Skip to Content

vídeo

Contaxio

Contaxio’ é unha viaxe polo dicionario, para descubrir como se sente esta palabra e coñecer a súa relación con outras palabras como “medo”, “inxustiza” ou “pobreza”, pero tamén as oportunidades que lle brindan outras como “ vacina”, “medicina” ou “investigación”. 

Este conto pretende sumar o seu grao de area para promover o dereito dos nenos, nenas e adolescentes á educación e a estar informados dos temas que lles afectan: un conto que fala da actualidade, das implicacións do coronavirus, un conto para a historia. 

Promovido por UNICEF e a actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga de UNICEF Comité Galicia, ‘Contaxio’ é un conto colaborativo escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e coa ilustración de portada do pintor Leandro Lamas.

Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia participan nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez; ademais da realizadora Lucía Rodríguez.

Café con TICs en abril

Propostas educativas con croma

Propostas educativas con croma 

O noso agradecemento a @xacobodetoro por unha magnífica sesión de formación no Centro.

Xacobo de Toro en YouTube

Para explorar: Explain Everything  / Touchcast / 5 xeitos de conectar o teu dispositivo móbil ao ordenador ou ao encerado da aula /

 

01010202030304040505060607070808

Aprendizaxe invisible

 

Pedro Cuesta, sen dúbida como pequena provocación, recomendounos que visionásemos este vídeo do profesor Cristobal Cobo: Aprendizaxe invisible. Como aprender a pesar da escola?

 

O portátil da aula

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut