Skip to Content

Roteiro Carlos Casares

O pasado 29 de maio os clubs de lectura do noso Ies e do Miraflores de Oleiros realizamos un roteiro por Ourense seguindo as pegadas de Carlos Casares, escritor homenaxeado no Día das Letras.

 Roteiro Carlos Casares 2017

Roteiro por Cambre

Este curso a materia de Investigación e Tratamento da Información desenvolveu a súa investigación no pasado da nosa vila centrándose en tres momentos clave da súa historia como son a época castrexa, a época romana e a Idade Media. Para poñer o ramo desta materia, o alumnado de 1º de ESO realizou un roteiro por Cambre visitando os lugares sobre os que estiveran traballando durante o curso: o Castro Maior, o museo arqueolóxico que conserva os restos duns baños romanos e a igrexia de Santa María do século XII.

Roteiro por Cambre 21/6/2017

X aniversario clubs de lectura

O pasado sábado, día 17 de xuño, o IES David Buján participou na celebración do décimo aniversario dos clubs de lectura, unha experiencia festiva que tivo lugar en Santiago.  Nela, o noso alumnado participou en diversos obradoiros de radio, cine, dramatización e regueifa e compartiu experiencias de lectura con xoves doutros centros, como Miraflores, Ferrol Vello ou Cacheiras.  Aquí vos deixamos unhas fotos do evento, así como a ligazón á páxina da Xornada para quen queira máis información

 
 X Aniversario Clubs de lectura

Xornada final do proxecto, O mundo que queremos

Este domingo, os nosos alumnos e alumnas deron un exemplo do seu compromiso co proxecto, O mundo que queremos. Baixo unha pequena carpa, convidaron aos asistentes a reflexionar sobre o tipo de sociedade que desexamos. Pecharon o acto cunha fermosa proclama contra as desigualdades sociais e convocando a todos os cambreses na procura do seu  compromiso solidario. 

Moitas grazas a todos os alumnos e alumnas do IES David Buján pola súa xenerosidade nunha mañá que invitaba máis ao lecer que ao traballo. 

Visita a Pull&Bear -Narón-

16/06/2017: Un grupo de alumnos/as de Economía de 1º bacharelato visitaron a sede de Pull&Bear no Polígono Río do Pozo (Narón).

Pull&Bear 2017

Distribuir contido


by Dr. Radut