blogue deadmin

Ampliación da oferta educativa: CICLO DE FP BÁSICA

O Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe a ORDE do 14 de xuño de 2017 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2017/18 na que se recolle a ampliación da oferta educativa do IES de Mugardos coa autorización para impartir un ciclo formatito de Formación Profesional Básica de "Agroxardinaría e composicións florais" en réxime de estudos presenciais.

Desde a dirección do centro queremos manifestar o noso recoñecemento á Consellería de Educación pola aprobación desta demanda do noso Consello Escolar. Asemade, de xeito especial, agradecemos o apoio constante e colaboración imprescindible do Concello de Mugardos e Grupos Municipais para a tramitación e consecución deste proxecto.

Agroxardinaría e composicións florais

Que se aprende a facer?
Elaborar composicións con flores e plantas e realizar operacións auxiliares en cultivos, en produción de planta en invernadoiros ou en centros de xardinaría, colaborando na preparación do terreo e na implantación e o mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?
Traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas en empresas dedicadas á ornamentación floral e/ou decoración de espazos e eventos. Tamén desenvolven a súa actividade profesional na área de produción e/ou na área de ambiente en grandes, medianas e pequenas empresas, tanto públicas como privadas, dedicadas ao cultivo agrícola, á produción de plantas e á instalación e o mantemento de xardíns e zonas verdes.

Están, ademais, capacitadas para realizar tratamentos praguicidas de nivel básico, segundo a actividade regulada pola normativa correspondente.

Que ocupacións desempeñan?
Peón agrícola; peón agropecuario; peón en horticultura; peón en fruticultura; peón en cultivos herbáceos; peón en cultivos de flor cortada; peón de xardinaría; peón de viveiro; peón de centros de xardinaría; peón de campos deportivos; peón de floraría; auxiliar de floraría; auxiliar de almacén de flores.

 

Máis información

Campionato de voleibol

Esta mañá xogárose as finais do campionato mixto de voleibol nas categorías infantil e xuvenil.  O remate foi o esperado partido entre alumnos/as e profesores/as. Gañou a deportividade.

 

 

Lingua WÓLOF (I)

Wólof, Baobab, Griots... Hai xa bastantes anos que temos en Galicia xente procedente do Senegal que fala wólof.

Que sabemos deles, do seu idioma, da súa cultura?

A súa lingua, do mesmo xeito que a nosa, sobreviviu na oralidade e no ámbito familiar.

Este pequeno vocabulario quere ser o inicio dunha estrada lingüística que conecte pobos, xentes e culturas.

Coa colaboración dos alumnos de Bacharelato: Djibril Diagne, Birama Fall e Álvaro Fernández Allegue.

<-- PREME NA IMAXE

Club de lectura (adultos). Visita á casa-museo de Wenceslao Fernández Flórez

    

O club de lectura de adultos, formado por nais de alumnos, profesores e persoal non docente, realizou a última sesión na Casa-Museo de Wenceslao Fernández Flórez. A visita non sería o mesmo sen a recepción de Alicia, a anfitrioa da casa, que nos recibiu e acompañou cunha magnífica exposición sobre o escritor e a súa obra. Á sombra da "fraga-xardín" de vila Florentina en Cecebre (Cambre), a conversa amena e distentida xirou arredor da obra El bosque animado.

O club retomará as súas actividades o próximo outono coa obra Volvoreta, agasallo da Fundación WFF. Grazás!!!

Despedida dos contratos-programa: PROA, Escala na Escola, Igualdade.

Esta semana despedimos os denominados contratos programa asinados entre o centro e a consellería para o desenvolvemento de tres importantes accións formativas. Por unha banda, o Programa de Reforzo, Orientación e Apoio (PROA); o programa de excelencia Escala na Escola (foto)que participaron nunha chea de iniciacitivas científicas; e o programa de igualdade que mañá despedirase cun grande "mercadillo" de produtos propios con recadación de fondos para unha ONG.

VI Premio Estudo e Deporte, 2017

 

GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS

Venres, 23 de xuño

 

Premio Olloboi á Mellor Interpretación

Marta Rumbo (4.º ESO) resultou gañadora do Premio Olloboi na categoría de Mellor Interpretación polo vídeo titulado "Non significa non". Na gala de entrega celebrada onte nuns estaleiros da localidade de Boiro, o xurado valorou os méritos do seus traballo indivual nun monólogo que vai medrando en intensidade ata o desenlace. Por iso mesmo, tamén estába nominada na categoría de mellor guión. Parabéns!!!

 

A aula de tócame-roque

Visita a Dombate, Borneiro e Pedra da Arca

O alumnado de 1º ESO realizou hoxe unha excursión aos principais monumentos megalíticos de Bergantiños. A visita guiada incluíu a entrada ao Centro de interpretación do dolmen de Dombate, o castro de Borneiro e mais o dolmen da Pedra da Arca. Tamén houbo tempo de gozar dun momento de descanso na praia de Balarés.

 

Eleccións, 2017

O venres, 26 de maio, celebramos no IES de Mugardos a festa da democracia. Desde o departamento de Xeografía e Historia levouse a cabo un simulacro de eleccións. Trátase dunha actividade que incide en valores tan importantes na educación como a tolerancia, o respecto e a calidade democrática.

O proceso electoral transcorreu sen incidentes, cunha alta participación do censo. Os candidatos foron madrugadores á hora de exercer o seu dereito ao voto. Velaquí as imaxes do momento.

  

 

 

  
 
 

Programa de excelencia: Escala na Escola

Este mes chega ao seu fin o programa de excelencia "Escala na Escola" que veu animando a vida do instituto durante os mediodías dos martes. Nesta convocatoria funcionaron como un auténtico club científico no que tiveron oportunidade de achegarse a prácticas de laboratorio, aula de tecnoloxía e preparación e participación en concursos matemáticos. Ao programa inicial, aprobado dentro dos contratos-programa coa Consellería, unironse experiencias como a elaboración de trampas para avespas velutinas ou unha "clase invertida". Dun xeito ou doutro participou a totalidade do profesorado dos departamentos de ciencias, pero o labor principal recaeu na coordinadora e xefa do departamento de matemáticas, Covadonga Rodríguez-Moldes.

 

Eleccións 2017

Tras a creación de partidos, proclamación de candidaturas, campaña electoral e debate... este venres o censo electoral do IES de Mugardos poderá exercer o dereito ao voto.

 

Graduación 2.º Bacharelato, promoción 2015-2017

 Este martes, 23 de maio, celebramos a tradicional graduación de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2015-2017. O propio alumnado organizou e amenizou o acto con visionado das imaxes do seu paso polo centro e excursións realizadas. Contou coa intervención das profesores titoras Chelo Gundín e Verónica P. Rouco que ademais encargáronse de entregar os boletíns académicos. 

Finalmente, salientamos a mención das dúas matrículas de honor aos alumnos Pablo Javier Rañales e Alba Brage nas modalidades de bacharelato de humanidades e ciencias, respectivamente.

Moita sorte, bachareis. Parabéns!!!

Deporte escolar: actividades na praia de Ares

Grazas á organización dos servizos de deportes dos concello de Mugardos e Ares, os nosos alumnos de 1.º e 2.º ESO puideron gozar a semana pasada dunha estupenda mañá de actividade física no areal de Ares. A programación incluíu a práctica de volei praia, windsurf, canoa, paddle surf, vela...

 

 

Operación Futuro: cadernos de orientación académica e profesional (2017)

  1º.BAC   4.º ESO   3.º ESO
     
 

 

 

 

A ritmo de zumba e hip-hop

Esta mañá contamos no centro coa presenza de Patricia, monitora do Club de Baile Móvete, que impartiu unha masterclass de baile moderno. Durante catro horas, por quendas de estudantes e profesores, puxo a todo o centro da bailar zumba e hip-hop no pavillón.

Enquisa Bacharelato (Programa Educa2020)

Recentemente presentouse o Programa Educa2020, centrado en analizar as actitudes emprendedoras e innovadoras, os traballos do futuro e as expectativas profesionais do alumnado de Bacharelato e Formación Profesional, por medio dunha enquisa realizada electronicamente.

A devandita enquisa permitirá non só recadar os datos antes mencionados, senón que poderá axudar ao alumnado a reflexionar sobre o seu propio proceso de orientación académica e profesional.

 

Ligazón á enquisa

 

Performance Nós, feminino plural

Torneo de volei mixto

Esta semana deu comezo o torneo de volei por equipos mixtos. Os partidos celebraranse durante os recreos no pavillón.

No Día da ciencia na rúa (A Coruña)

Varias alumnas de 2.º ESO acompañadas pola profesora Carmen Bernabéu representaron ao noso instituto na XXII Día da Ciencia na Rúa que se celebrou este sábado no Parque de Santa Margarida da cidade da Coruña. Foi unha intensa xornada moi concorrida de público, o que contribuíu a realizar os obxectivos desta actividade: presentar a ciencia que se fai nos centros escolares, popularizar o coñecemento científico e dar protagonismo ao alumnado.

Seleccionados/as para a ronda final do concurso Pangea

 

Velaquí os seleccionados/as do noso centros que poderán presentarse á Ronda Final do concurso matemático Pangea. As probas, que se celebran conxuntamente en moitas cidades españolas, realizaranse este sábado, 6 de maio. No noso caso deberán desprazarse a Vigo. Ánimo e sorte a todos os que acompañados das súas familias se presenten.

 

Ciencia en Movemento

A tarde do marte, o alumnado de 1.º ESO compartiu na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) unha clase de ciencias a partir da explicación e experimentación con 50 obxectos científicos. Trátase dunha exposición que leva por título Ciencia en Movemento organizada pola Biblioteca Municipal dentro do programa Ler conta moito.

Curso de "Soporte Vital Básico"

O profesorado terá a oportunidade de asistir a longo das próximas semanas a varias sesión do curso de "Soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática" a cargo da xefa do departamento de Educación Física, Leticia Ogando. Aproveintando a presenza no centro de catro bonecos de práctica para a reanimación cardiopulmonar, pasaran polos grupos de alumnos para recibir coñecementos adaptados de primeiros auxilios.

CURSO PROFESORADO: Soporte Vital Básico e DESA

CURSO:
Soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática

DURACIÓN:
Mínimo 4 horas para diploma.

DOCENTE:
Leticia Ogando

DÍAS:
Do 2 ao 12 de maio

DÍAS E HORAS:

Martes: 10:45..............Pavillón
Mércores: 10:45...........Pavillón
Xoves: 11:35...............Salón de actos ou aula.
Xoves: 12:45...............Salón de actos ou aula.
Venres: 11:35..............Salón de actos ou aula
 

MATERIAIS:

Distribuir contido