Skip to Content

2ºBAC

Visita a laboratorios da UDC

O pasado martes 29 de novembro o alumnado de Química, Bioloxía e CTMA de 2º de Bacharelato visitou as instalacións dos laboratorios do SAI (Servizo de Apoio á Investigación) da UDC. Neste edificio concéntrase unha grande cantidade de equipamento científico de alto custo para poder dar servizo aos grupos de investigación, tanto da Universidade como de organismos privados. Na Unidade de Cromatografía, Gerardo explicounos o tratamento e a análise mediante cromatografía de gases-masas, de diferentes mostras para detectar contaminantes ou substancias tóxicas en alimentos. Verónica, da Unidade de Análise de Augas  falou da importancia dos erros e da calibración e validación dos instrumentos de medida. Grazas ao microscopio electrónico, Eugenio mostrounos microorganismos e estruturas de insectos que non poderíamos ver con métodos ópticos convencionais e na Unidade de Bioloxía Molecular, Fernanda explicounos o funcionamento dun equipo de PCR e as súas aplicacións e diferentes campos. Moitas grazas a todo o persoal polo seu tempo e polas estupendas explicacións que ofreceron!

Distribuir contido


by Dr. Radut