Skip to Content

Xornadas no Clube de Tenis e padel Marineda cos alumnos de 2º ESO

O alumnado de 2ºESO participou o pasado 29 de xaneiro na actividade de tenis e pádel no Clube Marineda. Actividades financiada co proxecto Erasmus +”Sports and healthy food for inclusion“.

Semana da Astronomía

Este curso retomamos unha nova semana de adicación especial a astronomía. Do 21 ao 25 de xaneiro, participamos nunha variedade de traballos e actividades. Aquí, unha breve mostra das mesmas.

 

 

Campionato Comarcal de Campo a través en Acea da Má

O pasado venres 11 de xaneiro máis de 160 alumnos do noso Instituto, participaron no Campionato Comarcal de Campo a través dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia e organizado de forma excelente polo servicio de deportes do Concello de Cambre.
Os alumnos Leon Díaz, Kevin Fernández e Xoán Recuna quedaron primero, segundo e cuarto posto respectivamente na categoría cadete, e a nosa alumna Claudia Romeral acadou tamén un cuarto posto nesa mesma categoría .
Tamén acabamos primeros na categoría infantil masculina grazas ao esforzó do noso alumno de 1º ESO, Ángel Piñol.
Parabéns a eles e a todos os que participaron porque o fixeron moi ben.                                              
                                                              

 

 

 

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO

 

O IES David Buján felicita este Nadal e o vindeiro ano 2019 a toda a comunidade educativa con esta iniciativa do departamento de Matemáticas e o departamento de Convivencia: unha árbore de Nadal fractal co tetraedro de Sierpinski. 

Tedes toda a información e instrucións na imaxe adxunta.

 

    

Distribuir contido


by Dr. Radut