Skip to Content

Bioloxía e xeoloxía

Apadrinamos a Kudia!

Ao longo deste curso 2015-16 o alumnado do IES David Buján realizou unha campaña de recollida de móbiles para colaborar co traballo do Instituto Jane Goodall no Centro de Rehabilitación de Tchimpounga, no Congo. Como resultado, vimos de recibir o certificado de "chimpamig@s de Kudia, unha chimpancé rescatada e reinitroducida na Reserva Natural de Tchimpounga. Teremos novas dos seus progresos no próximo ano.

 

 

Meteoescolas

  • Fotografías
  • Presentacións
  • Vídeos

Visita á Domus co grupo de 4º de ESO

O martes 15 de Marzo visitamos a Domus para realizar un interesante taller de biotecnoloxía, no que aprendimos a importancia da proteína Mylip na a prevención da aterosclerose, e clonamos o seu xen en bacterias para poder estudala.

Olimpiada de Bioloxía

O pasado día 15 de xaneiro as alumnas de 2º de Bacharelato: Arina Coretchi, Alicia González e Tatiana Veiga, participaron na Olimpiada de Bioloxía que se celebrou na Facultade de Ciencias da UDC.

olimpiada

Día da Ciencia en Galego

O vindeiro mércores 4 de Novembro celebraremos o Día da Ciencia en Galego participando na videoconferencia de Xurxo Mariño: "A máquina que constrúe a mente e a realidade".

 

Lecturas recomendadas para o curso 2015-16

Durante este curso propoñemos a lectura dos seguintes libros:

1ºESO:

- Mi Familia  y Otros Animales (Gerald Durrell)

- Bichos y Demás Parientes (Gerald Durrell)

- Los Secuestradores de Burros (Gerald Durrell)

2ºESO:

- ¡Enchúfate a la Energía! (Ignacio Fernández Bayo)

- Esos Asquerosos Bichos. Esa Horrible Ciencia (Nick Arnold)

- Funestas Fuerzas. Esa Horrible Ciencia (Nick Arnold)

3ºESO:

- Viaje Alucinante (Isaac Asimov)

- Neurociencia para Julia (Xurxo Mariño)

- Survive! Inside The Human Body: The Digestive System (Gomdori co. ; Hyun-dong Han)

- Survive! Inside The Human Body: The Circulatory System (Gomdori co. ; Hyun-dong Han)

- Survive! Inside The Human Body: The Nervous System (Gomdori co. ; Hyun-dong Han)

4ºESO:

- Autobiografía (Charles Darwin)

- El Tío Tungsteno (Oliver Sacks)

- El Hombre que Confundió a su Mujer con un Sombrero (Oliver Sacks)

- La Naturaleza en Peligro (Miguel Delibes de Castro)

Campaña "Movilízate por la Selva"

Ao longo deste curso realizaremos unha campaña de recollida de móbiles vellos para promover a súa reutilización e reciclaxe, e apoiar as actividades do Instituto Jane Goodall para a conservación dos ecosistemas africanos.

Programación do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía 2015-16

Programación Departamento Bioloxía e Xeoloxía 2015-16

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

 twttersíguenos en #profe 100cias


 Europa e Ciencia

 Libros de texto

 Sección bilíngüe

 Plan de lectura

 Actividades do Departamento

 Aula virtual Vicens

 Galería de fotos

 

A páxina do noso Departamento contén recursos para o estudo das Ciencias da Natureza, a Bioloxía e a Xeoloxía. O obxectivo deste espazo é educativo. O material utilizado é con fins didácticos
   

Proxecto seleccionado por EducaBarrié

A Fundación Barrié para a comunidade educativa, ven de seleccionar os proxectos para o curso 2013-2014. O noso centro participou nesta convocatoria en colaboración coas fundacións IBERCIVIS e Ocean Networks Canadá co proxecto

"CIENCIA CIDADÁ NA ESCOLA"

Resultando ser un dos tres proxectos seleccionados dentro da modalidade "proxecto colaborativo e intercentros".

Os profesores encargados do proxecto, xa estamos a traballar para que as actividades sexan o máis atractivas e inovadoras.

Participantes: 

Mercedes Alves Moreno

Aniana Díaz Gómez

César Docanto Vázquez

Mª José López Lugilde,

Marta Mosquera Rivas

Magdalena Rey González

Eva Pilar Sanz Santas

Carmen Suárez López

José Viñas Diéguez 

Resolución da Fundación Barrié.

Prensa

Distribuir contido


by Dr. Radut