRUPOS
DÍA E HORA
Observacións
Circular 01
1.º ESO
2.º ESO
1.º Bacharelato
Mércores, 23 de setembro
12:30 -14:25 horas
- Obrigatorio o uso de máscara e traer recambio.
- Funcionará transporte escolar para as horas de incorporación nas paradas habituais.
- Traer material de apuntamento propio (papel e boli).
- Cada grupo comezará o día sinalado e asistirá ao día seguinte desde primeira hora.
- O alumnado de 1.º e 2.º ESO non debe traer teléfono móbil ao instituto.
- Os familiares e acompañantes non poden entrar no recinto escolar.
3.º ESO
2.º Bacharelato
Xoves, 24 de setembro
8:45 - 14:25 horas
4.º ESO
FP Básica I e II
Venres, 25 de setembro
8:45 – 14:25 horas
Educación Secundaria para persoas adultas
Enviado por admin o Ven, 03/07/2020 - 01:03
-
A modalidade no IES de Mugardos é presencial. Require da asistencia regular ás clases.
-
As actividades lectivas desenvólvense en 20 sesións de luns a xoves, de 16:00 a 20:00 horas.
Destinatarios
-
Débese ter cumpridos 18 anos ou cumprilos antes do 31 de decembro. Excepcionalmente poden acceder menores con outros requisitos.
-
Posibilita diferentes ritmos de estudo. Poden cursarse diferntes ámbitos e módulos en función dos estudos acreditados.
-
Ao superar o módulo 4 obtense o título de graduado de Educación Secundaria que dá acceso, por exemplo, a un ciclo medio de Formación Profesional.
Duración
En cada curso impártense dous módulos segundo a seguinte equivalencia:
-
1.º CURSO
2.º CURSO
1.º cuadrimestre
setembro-febreiro2º. cuadrimestre
febreiro-xuño
1.º cuadrimestre
setembro-febreiro
2.º cuadrimestre
febreiro-xuño
Módulo 1
Equivalente a 1.º ESO
Módulo 2
Equivalente a 2.º ESO
Módulo 3
Equivalente a 3.º ESO
Módulo 4
Equivalente a 4.º ESO
Cando se acrediten estudos realizados poderanse validar segundo as equivalencias recollidas na lexislación que regula a ensinanza de persoas adultas.
Organización
Número de horas semanais por ámbitos
ÁMBITOS |
Módulo 1 |
Módulo 2 |
Módulo 3 |
Módulo 4 |
Comunicación |
6 |
6 |
5 |
5 |
Inglés |
2 |
2 |
2 |
2 |
Científico-tecnolóxico |
8 |
8 |
8 |
8 |
Social |
3 |
3 |
4 |
4 |
Titoría |
1 |
1 |
1 |
1 |
Totais |
20 |
20 |
20 |
20 |
SOLICITUDE DE ADMISIÓN Ata o 24 de xullo MATRÍCULA Setembro |
DOCUMENTACIÓN
|
A escola de Atenas (Xogando coa arte)
Enviado por admin o Ven, 26/06/2020 - 19:46Queremos rematar este curso inusual dun xeito especial, con moita arte e moito humor;
volveremos con máis forza o curso seguinte.
Graduación 2.º bacharelato, promoción 2018-2020
Enviado por admin o Mér, 10/06/2020 - 13:37
As circunstacias especiais deste curso obrigaron a converter o trámite de entrega de notas nun simple acto de despedida dos novos titulados de bacharelato. Parabéns aos flamantes bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Tamén houbo un recoñecemento ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar, representados nos últimos titores Ofelia Lubián e Telmo de Paz. O noso agradecemento, igualmente, para todas as familias que nos confiaron unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
Salientamos a mención das dúas matrículas de honra a María Manuela Pérez Coira e Iria Fernández Fornos nas modalidades de bacharelato de humanidades e ciencias sociais, respectivamente.
Para a lembranza futura deste ano: ánimo e saúde!!!
Fin de curso: 2.º Bacharelato
Enviado por admin o Mar, 09/06/2020 - 13:532.º Bacharelato
Martes, 9 de xuño (20:00 horas) |
Publicación de cualificacións en AbalarMóbiles prevista a partir das 20:00 horas |
Mércores, 10 de xuño | ABAU
Matrícula no centro Documentación Calendario |
10:00 horas |
|
10:30 horas |
RECLAMACIÓNS |
10 e 11 de xuño (ata as 14:00 horas) Cita cos docentes para consultas e revisión o día 11 |
ÚLTIMAS CLASES PREPARATORIAS - ABAU |
Semana do 15 ao 19 de xuño |
Recollida de títulos de bacharel e graduado ESO
Enviado por admin o Lun, 01/06/2020 - 12:23![]() |
AVISO: Xa están dispoñibles para a súa recollida na secretaría do centro os títulos de bacharel e graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do curso 2017-2018 e anteriores. Para poder recollelo é imprescindíbel que o realice persoalmente o/a interesado/a e que acredite a súa identidade mediante o DNI. |
Listaxe provisional de admitidos para o curso 2020-2021
Enviado por admin o Lun, 25/05/2020 - 13:36Listaxes provisionais de admitidos/as.
Horarios de regreso ás clases a partir do 25 de maio (2.º de bacharelato)
Enviado por admin o Sáb, 23/05/2020 - 14:05Regreso á actividade lectiva presencial do alumnado de 2.º Bacheralato
Enviado por admin o Xov, 21/05/2020 - 19:12Estimadas familias:
Unha das medidas xa anunciadas oficialmente, no caso de pasarmos á Fase 2, é a reapertura dos centros educativos. Isto significa o retorno á actividade lectiva presencial, con carácter voluntario para o alumnado de segundo curso de Bacharelato.
Gustaríanos salientar precisamente o carácter voluntario para o alumnado e as familias que decidan enviar os seus fillos/as ao instituto. O único caso no que está expresamente prohibido a incorporación ás aulas é precisamente o das persoas con síntomas compatibles con covid-19 ou que estean en illamento domiciliario por este motivo.
Para tomar a súa decisión transmitímoslle a seguinte información relativa ás medidas de seguridade e protocolo de medidas de prevención.
O IES de Mugardos abrirá as súas portas para a docencia presencial unicamente ao alumnado de 2.º bacharelato entre o 25 de maio e o 8 de xuño. O 9 de xuño realizarase a sesión de avaliación docente; o 10 de xuño publicaranse en AbalarMóbiles e entregaranse no centro os boletíns de notas co seguinte período de reclamacións e matrícula na ABAU, de ser o caso. E como xa se vén facendo en cursos anteriores, a seguinte semana impartiránse clases preparatorias para probas de acceso á universidade.
No momento de escribir esta circular temos a noticia de que non haberá transporte escolar. Cremos que é un asunto importante e intentaremos informar antes da fin de semana se se autoriza este servizo.
O profesorado cumprirá o seu número de horas semanais, coas excepcións contempladas legalmente para as persoa vulnerables e en situación de risco.
Por razóns de desdobramento de grupos e reducir o número de alumnos/as por aula e mellor cumprimento das medidas de protección, os horarios lectivos serán adaptados. Pode atopar un exemplo provisional para o primeiro día no documento achegado.
En nome do conxunto do claustro de profesores/as transmítolles que nos gustaría contar coa asistencia do maior número de alumnos/as posibles. A dirección do IES de Mugardos cre que é recomendable esta volta ás aulas coas garantías das medidas de hixiene, seguridade e protección que resumimos de seguido.
Atentamente,
____________________________
Medidas de hixiene, seguridade e protección
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
