Skip to Content

AVISO DE ÚLTIMA HORA

Por motivos alleos ao centro, non disporemos de servizo de cafetería ata novo aviso.

Sentimos as molestias que isto poida causar.

Anuario 2017-18

Tamén podes descargalo aquí en .pdf

Concurso Fotografía e Matemáticas 2018

  Premios XV Concurso Fotografía e Matemáticas

 

   Velaquí os premiados

Preme aquí para ver as fotografías gañadoras

O grupo de teatro musical do IES David Buján representou Hair Spray no Ágora

O pasado 19 de xuño, no centro cultural Ágora, o grupo de teatro-musical do noso centro -integrado por máis de setenta mozos e mozas- levaron a escena unha versión libre do clásico Hair Spray. O traballo foi o resultado dun PFPP coordinado desde o CEFORE de A Coruña. Neste proxecto participaron máis de setenta alumnos e un terzo do claustro de profesores.

Viaxe a Roma dos alumnos e alumnas de 4º da ESO

Este ano, os alumnos e alumnas de 4º da ESO fomos de viaxe de fin de curso a Roma, dende o 12 ao 16 de xuño. O primeiro que notamos foi a calor que facía cando chegamos pola noite. É unha cidade que mires por onde mires hai esculturas e monumentos da época Barroca, como por exemplo a Fontana di Trevi ou a Fonte dos Catro Ríos. Tamén visiitamos o Vaticano. Alí vimos a Basílica de San Pedro, a Capela Sixtina, tapices e algunhas esculturas romanas tamén moi importantes.

Todas as tardes tiñamos tempo libre para mercar recordos e para dar unha volta. Tivemos oportunidade de cear pola nosa conta e puidemos probar comidas típicas de Italia, como a pizza e a pasta. Os camareiros dos restaurantes eran bastantes simpáticos. Por úlltimo, visitamos o Coloseo e os foros romanos cunha historia moi interesante.

Alán Roibás e Sergio Moar

Distribuir contido


by Dr. Radut