Skip to Content

Defensa do traballo de investigación do STEMbach, Dispositivo de medida de parámetros da calidade de auga de río.

O mércores 28 de  Abril de 2021, tivo lugar a defensa dun traballo de investigación do  STEMbach 2019-2021 do IES David Buján. 

Paula Velo, Diego Rodríguez e Mateo Silveira,  presentaron o seu proxecto de investigación, "Dispositivo de medida  de parámetros da calidade da auga de río", co-dirixido polo coordinador do STEMbach, Jose Viñas e polo profesor José Anta, do Laboratorio de Enxeñería Sanitaria e Medioambiental da ETS de Camiños da UDC. 

O traballo de investigación dos alumnos foi calificado cun 10 pola Comisión avaliadora.

Noraboa pola ilusión, esforzo e adicación no traballo, 

Concurso "É logo?": deseño dun logo para máscaras.

 

  Para ver as bases do concurso,

entra AQUÍ.

 

II CONCURSO DE HAIKUS

Os xogos olímpicos, celebrados esta ano en Xapón, están preto.

Para ir entrando en situación, e para impulsar a creación literaria en galego, o EDLG  convoca un Concurso de haikus. Haberá, como sempre, gorentosos premios da cafetaría de Aurora

Anímate e participa.

BASES

Graffiti a Xoán Díaz

Desde a semana pasada contamos cun graffiti da autoría de Aiser en honor a Xoán Díaz. Desta maneira, a súa lembranza grava tamén os muros do noso centro. Os nosos recordos transpórtanse en mensaxe de cores dentro da súa botella.

Listaxe provisional de admitidos no proceso de admisión de alumnado 2021/2022

Dende hoxe, luns 26 de abril de 2021, están publicadas na cortiza da entrada do IES David Buján, a listaxe provisional de admitidos e non admitidos no proceso de admisión de alumnado 2021/2022.

Poderán presentarse reclamacións nun prazo de cinco días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

Defensa do traballo de investigación do STEMbach, O laboratorio das emocións

Tal día como hoxe, mércores 21 de  Abril de 2021, tivo lugar a defensa do traballo de investigación do primeiro bienio do STEMbach 2019-2021 do IES David Buján. 

Andrea Cadaveira e Candela Mayer presentaron o seu proxecto de investigación, "O laboratorio das emocións", co-dirixido polo coordinador do STEMbach, Jose Viñas e dúas profesoras da Unidade de Investigación FORVI da UDC. 

O traballo de investigación das alumnas foi calificado cun 10 pola Comisión avaliadora.

Noraboa pola ilusión, esforzo e adicación no traballo, e como non, polas moitas emocións que fixéchedes resaltar aos alí presentes.

Cribado Covid-19 a través das farmacias para o alumnado entre 12 e 17 anos

A Consellería de Sanidade, o SERGAS e o Colexio Oficial de Farmacéuticos de A Coruña inician hoxe luns 19 de Abril unha campaña de detección de SARS-CoV-2 dirixida á poboación adolescente (de 12 a 17 anos).

As farmacias de cada municipio colaborarán con esta iniciativa, dispensando os kits de autorrecollida de mostra en saliva, aportando información sobre como debe realizar o paciente a toma da mostra, así como o procedemento para a súa posterior recepción e envío desde a farmacia, ao Laboratorio.

Poderedes acceder á información actualizada e a listaxe de farmacias onde realizar a proba na seguinte ligazón:

https://www.cofc.es/campana/79-campana-de-deteccion-de-sars-cov-2

Premios concurso de fotografía 2020

 

XVIII Concurso de Fotografía e Matemáticas

 

 

          Premios 2020                             

1º Premio: Xira Sol Sol

    Iago Pérez Paz              

 

2º Premio: Fractal

  Emma Rodríguez-Trelles Mira           

   

3º Premio: Bolboreta

Iago Pérez Paz

Accesit

Ana Ramos

Experiencia pilodo do proxecto Europeana acompañados da Domus

Origamis de froitas, cociña molecular, gramíneas en alimentación,... toda unha experiencia piloto co

alumnado de 1º de bacharelato no proxecto Europeana acompañados pola Domus.

 

Proceso de admisión de alumnado 2021/2022

Presentación de solicitudes de admisión:

O día 01/03/2021 comeza o procedemento de admisión para o alumnado de centros non adscritos. As solicitudes presentaranse desde o día 1 de marzo de 2021 ata o 22 de marzo de 2021. Neste período os pais/nais ou titores legais do alumnado interesado deben presentar o modelo de solicitude ED550B. O formulario ED550B tamén será facilitado gratuitamente polo centro, ademais de estar tamén dispoñible na páxina web da Consellería.

Para presentar as solicitudes, os pais, nais ou titores, terán as opcións que figuran na aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) que son as seguintes:

  1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no Centro.
  2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica.
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no Centro.

As solicitudes presentadas no Centro teñen que vir acompañadas da documentación orixinal e as fotocopias feitas de dita documentación.

As solicitudes poderán ademais presentarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A solicitude é única, e presentarase no centro de primeira opción, pois no caso contrario produciríase unha duplicidade. A presentación da solicitude noutro centro dará lugar á perda de prioridade.

O alumnado que ten garantía de permanencia no centro, no caso de presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, no caso de presentar solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de presentación de solicitudes de admisión.

  • Servizos complementarios que oferta o IES David Buján: Transporte escolar.

Normativa admisión alumnado curso 2021/2022:

Distribuir contido


by Dr. Radut