Skip to Content

blogue deadmin

Correo do profesorado para a atención a pais e nais

Para o cumprimento da atención ás familias e a realización de consultas co profesorado, facilitamos a busca dos correos electrónicos do cadro docente. Asemade, infomamos do novo teléfono móbil do IES de Mugardos.

 

CADRO DOCENTE   


PREMA SOBRE A IMAXE

 

#O23euLibro

Habemos de ir a Sevilla (viaxe fin de curso 4.ºESO)

Hoxe estaba previsto o comezo da viaxe de fin de curso de 4.º ESO. Con traballo de venda de rifas e produtos no instituto; co esforzo económico familiar; co apoio do profesorado acompañante e, sobre todo, con moita ilusión organizaron unha excursión a Madrid e Sevilla. Todo iso quedou adiado o pasado venres 13 de marzo e seguinte declaración de estado de alarma. Foi aprazada sine data a viaxe, mais coa confianza en que desta pandemia sairemos unidos/as contra o virus. Agora máis que nunca, quedamos na casa.


Venda de produtos para a excursión 4.º ESO

 

Aviso ás familias no arquivo adxunto.

Física e Química (1.º Bacharelato)

O Dpto de Física e Química do IES de Mugardos, durante o período determinado pola situación de alerta decretada polo gobernodebido ao virus COVID19 estableceu as seguintes canles de comunicación co alumnado implicado:

Física e Química (1.º bac)

Séguese a canle xa empregada durante o curso que foi o correo electrónico

mugardosfq@gmail.com

 

 +  

E habilitouse unha aula na aplicación google classroom no dominio iesmugardos.gal para ter máis ordenados os temas a tratar e sobre todo dispoñer dunha plataforma que permita a resolución de test de autoavaliación.

https://classroom.google.com/u/0/hS

Se tes problema, consulta
Titorial de acceso

Classroom iesmugardos.gal

O instituto ten unha conta G Suite para centros educativos. O noso dominio é iesmugardos.gal. Todo o alumnado posúe un enderezo de correo electrónico dentro desta conta. Entre outras funcións, permite o acceso á ferramenta CLASSROOM.

Moitas profesoras/es xa están a crear as súas clases virtuais. Para facilitarche o acceso, velaquí tes as instrucións e un vídeo titorial.

 

Calquera dúbida ou porblema, consulta no correo ies.mugardos@edu.xunta.es

Circular de centro (15 de marzo, 2020)

CIRCULAR DO CENTRO

Estimadas familias:

Como ben sabemos todos e todas, a actividade lectiva presencial estará

suspendida nas próximas semanas. Pola nosa banda continuaremos cos actos e procedementos académicos que os medios informáticos nolo permitan.

 

En primeiro lugar, a avaliación e entrega de notas. Os docentes cualificarán cos intrumentos de avaliación empregados ao longo do trimestre, ata o 13 de marzo. No caso de que ese último día faltase algunha proba ou tarefa, esa parte da nota ficará pendente ata o regreso ás aulas. Do mesmo xeito, adíase a avaliación de materias pendentes de cursos anteriores.

 

As cualificacións publicaranse exclusivamente por vía informática na  aplicación AbalarMóbiles o mércores, 18 de marzo.

En canto ás actividades lectivas procederemos resumidamente así: 1.º e 2.º ESO atopará os libros dixitais e materiais didácticos na plataforma EDIXGAL. Para o resto dos niveis educativos atoparedes nesta mesma páxina as ligazóns á Aula Virtual, Classroom e outros medios ou blog empregados por cada profesor/a.

Non dubidedes en realizar calquera consulta no correo

  ies.mugardos@edu.xunta.gal

Saúde.

    

Publicado o 15 de marzo, ás 20:30 horas

Na Feira de Orientación de Ferrolterra

 

Un ano máis, o noso IES Mugardos colaborando na información e asesoramento do alumnado da comarca.

Malas herbas de 1°curso e Arte floral de 2°curso trouxeron á mostra de Orientación de Ferrolterra:
-unha demostración de como deseñar bonsais
-prantiñas para agasallar (as que ademáis de alegrar a vista permiten facer control de plagas, e tomateiras)
-arranxos florais e,
-o obradoiro de kokedamas que tanto gusta.

Grazas Amelia, orientadora do Leixa, por invitarnos un ano máis!

Fase final do I CIFRAS E LETRAS

  

Equipos finalistas

Crónica no blog MUGARCIENCIAS

 

Consulta EQUIPOS finalistas

Admisión de alumnado para o curso 2020-2021

 FORMULARIO
Os impresos entregaranse
de balde e tamén se poden descargar para a súa impresión e entrega
na secretaría do centro.

* * * * * * * * * *

NOTA
INFORMATIVA

* * * * * * * * * *

PRAZO:
Dado que no IES de Mugardos o 20 de marzo é día non lectivo, os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:

  •  Sede Electrónica da Xunta de Galicia (non se contemplan as festas laborais de carácter local): do 1 ao 20 de marzo de 2020.
  • Solicitudes presentadas de forma presencial no propio centro: ata o día 23 de marzo de 2020.

           

PROCEDEMENTO

Opción 1: A través da aplicación en internet admisiónalumnado
                       
 https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

A aplicación permite crear unha solicitude que se pode imprimir para presentar no centro ou, se dispoñen de certificado dixital, continuar a tramitación electrónica.

Opción 2: Nas oficinas do IES de Mugardos. De luns a venres en horario de mañás de 9:00-14:00 horas, e martes pola tarde de 14:00 a 18:00 horas.

 DOCUMENTACIÓN

-Formulario de solicitude (Anexo II)

-Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando no formulario denegue a consulta.

-Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a. Pode ser a copia do DNI; copia da folla do libro de Familia onde conste inscrito o/a alumno/a; calquera outro documento oficial que acredite a identidade. 

-Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa. Pode ser o certificado de matrícula expedido polo centro onde estea cursando estudos a/o interesada/o; Boletín de cualificacións (do ano académico no que a/o interesada/o este a cursar no momento de presentar a solicitude); Outro documento que xustifique os requisitos académico.

-Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

-Xustificación de necesidades educativas especiais, se é o caso.

 

LEXISLACIÓN:

  •  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

- Sede electrónica: Procedemento ED550B

- Consellería de Educación: Portal das Familias - Escolarización

Distribuir contido


by Dr. Radut