Skip to Content

Biblioteca A3P

NOVOS LIBROS PARA OS NOSOS CLUBS DE LECTURA

Varios dos nosos clubs de lectura veñen de rematar o libro que estaban lendo e comezar un novo. É o momento para que vos incorporedes a esta actividade. Aquí vos deixo a información actualizada.

RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA PARA AGASALLAR E AGASALLARSE EN NADAL

Os membros do equipo da biblioteca e varios alumnos de 1º de ESO estivemos pensando en libros bos e bonitos que nos poderían traer Papá Noel ou os Reis este Nadal.  O resultado está neste arquivo que vos xuntamos e tamén nas estrelas penduradas da árbore de arriba.

Tamén vos lembramos que podedes levar o que queirades da biblio para ler nestas vacacións (deixando nota se non hai ninguén).

O grupo de biblioteca desexa a toda a comunidade educativa do David Buján unhas Felices Festas, sempre na boa compaña dos libros.

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA. NOVEMBRO-DECEMBRO

Neste PDF podedes ver a maioría dos libros chegados á nosa biblioteca nas últimas semanas.  É unha selección coidadosa e atractiva.  Está ao voso dispor.  Seguro que atoparedes o que vos interesa.

Boa lectura!

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Dende a nosa biblioteca sumámonos á importante data de hoxe, 25 de novembro, e achegamos unha presentación para invitarvos a ler libros que nos axuden a superar esta lacra.  Contra a violencia machista, lectura, educación, imnformación, cultura.

CLUB DE LECTURA AVELAÍÑA

Xa temos en marcha os clubs de lectura previstos ao comezo o curso, aínda que se poden formar máis.  Neste arquivo podedes ver os libros que estamos lendo en cada grupo de alumnado (organizados por cursos) e no grupo de profes.  Sempre estades a tempo de incorporarvos a algún deles.

Animádevos.

Feliz e proveitosa lectura!

CONTOS DE MEDO NA BIBLIO

Este venres, 5 de novembro teremos sesión de contos de medo na biblioteca. É unha actividade para traballar a oralidade, que é unha das recomendacións para este curso da Asesoría de Bibliotecas Escolares.  Está organizada pola nosa biblioteca e polo departamento de Lingua Castelá  Vai dirixida ao alumnado de1º de ESO e actúan como narradores alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO e de 1º de Bacharelato. Aquí podedes ver o alumnado lector e os textos que van ser lidos.

Día internacional da tradución: 30 de setembro

30 de setembro

DÍA INTERNACIONAL DA TRADUCIÓN

O 30 de setembro de cada ano celebramos o Día Internacional da Tradución, que coincide coa festa de San Xerome, un erudito sacerdote cristián que foi o primeiro en traducir a Biblia ao latín desde o hebreo orixinal.

Os intérpretes e tradutores son moi importantes. Fan accesible para todo o mundo o que antes só podían entender uns poucos. O seu traballo pode impactar nas relacións entre diferentes países e mesmo mudar o curso da historia. Os intérpretes e tradutores fan un labor incrible, e merecen ser recoñecidos por iso. Esta necesidade impulsou a creación do Día Internacional da Tradución.

Na nosa biblio celebrámolo cunha exposición de carátulas e textos de Don Quijote en corenta linguas e cunha mostra de fondos nosos, colocada no vestíbulo, que podedes ler en varias linguas.

 

Sonhos de papel: Clube de leitura em lingua portuguesa

Vídeo memória do Clube de leitura em lingua portuguesa "Sonhos de papel", dirigido pela professora Irene de Concepción.

Realização do vídeo a cargo da professora Isabel Parada.

Distribuir contido


by Dr. Radut