blogue deCovadonga

PRIMEIRA SEMANA DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

http://picasion.com/ Xa levamos cinco xornadas do campionato, 20 partidas, e o balance non pode ser mellor. Celebráronse todas as partidas con moi bo ambiente e moito nivel. É moi bonito ver ao alumnado de 2º de bacharelato formando equipo co de 1º de ESO, e ver ao de 2º e 3º de ESO que xa van coñecendo as fichas sen mirar tanto a chuleta. O  de 4º ESO e 1ºBAC tamén queren gañar, pero neste torneo nalgún momento teñen que perder 118 dos 120 participantes, e aprender a perder é un dos obxectivos da actividade. 

Mención especial merecenos árbitros e árbitras que fan posible que todo vaia ben. Pero ...aínda queda moito!

MÉTODOS ESTATÍSTICOS. Datos comparativos Ares-Mugardos

 Unha das primeiras tarefas na materia de Métodos Estatísticos é a de coñecer o funcionamento e principais informes que elaboran organismos  que emiten datos oficiais como o CIS (Centro de Investigacións Sociolóxicas), o INE (Instituto Nacional de Estatística) ou o IGE (Instituto Galego de Estatística).

Os alumnos, agrupados en parellas, teñen que elaborar un informe con datos do IGE dos concellos de Ares e Mugardos no que deben transformar os datos en táboas e gráficas e acompañalos dun comentario. 

Posteriormente cada informe preséntase aos demais compañeiros para que emitan a súa valoración tendo en conta dous aspectos: o traballo informático e o comentario.

Finalmente elaborase unha estatística simple con todas as valoracións para coñecer a puntuación media de cada traballo.

Presentamos nos documentos adxuntos os tres traballos mellor valorados, dos que son autores ás seguintes parellas de alumnas e alumnos:

* Inés Díaz e Marta Pérez

* Cintia Pérez e Sara Vázquez

* Carlos Bello e Nicolás Tabeayo

 

MÉTODOS ESTATÍSTICOS. As enquisas do CIS

 

O mércores 30 de setembro o alumnado de Métodos Estatísticos de 2º de bacharelato asistiu a uha charla de Mª Teresa Varela Filgueiras sobre o traballo de campo das enquisas do CIS.

Na charla abordáronse entre outros temas a coidada seleción da mostra nestas enquisas, as canles de verificación internos ou o comportamento dos enquisados Resultou moi interesante.

Dende o departamento de Matemáticas queremos agradecer a  colaboración de Teresa Varela.

CANGURO MATEMÁTICO 2015

 

 

O martes 24 de marzo era o día sinalado internacionalmente para a proba do Canguro Matemático 2015. En Mugardos coincidiu coa convocatoria dunha folga  o que provocou que  non asistiron 18 dos 62 inscritos.

A proba, consistente en respostar a 30 preguntas tipo test con cinco opcións cada unha e so unha resposta válida,  desenvolveuse con moita seriedade e concentración  polo que toca felicitar aos participantes.

A finais de curso chegarán as puntuacións e poderemos ver si o nivel dos participantes se achega á media de todos os participantes, que son moitos e todo o mundo: o curso pasado  ¡máis de 7 millóns!

Preme na imaxe para xogar na rede:

Máis actividades do programa de Mellora 2015

Despois do Hipercubo e o Obradoiro de Química, tres sesións máis do Programa de Mellora que se desenvolve as tardes dos luns.

"Lectura expresiva" a cargo de Begoña Allegue.

"Elocuencia" dirixida por Telmo de Paz.

"Obradoiro de Prensa e Radio" a cargo de Serafín Álvarez.

 

 Mentres, alumnos e alumnas de 3º ESO encárganse de tres proxectos: "Agricultura ecolóxica", "Xerador de electricidade" e "Stand de actividades matemáticas para a Feira Matemática".

 

Lembramos que os obxectivos que se persiguen para o alumnado co Programa de Mellora son:

·       Estimulalo e apoiar o gusto por aprender.

·       Contribuír a desenvolver as súas capacidades.

·      Ampliar a formación con temas interesantes e motivadores que non formen parte do currículo escolar.

·      Acrecentar e consolidar o afán de curiosidade e o coñecemento e posta en práctica de distintos métodos, técnicas  e procedementos de traballo intelectuais.

·       Aumentar a implicación nas actividades do centro.

·       Mellorar o rendemento escolar.

Todos eles pódense resumir na busca e estímulo do talento no alumnado de 2º e 3º de ESO.

 

 

XXVII Open Matemático

 

 

 
A primeira xornada do OPEN MATEMÁTICO está en marcha.
Este ano centralizaremos na biblioteca o lugar de recollida e entrega de problemas e no taboleiro pegado á aula 4 poñeremos os problemas, as solucións e as clasificacións.

A exposición coas follas matemáticas irase colocando ao longo da primeira rampa de subida e cando remate o OPEN haberá actividades sobre a exposición para que se lean os interesantes paneis.

Esperamos que todos vos animedes a participar.

Data tope de entrega da primeira xornada: luns 19 de xaneiro.

 

 

 

 

OS OUTROS SEMIFINALISTAS

No segundo recreo do xoves xogouse a segunda semifinal, foi tan disputada que foron necesarias catro partidas para coñecer o nome o equipo finalista: EXISTE (o símbolo matemático desta palabra é unha E maiúscula escrita "ao revés") na imaxe de esquerda a dereita o equipo Existe formado por Julián Pérez (1º ESO) e Miguel Ángel Fernández (2º BAC) , á árbitra Sara Seoane (3º ESO) e o equipo semifinalista PRISMA formado por Jorge Morado (1º ESO) e Bran Rodríguez (2º BAC).

 

Panel cos resultados ata a final do venres 13 de xaneiro.

 

 

PRIMEIROS FINALISTAS DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

Hoxe xoves están disputándose as semifinais do XVII Campionato de Polinomios.  Xa temos un equipo finalista: TRAPECIO que resultou gañador xogando a un nivel moi alto.

Na imaxe os dous equipos e a árbitra do partido de semifinais. De esquerda a dereita o equipo finalista, Trapecio, formado por Martín Pérez (2º BAC) e Martín Marán (1º ESO); no medio, a árbitra Sara Vázquez (3º ESO) e a dereita o equipo semifinalista, Álxebra, formado por Ariadna Regueiro (1º ESO) e Almudena Vila (1º BAC).

FASE FINAL DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

 

 

 

VENRES 12 DE DECEMBRO

NO 1º E 2º RECREOS

GRAN FINAL DO CAMPIONATO DE POLINOMIOS

REMATADA A FINAL PROCEDERASE Á ENTREGA DE PREMIOS 

CAMPIONATO DE POLINOMIOS. COMEZAN OS 16-AVOS DE FINAL

CAMPIONATO DE POLINOMIOS Calendario de partidas semana do 10 ao 15 de novembro

CALENDARIO DE PARTIDAS       SEMANA DO    10 AO 15 DE NOVEMBRO

compoñentes

equipo

Día, recreo e árbitros

compoñentes

equipo

1

1º BAC  -

1º BAC -

Aida Formoso

Raquel Ibón

Derivadas

LUNS   1º RECREO

Alba e Silvia

 

26

4º ESO

4º ESO -

Miguel Pereira

Borja Fernández

Seno

2

1º BAC -

1º BAC -

Guillermo Gallego

Álvaro Romaus

Catetos

27

1º ESO -

2º BAC -

Jorge Morado

Bran Rodríguez

Prisma

3

1º BAC -

1º BAC -

Laura Fernández

Nerea Villaverde

Ruffini

LUNS     2º RECREO

Fátima e Yaiza

28

1º ESO -

2º BAC -

Adrián Couceiro

David Vila

Resta

4

1º BAC -

1º BAC -

Marta Pérez

Javier Maceiras

Pitágoras

29

1º ESO -

2º BAC -

Luis Rodríguez

Ángel Rodríguez

∫ (Integral)

5

1º ESO -

1º BAC -

Ariadna Regueiro

Almudena Vila

Álxebra

MARTES   1º RECREO

Fátima e Yaiza

 

30

1º ESO -

2º BAC -

Carla Parada

Laura Ordóñez

Elipse

6

1º ESO -

2º BAC -

Iria Fernández

Paula Oliveira

Logaritmo

31

1º ESO -

2º BAC -

Sofía Fernández

Silvia García

Fractal

7

1º ESO -

2º BAC -

María Maceiras

Alba Meizoso

Gauss

MARTES   2º RECREO

Alba e Silvia

32

1º ESO -

2º BAC -

Alejandro Arias

Andrés Fiz Saavedra

ε (Épsilon)

8

1º ESO -

2º BAC -

Mario García

Juan Escudero

Suma

33

1º ESO -

2º BAC -

Julián Pérez

Miguel Ángel Fernández

  (Existe)

9

1º ESO -

2º BAC -

Martín Marán

Martín Pérez

Trapecio

MÉRCORES   1º RECREO

Inés e Cristina

 

34

1º ESO -

2º BAC -

Zaría Figueroa

Tomás Díaz

  (Para todo)

10

1º ESO -

2º BAC -

Martín Saavedra

Alberto Permuy

√ (raiz cadrada)

35

1º ESO -

2º BAC -

Aurora López

Teresa Farías

δ (Delta)

11

1º ESO -

2º BAC -

Paola Alonso

Sergio Vila

Fracción

MÉRCORES    2º RECREO

Paula e Alexis

 

36

1º ESO -

2º BAC -

David Clavero

Alexandre Bastida

Potencia

12

1º ESO -

2º BAC -

Rafael Pérez

Alexis López

Weierstrass

37

1º ESO -

2º BAC -

Icía Díaz

Carmen Sanmartín

α (Alfa)

13

1º ESO -

2º BAC -

Sabela Martínez

Blanca Fernández

Tanxente

XOVES      1º RECREO

Paula e Alexis

 

38

1º ESO -

2º BAC -

Víctor Mallo

Rubén Leiras

(Infinito)

14

1º ESO -

2º BAC -

Uxía Fernández

Verónica González

Bolzano

39

1º ESO -

2º BAC -

Aldara Cainzos

Inés Sánchez

Esfera

15

3º ESO -

3º ESO -

Adrián García

Alejandro Saavedra

A2

XOVES      2º RECREO

Inés e Cristina

 

40

1º ESO -

1º BAC -

Ana Cancela

Sofía Vila

Pirámide

16

3º ESO -

  3º ESO-

Alba Pérez

Fátima Cancela

π (pi)

41

1º ESO -

1º BAC -

Carolina García

Aurora Silvar

Vector libre

 

CANGURO MATEMÁTICO 2015

 

VAI COMEZAR XA O XVII CAMPIONATO DE POLINOMIOS

Despois de que o curso pasado non se completara o campionato, Polín achégase de novo ao IES Mugardos. 

Xa está todo preparado paradar comezo ao XVII Campionato de Polinomios. 

Estamos recollendo as inscricións pois en novembro comezan as partidas.

Date presa en anotarte e consulta as base pois hai unha nova (a 5ª). 

MÉTODOS ESTATÍSTICOS EN BACHARELATO

 Métodos Estatísticos e Numéricos é unha materia optativa de 2º de bacharelato que este curso contou cunha matrícula de sete alumnos.

A Estatística é unha rama das matemáticas presente en prácticamente todas as áreas de coñecemento; resulta bastante frecuente escoitar dicir a estudantes dos últimos anos do graduado que Métodos foi a materia que lles resultou máis útil na universidade.

Ademáis de estudos teóricos e prácticos, neste curso abordamos a realización de traballos de diverso tipo como un estudo do consumo na cafetería do centro, un estudo de regresión en plantas ou a construcción de aparellos estatísticos.

A continuación móstrase una presentación que describe a construción de dúas Máquinas de Galton.

NON VOS ESQUEZADES, O XOVES 20, CANGURO MATEMÁTICO

COMPROBA QUE ESTÁS NA LISTA DO CANGURO.

E XA MOI PRONTO ...... O XVI CAMPIONATO DE POLINOMIOS CON MÁIS DE 70  PARTICIPANTES

OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA 2014

O sábado 17 de xaneiro, Fátima Díaz Fontenla, Verónica González Regueiro e Laura Ordóñez García, alumnas de 1º de bacharelato, enfrentáronse a os seis difíciles problemas da proba. Máis de cinco horas de traballo intelectual para tratar de achegarse á solución de algún deles.  Neste reto individual consiste a Olimpiada Matemática.  Pero a participación nesta actividade permite ademáis coñecer o ambiente universitario de Santiago: visitar as facultades, comer en comedores universitarios, comprobar o abarrote das bibliotecas en época de exames, pasear por Santiago, coñecer a outra xente....Agora quedamos á espera de resultados.

Fotos na Galería

O IES MUGARDOS NO CONGRESO DE ENCIGA EN OURENSE

O venres día 21 era o día da presentación da "Caixa dos Números Reais" no Congreso de ENCIGA (Ensinantes de Ciencia de Galicia). Os alumnos de 4º ESO: Inés Díaz, Javier Maceiras e Marta López, acompañados da profesora de Matemáticas, Covadonga, chegaron ao IES Blanco Amor de Ourense despois de dar unhas cantas voltas rúa Peliquín arriba e abaixo  seguindo as ordes, finalmente acertadas, do GPS. Tempo para pasear por Ourense, lavar as mans en auga quente (moi quente) na Fonte das Burgas e disfrutar dun bo xantar ao pé da Catedral.

Ás cinco en punto comezou a comunicación na que presentaban as "Caixas de Números Reais" construidas o curso pasado polos alumnos de 3ºB na clase de Matemáticas. Estas caixas pretenden ser un apoio didáctico para clasificar os distintos tipos de números que forman o conxunto dos números Reais (R):  Naturais (N), Enteiros (Z), Racionais (Q)  e Irracionais (I).

Con moita valentía e coñecemento, Inés, Marta e Javier colocaron no departamento correcto da caixa cada un dos números que escribían en abelás os profesores asistentes ao acto.

Relaxados despois da intervención foi tempo dun paseo ata que chegou a hora de coller o tren de volta a Ferrol.

Unha boa experiencia para os alumnos aos que o Departamento de Matemáticas agradece o esforzo realizado.

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRTE NO CANGURO MATEMÁTICO 2014

Durante o mes de novembro está aberto o prazo de inscrición no Canguro Matemático 2014. Esta é unha proba  na que cada participante ten que tratar de resolver  30  cuestións  lóxico-matemáticas en formato tipo test e na que participaron o ano pasado nada máis e nada menos que 6000000 de estudantes en todo o mundo, si si, seis millóns!!. O IES Mugardos é pioneiro en Galicia neste concurso que, sobre todo, serve para que cada participante teña referencias do seu nivel a través da análise estatística dos resultados  que proporciona a organización. 

Como novidade, podes practicar no Xogo do Canguro na páxina oficial do concurso: www.canguromat.org.es

Anímate a participar !!!

MATEMÁTICAS II: ÁNGULOS E DISTANCIAS

Material de apoio útil para o cálculo de ángulos e distancias.

Papiroflexia

O profesor de Bioloxía Edmundo López  quere facer un regalo ao IES Mugardos no seu 25 aniversario: vai doar  a súa impresionante colección de cunchas mariñas ao centro. Mundo, que é un dos profesores do Programa de Mellora, está a traballar coas alumnas de 3º de ESO: Sara, Inés, Marta, Carla, Almudena e Mercedes na clasificación das cunchas e elas xa se están a converter en expertas en malacoloxía.

Á vez que se fan os traballos de catalogación é necesario ir preparando as caixas nas que se mostrarán as cunchas. Despois de moito pensar acordamos que a mellor opción -e a máis barata- era a de construir caixas de papel utilizando a papiroflexia. 

E foi así que pedimos axuda ás ematemáticas e expertas papirofléxicas Teresa Otero e Alicia Pedreira que respondendo á nosa chamada viñeron ao IES Mugardos para mostrarnos como construir as caixas e cales son os cálculos necesarios para adaptalas aos distintos tamaños das cunchas.

Foi unha tarde moi agradable na que  ademáis de aprender a facer caixas de base cadrada practicamos moitas matemáticas.  Grazas Alicia e Teresa!!

 

 

Moitos bicos!!!

TODO PREPARADO PARA O XV CAMPIONATO DE POLINOMIOS

O luns 21 de xaneiro no primeiro recreo dará comezo o XV Campionato de polinomios coas partidas BRAHMAGUPTA-MORGAN e BOLZANO-HAWKINGS.  Xa todo está preparado e percíbese moita expectación. As parellas formadas entre rapaces de 1º ESO e de 2º de Bacharelato danlle unha nova dimensión ao torneo que xa ten conseguido un obxectivo importante: aumentar as relacións entre o alumnado de distintos cursos para realizar proxectos comúns.

Finalmente temos 30 equipos inscritos e 15 axudantes o que fai un total de 75 alumnos e alumnas participantes nesta actividade coordinada polas profesoras de matemáticas Cristina Montero e Covadonga Rodríguez-Moldes. Tamén estrearemos fichas novas adicadas ao 25 aniversario do instituto.

Nos arquivos adxuntos están os listados de participantes e axudantes e o calendario do torneo.

QUE TEÑAMOS UN BO CAMPIONATO!

Alumnado do IES Mugardos na Olimpiada Matemática

   O sábado 12 de xaneiro, GORETTI ARIAS FERREIRO  e  JAVIER RODRÍGUEZ LAMAS, alumnos de 2º de bacharelato B, participaron na fase autonómica da Olimpiada Matemática Española nunha longa xornada de intenso traballo matemático dividida en dúas sesións  -de máis de tres horas de duración cada unha delas-  nas que tiveron que enfrentarse a seis problemas moi complicados.

  A dirección do centro quere agradecer a Goretti e a Javier o seu esforzo que permite ao IES Mugardos  estar presente un ano máis  nesta importante actividade matemática.  Os resultados da proba non se coñecerán ata dentro dunha semana.

A punto de comezar a primeira sesión

Repoñendo forzas con outros olímpicos

Final do traballo

Os problemas da primeira sesión

E os da sesión da tarde

XV CAMPIONATO DE POLINOMIOS

Este curso recuperamos un clásico do IES Mugardos: O CAMPIONATO DE POLINOMIOS.  No mes de xaneiro comezarán as partidas e de novo o alumnado do centro, agrupado en parellas, practicará e xogará coas matemáticas. Unha novidade desta edición é que o alumnado de 1º ESO emparellará obrigatoriamente co de 2º de bacharelato. O resto poden emparellarse como queiran. As parellas xa están formadas e agora so teñen que coñecerse mellor e practicar.

Esta vai ser unha edición especial debido a que estamos no XV aniversario e sería moi bonito organizar un campionato extraordinario cos gañadores da anteriores edicións.

Para que podades practicar Polín mostra a información necesaria nos documentos adxuntos.

¡Moita sorte!

Alumnado do IES Mugardos presente no XXV Congreso de ENCIGA

Entre os días 22, 23 e 24 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela o XXV Congreso de ENCIGA (Asociación de Ensinantes de CIencia de GAlicia) que reunirá no IES Arzebispo Xelmirez I a profesorado de Matemáticas, Bioloxía, Xeoloxía, Física, Química e Tecnoloxía de ensinanza primaria, secundaria e universitaria de toda Galicia. 

O IES Mugardos estará presente neste evento dun xeito moi especial xa que serán rapaces e rapazas do centro, acompañados da profesora de matemáticas, Covadonga Rodríguez-Moldes, quenes presenten ao profesorado asistente ao congreso traballos que resultaron premiados no II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. As comunicacións levan os títulos "Investigación de tamaños na ameixa babosa con alumnado de 3º de ESO" que  será exposta o xoves 22 ás 18:30)  e "O rectángulo de moda fala galego: O Rei Tángulo"  que terá lugar o venres 23 ás 16:30. Desexámollles moita sorte e que fagan un bo traballo.

Programa

 

Fase final do II Concurso Incubadora de Sondaxes en Valladolid

Os días 4 e 5 de xullo desprazouse a Valladolid a expedición do IES Mugados formada polos alumnos de 3º ESO  Blanca Frenández, Verónica González, Pablo Pérez, Sergio Vila e a titora do traballo gañador en Galicia do II Concurso Incubadora de Sondaxes na categoría de ESO, Covadonga Rodríguez-Moldes.

Tratábase de expoñer o traballo: "Un dilema para o consumidor: Cal é o mellor tamaño para mercar ameixas?" que  con outros cinco traballos doutras comunidades optarían ao premio que outorgaba a Sociedade Española de Estatística. A exposición de Blanca e Verónica foi moi boa e o traballo foi extraordinariamente recibido por todos os asistentes. Todo parecía indicar que podería ser o traballo gañador na categoría de ESO. Pero non foi así. O premio otorgouse ao equipo catalán polo traballo "Salida a la luz". 

En bacharelato, o traballo gañador foi o que presentraballo polo equipo de IES Fernando Wirtz de A Coruña liderado polo profesor Enrique Pujales. O excelente traballo titulábase "Existe o cine de autor?".

A expedición do IES Mugardos mostrouse algo decepcionada polo fallo do xurado pero moi feliz pola experiencia vivida.

Estas son tres imaxes,
na primeira Blanca e
Verónica expoñen o
traballo, na segunda
o grupo camiña ao
lado da catedral de
Valladolid e na terceira
os dous equipos
galegos diante
da Facultade de
Ciencias de Valladolid.

 

 

Presentación de traballos de investigación do Programa de Mellora

Ademais das actividades programadas no PM, tamén se levaron a cabo proxectos de investigación para o  II Concurso Incubadora de Sondaxes que organiza a Sociedade Galega de Estatística (SGAPEIO). O pasado luns  os investigadores presentaron os traballos aos seus compañeiros do PM e o día 21 presentaranos aos demais compañeiros do centro.  Moita sorte no concurso!!

A decadencia dun mito estético. 
"O rectángulo de moda fala galego"
(O Rei Tángulo)

(2º ESO)

Mercedes Pereira Rodríguez
Sara Vázquez Rumbo
Rubén González Rodríguez
Joâo Pedro Moreira Dos Santos

 

Unha investigación sobre nais
e/ou pais fumadores e
rendemento escolar no
IES Mugardos

(2º ESO)

    Raquel Fernández Mesías,
Tania García Varela
Carla Vila Rañales
Marta Pérez Rey

Unha investigación sobre tamaños
na ameixa babosa.
  
Un dilema para o consumidor: 
cal é o mellor tamaño para mercar
ameixas?
(3º ESO)


  Pablo Pérez Rey
Blanca Fernández Rodríguez
Verónica González Regueiro
Sergio Vila Plana

 

Fin das actividades do Programa de Mellora

No mes de maio remataron as actividades do Programa de Mellora. As últimas sesións foron as seguintes:

Bioética a cargo de Ofelia Lubián e Mundo López quen despois dunha exposición teórica realizaron un debate co alumnado.

Alemán (2) dirixida por Olga Recio e Carmen Bernabeu na que o alumnado aprendeu os números os  saúdos e características deste idioma como que todos os sustantivos escríbense con maiúsculas ou que ten declinacións como en latín.

 

Obtención de enerxía que incluia unha visita a Reganosa do alumnado acompañado de familiares.

Para rematar unha sesión de presentación de traballos de investigación.

TRES SESIÓNS DO PROGRAMA DE MELLORA

Estas foron as tres últimas sesións do Programa de Mellora:

Este muerto está muy vivo” a cargo de Rafael Lago, profesor de Latín e Begoña Allegue, profesora de Grego quenes achegaron aos rapaces moitas aventuras dos héroes mitolóxicos da cultura clásica. Os alumnos descubriron con sorpresa a orixe de moitos nomes que están presentes no seu arredor.

 

  "Qué comemos 2” impartida por Edmundo López, profesor de Bioloxía e Ofelia Lubián profesora de Filosofía. Unha sesión no laboratorio de Bioloxía que tiña como obxectivo descubrir aditivos en alimentos.

 

"Lectura expresiva", a sesión ideal a celebrar o día do libro. Mª Amada Pernas, profesora de Lingua Castelá, e Begoña Allegue, profesora de Grego e excelente lectora de textos prepararon unha sesión na que mostraron como coa voz e coa axuda de xestos pode transmitirse toda a expresividade dun texto, on so o contido senón tamén as emocións e intencións.

NA PROCURA DO RECTÁNGULO MÁIS FERMOSO

Existen rectángulos famosos, moi famosos. Algún deles é considerado o mellor proporcionado e, polo tanto, o máis fermoso, por artistas e sabios dende a antigüidade. Están presentes ao noso arredor pero ás veces non reparamos neles.

Un proxecto de investigación que levan a cabo catro rapaces de 2º de ESO pretende coñecer cal é o rectángulo que resulta ser o elixido entre a poboación de Mugardos pola súa beleza. 

Pedimos que vos unades a esta investigación facéndonos chegar a vosa preferencia, para iso dicídenos cal é o elixido por vós e ademais engadide o voso sexo e a primeira cifra da vosa idade.

GRAZAS. Ah!, non importa se non sodes de Mugardos.

Distribuir contido