Skip to Content

Dirección

Exames de materias pendentes do curso 2021/2022: 1ª parte

Na vindeira semana, do 12 ao 16 de decembro de 2022, realizaranse os exames da primeira parte das materias pendentes do curso pasado, tanto para o alumnado de ESO como o de bacharelato. No documento anexo a esta publicación aparece o horario concreto dos exames de cada departamento, así como o lugar de realización das probas.

No caso de Educación Física, Debuxo e Latín-Grego, o lugar de realización do exame será determinado de acordo co profesorado.

1 de decembro: Día Mundial de Loita contra a SIDA

 

Neste Día Internacional de Loita contra a SIDA 2022, o lema de ONUSIDA (Programa Conxunto da ONU sobre o VIH/SIDA) é Igualdade Xa. Este eslogan fai unha chamada a abordar as desigualdades que frean a erradicación da doenza, para garantirlle a todo o mundo o acceso ao diagnóstico e terapia, así como o respecto, superando as discriminacións e o estigma social.

Tanto o Sergas como o Ministerio de Sanidade teñen campañas divulgativas que inciden na necesidade da prevención e das probas diagnósticas temperás:

 

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O IES David Buján quere ser un espazo libre de violencias machistas.

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Equipo directivo

 

 2022-2023

 
 Director  Ricardo Rodríguez Portela
Vicedirector Antonio Porto Sánchez
 Xefe de Estudos Alejandro Gómez Fernández
 Secretaria  Inmaculada Otero Varela
Distribuir contido


by Dr. Radut