Skip to Content

O noso centro participa no Correlingua

 

O venres 4 de maio o alumnado de 2°ESO mais algunhas rapazas do voluntariado lingüístico participamos no Correlingua da Coruña.

Nesta actividade rapaces e rapazas de varios colexios e institutos da contorna fomos camiñando dende a esplanada de Riazor até a Torre de Hércules reivindicando os dereitos da lingua galega.

O lema deste ano é: "a lingua non para" e por iso todos nós fomos cunha camisola fucsia e un dorsal simulando unha carreira que ía encabezada por unha vespa co dorsal 00.

A min encántanme este tipo de actividades, xa que ademais de manifestarnos para  que o galego sexa unha lingua normalizada en todos os ámbitos, fixemos un pouco de deporte.

Edén Avecilla Carrera, 3ºESO B

 

Campionato escolar de tenis de mesa no Clube do Mar

 

Este venres, os nosos alumnos participaron na fase local do campionato escolar de tenis de mesa. Na categoría infantil masculina, acadamos o segundo e o terceiro lugar no podio; na categoría cadete masculina, rematamos en terceira e cuarta posición. Os nosos parabéns a todos os participantes!

O IES David Buján súmase ao 8 de marzo

Desde o IES David Buján queremos dar visibilidade ao Día da Muller coa lectura do poema, A xustiza pola man, incluido no poemario Folla novas, de Rosalía de Castro.

Faremos unha lectura pública no segundo recreo, na entrada do centro.

Día da muller e da nena científica

O 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Con motivo desta conmemoración organizaremos no centro diferentes actividades durante os vindeiros días:

Exposición “Con A de Astrónomas”

Mostra de materiais audiovisuais e bibliográficos sobre muller e ciencia

Charlas con mulleres investigadoras:

  • O día 16 de febreiro virán do Instituto Oceanográfico de Coruña para falarlles aos alumnos de 1º ESO da figura da muller na investigación oceanográfica e na bioloxía mariña.

  • O 20 de febreiro, Lucía Viñas, Licenciada en Químicas e investigadora do centro Oceanográfico de Vigo falará sobre microplásticos ao alumando de 2º ESO.

 Ese mesmo día, estará co alumnado de 4º ESO, Manuel Oñorbe, para falarlles dun proyecto de ciencia ciudadá relacionado con fenoloxía en todas as reservas da biosfera de España. 

Ponte no seu lugar, unha actividade solidaria

Durante os tres minutos que dura o vídeo, moitos rapaces e rapazas do noso centro metéronse na pel dun neno refuxiado: o seu nome, a súa idade, a causa da súa fuxida ou a súa situación actual pasaron a ser parte da súa vida.

Moitas grazas polo voso traballo e aquí tedes algúns dos vosos vídeos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut