Importante: A través desta modificación do procedemento de admisión do alumnado trátase de dar o soporte xurídico necesario para implementar a aplicación informática "admisiónalumnado" a partir do curso escolar 2017/2018. Esta aplicación permitirá presentar as solicitudes e a documentación e tramitar o procedemento de forma electrónica garantindo a tutela deste dereito da cidadanía, facilitando e axilizando a xestión por parte dos centros docentes.