Skip to Content

Dinamización lingüística

Correlingua

04/05/2012 10:10
04/05/2012 14:10
Etc/GMT+1


 


 


O próximo día 4 de maio vaise celebrar polas rúas da Coruña o Correlingua da nosa comarca, unha actividade que convida á mocidade a  reivindicar a lingua galega publicamente. Este ano, do noso instituto van participar os  alumnos de 4º da ESO que o desexen.


 O Correlingua vénse celebrando de xeito regular desde o 2000 aínda que é unha vella iniciativa promovida na súa orixe por entidades culturais. Na actualidade está organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Confederación Intersindical Galega – Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, os Concellos de Lugo, Pontevedra, Ourense e Vigo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.


As carreiras pola lingua partirán de Ourense e percorrerán once comarcas galegas (Ferrolterra, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, Baixo Miño e O Condado, O Morrazo, Ribeira Sacra e A Mariña) coa participación de centros de ensino de toda Galiza. Cada unha das carreiras rematará cunha festa pola lingua que contará con actuacións teatrais e musicais por parte dos artistas convidados e do propio alumnado.


 

XIII CERTAME MUSICAL " A mocidade coa lingua"

26/04/2012 09:20
26/04/2012 14:00
Etc/GMT+1


 


Un ano máis celébrase o concurso musical "A mocidade coa Lingua, unha inicitaiva  dirixido aos centros de ensino e que se ensire dentro das actividades de dinamización da lingua galega que pretenden  promover o uso do galego no ámbito do lecer.


Este ano o centro organizador é o IES Manuel Murguía de Arteixo, e vaise  levar a cabo no Centro Cívico Municipal desa localidade.


Desde o IES David Buján van participar dous grupos: Creig Seven e Brétema. Os seus integrantes son maioritariamente de 1º de BAC.  Todos os seus compañeiros de  curso que queiran  poderán asistir ao concurso para animalos. Esperamos divertirnos moito.


                          ÁNIMO RAPACES!! MOITA SORTE!!


 

Rutas literarias polo Museo

16/04/2012 00:30
16/04/2012 18:10
Etc/GMT+1

O 16 de abril, todo o día, 48 alumnos de 2º da ESO, acompañados por catro profesores farán unha visita á cidade de Lugo, como complemento á lectura do libro Contos do Museo. Farán un roteiro literario polo Museo Provincial de Lugo, visitarán a Centro de Interpretación da Muralla, pasearán polo casco histórico e camiñarán polo adarve da muralla.

Pola tarde irán ao Castro de Viladonga.

Os rapaces precisarán levar o xantar e, desgrazadamente, roupa de auga, pois parece que hai moitas posibilidades de que chova.

Aínda así, esperamos aprender moito e disfrutar máis.

Xa contaremos á volta.

Visita de Andrea Maceiras

27/02/2012 00:00
27/02/2012 23:00
Etc/GMT+1


Hoxe visita o noso centro a escritora Andrea Maceiras, autora da novela Violeta tamurana, gañadora do premio Meiga Moira no 2010.


Dita obra figura no plan lector de 2º da ESO, polo tanto serán  estes os alumnos que interveñan no acto.


Trátase dunha obra  protagonizada por personaxes de diferentes cores, que representan a distintos pobos, algúns deles sometidos. A súa autora cualifica a obra como unha alegoría contra o racismo e sostén a tese de quen  sustenta o dominio sobre os pobos que "o fai mantendo a ignorancia e o temor ao descoñecido e diferente".


 

Día de Rosalía de Castro

24/02/2012 00:49
24/02/2012 23:49
Etc/GMT+1


 O 24 de febreiro de 1837 nacía, en Santiago, Rosalía de Castro. 175 anos despois a súa obra permanece viva.


   D´aquelas que cantan as pombas y as flores

 Todos din que teñen alma de muller

Pois eu que n´as canto, Virxe d´a Paloma

                     ¡ Ay! ¿de que´ a terei?

                                                                        " Vaguedás", Follas novas, 1880


 Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.
A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos como poeta nacional, pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos. (Texto extraído da páxina da AELG)


 No IES David Buján queremos contribuír á difusión e promoción da figura e obra de  tan extraordinaria escritora convocando un Concurso de Presentacións.


A continuación apuntamos algúns enlaces de interese e as bases do concurso:


http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Rosalia_125aniversario.pdf


http://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro


 http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RosCastr&alias=Rosal%EDa+de+Castro&solapa=obras


 BASES


1. Os Departamentos de Lingua e Literatura Galegas e Dinamización Lingüística convocan un concurso de presentacións en formato dixital para promover o coñecemento da figura e obra de Rosalía de Castro  no ámbito das novas tecnoloxías.


2. As presentacións (en formato .ppt, .pptx ou .odp) deben incorporar texto e este ha ser redactado en lingua galega. Poderase incorporar audio.


Non hai extensión máxima para a presentación.


3. O tema das presentacións debe estar vinculado á figura e obra de Rosalía de Castro.


 4. As presentacións deben ser orixinais e non poden estar publicadas previamente nin premiadas noutros certames.


5. Os traballos seleccionados formarán parte dunha galería de presentacións que  se exhibirán o día 24 no centro. Ditos traballos  poderán estar dispoñibles no espazo web do centro.


 6. O envío das presentacións farase por correo electrónico  ou entregaranse directamento nos Departamentos que convocan o concurso.


7. O xurado estará formado por profesorado do IES David Buján, que escollerá as  mellores presentacións que obterán premio, así como a selección de traballos que formarán parte da galería. 


8. As fotografías, imaxes, mensaxes e, en xeral, calquera contido empregado, así como calquera reclamación en relación cos mesmos, son responsabilidade exclusiva dos autores das presentacións.


10. A participación neste concurso implica a autorización automática ao IES David Buján para publicar a presentación. Así mesmo, os departamentos convocantes reservan para si o dereito de corrixir os erros lingüísticos que poidan aparecer no texto, co fin de evitar a difusión de presentacións con grallas.


11. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases e do ditame do xurado.

O Entroido

Carnaval ribeirao. Volante da Ribeira Sacra


O Entroido é unha festa pagá de orixe ancestral e de longa tradición en Galicia, que como outras de gran raizame, se transforma en relixiosa coa celebración do Mércores de Cinsa. Pero os días máis representativos destas festas son o domingo, luns e martes. No noso concello tamén é moi celebrado o sábado seguinte: o carnaval pequeno. Pero realmente o Entroido comeza tres domingos antes. Este domingo, dependendo das zonas, recibe distintos nomes: fareleiro, corredor, folecheiro, lambedeiro ... Despois do domingo fareleiro, celébrase o xoves de compadres; e  o xoves antes do domingo de entroido,  o xoves de comadres. O Entroido acostuma rematar co Enterro da Sardiña, ou o Deus Momo, e o Mércores de Cinsa.


Este mundo de transgresión que se crea nestas datas vén representado polas máscaras dos cigarróns, boteiros, peliqueiros, pantalla, choqueiros, lanceirosa, xenerais, madamitas, volantes...


O entroido é unha das festas tradicionais máis antigas que se celebra en moitos lugares de Europa. Na nosa terra temos un dos entroidos máis importantes de España do que aínda hoxe se descoñecen as súas orixes, con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre as diversas poboacións.  Podedes ver unha pequena exposisción destes carnavais tradicionais  no corredor do centro


A celebración do Entroido ten a súa orixe en festas na honra de Baco, o deus do viño, ou o deus exipcio Apis. Segundo algúns historiadores, a orixe destas festas remóntanse máis aló dos 5000 anos.


Atrévete a investigar sobre o entroido en Galicia e descubrirás os costumes e tradicións que envolven esta celebración.



 


                       


          Boteiros de Viana do Bolo                                               Entroido de Cobres. Madamas


O venres, 17 celebraremos no David Buján o noso Entroido ( Xogos Olímpicos)


A PASALO BEN!!

Neira Vilas

Nereida Rodríguez, 4º ESO B.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Nadal 2011

Lucía Mesías de Concepción 2º ESO "A"

O teu sorriso

o mellor adorno de Nadal!

Felices Festas!

Distribuir contido


by Dr. Radut