Skip to Content

Cine en Galego

Cine en galego: A lingua das bolboretas

A cita mensual co noso cine é o 26 de novembro (o cuarto luns do mes) na aula de 1º ESO A ás 14:45. Este mes a película escollida é A lingua das bolboretas. Son os anos 30 e Moncho está aterrado porque comeza a escola.  Pouco a pouco os seus temores irán desaparecendo grazas á axuda do mestre, don Gregorio, de marcada tendencia progresista, sabio e comprensivo. Pero estala a Guerra Civil... e todo o muda. A película é un canto á liberdade  e ao respecto que se basea entres contos de libro Que me queres, Amor? de Manuel Rivas. 

 

 

 

Cine en galego

Na fraga de Cecebre cando os homes non están as árbores conversan entre elas, cantan, falan cos animais, ...

O próximo 29 proxectarase no centro, dentro do programa Cine en Galego, esta  película de animación producida no 2001 por Dygra Films, O bosque animado foi un fito na súa época ao ser unha obra de animación totalemente creada por computador e dunha calidade excepcional,merecedora de moitos galardóns dentro e fóra das nosas fronteiras. Trátase dun filme basado na novela de Wenceslao Fernández Flórez.

A película proxectarase con subtítulos en inglés.

O programa Cine en Galego é unha iniciativa dos departamentos de Inglés, Lingua Galega e do  Equipo de Dinamización Lingüistica  do centro que busca achegar ao público máis novo ao noso cine, á nosa lingua e desarmar algúns do prexuízos lingüísticos que aínda pexan o galego. Esta actividade desenvolverase o último luns de cada mes.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut