Skip to Content

Charla Coloquio sobre Máquinas Intelixentes

Grazas ao proxecto eduMotivacon, tivemos o pracer de contar no centro con Senén Barro, Físico e Catedrático da USC que nos ilustrou sobre a evolución da Intelixencia Artificial e as posibilidades a medio e longo prazo.

 

Xornada de acollida para o alumnado de 6º de Educación Primaria

O pasado xoves 1 de xuño  recibimos no Instituto a visita do alumnado de 6º de Educación Primaria dos CEIP “ Emilio González López” e CEIP “Gonzalo Torrente Ballester” adscritos ao IES David Buján. Estas xornadas permiten ao alumnado coñecer as diferentes dependencias e instalacións do IES mediante o percorrido que realizan acompañados polo alumnado de 1º de ESO que serven de guía coa axuda das diferentes actividades e explicación do profesorado e do alumnado  doutros cursos.

 As xornadas de acollida rematan hoxe luns  día 5 de xuño coa xuntanza das familias á que están todos convidados de 18:30 a 19:30 para coñecer as características da etapa de  ESO que comezarán os seus fillos e fillas para o vindeiro curso escolar 2017-18.

Concurso Coca-Cola, Jóvenes Talentos

O pasado venres 26 de maio, a nosa alumna Candela Mayer (2º ESO A) acudiu á entrega de premios do concurso Coca-Cola Jóvenes talentos, celebrada no pazo de Mariñán. No evento estivo acompañada pola súa familia e mais pola súa profesora de Lingua Castelá e a Directora do centro. Lembrámosvos que en Galicia se presentaron 550 nenas e nenos de 2º de ESO e que Candela obtivo o 2º premio no sector da Coruña. Un novo premio e un motivo máis para sentírmonos moi orgullosos dos nosos alumnos!

E os nominados son...

Manuel Lourenzo
Seguindo unha iniciativa do Grupo de Dinamización Lingüística estamos nomeando os espazos do Centro con nomes propios da cultura. O primeiro foi o Salon de Actos, que levará o nome dun home do noso teatro, Manuel Lourenzo. O pasado luns, día 15, compartimos con Manuel Lourenzo uns minutos inesquecibles e decubrimos con el o rótulo deseñado por Silvia Fernández, profesora de Debuxo. Na galería de imaxes que acompaña esta entrada podedes ver algúns momentos desa tarde.

Os outros nomes elixidos* polo alumnado son:

1º ESO A Eduardo Pondal
1º ESO B Manuel María
1º ESO C Fina Casladerrey
2º ESO A Neira Vilas
2º ESO B Rosalía de Castro
3º ESO A Agustín Fernández Paz
3º ESO B Andrea Maceiras
3º ESO C Castelao
4º ESO A Celso Emilio Ferreiro
4º ESO B Carlos Negro
1º BAC A Martín Codax
1º BAC B Manuel Curros Enríquez
1º BAC C Rafael Dieste
2º BAC A Eduardo Blanco Amor
2º BAC B Álvaro Cunqueiro
2º BAC C Luz Pozo Garza
Biblioteca Frei Martín Sarmiento
Latín Monxa Exeria
Aula de Tecnoloxía Ángeles Ruíz Robles
Aula de Plástica Isaac Díaz Pardo
Laboratorio Ángel Carracedo
Info A Mª Josefa Wonenburger
Aula de Convivencia María Reimóndez
Desdobre 1 Ánxel Casal
Desdobre 2 María Miramontes

*A elección realizouse durante o curso 2015-2016

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noa Fernández gañadora do I Certame de Videopoemas convocado pola Casa Museo Manuel María

Noa Fernández, de 4º ESO B, co seu videopoema Cheguei a Fisterra foi a gañadora do I Certame de Videopoemas convocado pola Casa Museo Manuel María. A gala de entrega de premios tivo lugar en Outeiro de Rei o pasado sábado día 20 e a ela acudiron as autoras dos dez videopoemas seleccionados polo xurado. Seis dos dez traballos  finalistas foran presentados por alumnado do IES David Buján. O xurado quixo facer unha especial mención ao videopoema realizado por Gloria Guindos, de 1º de Bacaharelato, sobre un coñecido poema de Rosalía," Negra sombra", destacando os seus valores interpretativos e o seu excelente recitado. Parabéns ao alumnado participante e nomeadamente ás premiadas e ás finalistas: Lucía González, Marta Paz, Bárbara Santos, de 4º de ESO e Ana Rascado de 2º de Bacharelato.

Os videopoemas finalistas poden verse na páxina da Casa Museo.

 

11 22 33

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut