Skip to Content

Entrega dos diplomas do "Scary Picture Contest" 2022

Neste Samaín 2022, o departamento de Inglés organizou un concurso de fotos arrepiantes, o Scary Picture Contest. Velaquí están as persoas premiadas. Parabéns!

 

CLUB DE LECTURA "AVELAÍÑA"

Na biblio Xa temos en marcha un curso máis o noso club de lectura.  De momento temos sete grupos con opción doutros dous máis.  Hai un pouco de todo: clubs de manga, de novelas xeral, temática e romántica, de ciencia, un grupo de profes e catro xestionados polo propio alumnado.  Tamén teremos un en inglés.  Estades a tenmpo de apuntarvos a calquera deles ou de formar outro.  O caso é ler e divertirse.  Aquí vos deixamos unha presentación para que saibades cales son os primeiros libros que estamos a ler.

Magosto 2022: xogos populares

O 4 de novembro celebramos o noso magosto. Ademais de probar as castañas asadas e de entregar os premios de varios concursos, houbo xogos populares, organizados polo departamento de Educación Física coa colaboración do concello de Cambre e do CEIP Emilio González López.

4º ESO: Iniciación ao surf en Bastiagueiro (outubro de 2022)

En outubro, o alumnado de 4º de ESO viviu a experiencia de iniciarse no surf, unha actividade organizada polo departamento de Educación Física.

2º ESO: Camiño Inglés en Cambre

O departamento de Educación Física organizou en outubro unha saída cos grupos de 2º ESO para percorreren o treito do Camiño Inglés ao seu paso polo concello de Cambre.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022

SORTEO PÚBLICO

MEMBROS XUNTA ELECTORAL

VENRES 4 DE NOVEMBRO

LUGAR: SALÓN DE ACTOS

HORA: 12:00

 

Visita a Santiago alumnado 1ºBAC de Ciencias

O pasado martes 25 de outubro o alumnado de ciencias de 1º de bacharelato visitou Santiago de Compostela para asistir á obra de teatro "Proyecto Meitner: recordando a Lise Meitner" na que se recupera a historia desta científica que foi inxustamente excluída do premio Nobel en 1944 polo descubrimento da fisión nuclear.

Despois desta emocionante obra na que aprendemos sobre ciencia e historia, visitamos o CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares), un dos centros punteiros en investigación de Galicia. Alí, fomos recibidos polo seu director científico, José Luis Mascareñas que nos explicou as principais liñas de investigación que se desenvolven alí. A continuación, fixemos unha breve visita aos laboratorios e ás unidades de espectroscopía onde puidemos ver os procesos básicos necesarios para o desenvolvemento de novas moléculas con aplicacións en Química, Medicina, e deseño de novos materiais.

Esta actividade foi subvencionada polo concello de Cambre.

 

 

Axudas de acreditación lingüística 2022/2023: resolución provisional

Xa saíu a resolución provisional de centros beneficiarios das axudas de acreditación lingüística a centros públicos. Só lle concederon a axuda ao alumnado de 2º de Bacharelato: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/38195

Novos vales de material

A semana pasada aprobouse que as familias que tiñan concedido o vale de material por 50 euros, e só esas, terían un novo vale de 25 euros máis. Poderá pasar a recollelo ao centro a persoa solicitante, debidamente identificada. Se vén outra persoa, precisa unha autorización da/do solicitante. Prégase que se veña o antes posible para gastalo antes do 31 de decembro. 
 

Tradicións do Samaín: os colares de zonchos e a as almas liberadas do Purgatorio

Ritos e tradicións fúnebres

Outra tradición relacionada coa veneración ou a prevención cos mortos é a dos colares de zonchos, isto é, de “castañas cocidas coa pelica” que cunha agulla e un cordel se enfían como se fosen as doas dun rosario. Fanse para llelos poñer aos nenos nos días un e dous de novembro, especialmente no de Defuntos, para, segundo algunhas fontes, protexelos contra os espíritos con este amuleto, ou, segundo outras, porque por cada castaña agasallada e comesta sálvase unha alma. Esta tradición segue manténdose viva en moitos lugares do norte do territorio.

 Zoncho é unha das palabras que a nosa lingua ten  para designar as castañas cocidas.  Outras son mamotas, ou burgazos. Un nome como os múltiples que existen para nomear os distintos tipos de castañas, un dos produtos galegos máis importantes da gastronomía do país durante centos de anos ata que foi sendo substituída pola pataca. Con todo, a castaña segue sendo moi importante na cultura gastronómica e popular de Galicia e está asociada a moitas das nosas tradicións, entre elas, o Samaín, o Magosto ou o Nadal, os colares de zonchos, ..

 O EDLG para continuar con esta tradición ben bonita convoca un concurso de colares de zonchos. Valorarase a orixinalidade, a estética, empregar elementos respectuosos co medio, e a lonxitude do colar.

Atento ás bases que se colgarán na cortiza do EDLG e o día marcado vén co teu colar de zonchos.

Haberá premios para todos.

Xogo do Samaín

Distribuir contido


by Dr. Radut